23/04/25
11/04/25
BOLETÍN LERIA.
LECTURAS RECOMENDADAS PARA AS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!
Como todos os trimestres, subimos o noso tríptico con lecturas que vos recomendamos para estas vacacións. Lembra que "Se queres aventura, lánzate á lectura!"
03/04/25
MONTE VIDA.
COIDEMOS OS NOSOS BOSQUES!
O pasado xoves 3 de abril un bombeiro e un garda forestal teñen ofrecido unha charla informativa para o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria, sobre a importancia de coidar os nosos bosques, así como dos perigos e consecuencias dos incendios que se producen neles. Canto temos aprendido!
02/04/25
DÍA DO AUTISMO.
UNHA PANCARTA E UNHAS PULSEIRAS "INFINITAS"!
Con motivo da conmemoración do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, o alumnado e o profesorado ten participado na elaboración dunha pancarta decorada coas pegadas de todo o centro e co lema "Somos Infinitos" e igualmente, decoramos pulseiras azuis co mesmo lema. Un ensino de todos/as e para todos/as!
01/04/25
DÍA DAS ARTES GALEGA.
UNHA APOSTA POLA ARTE GALEGA!
Con motivo da celebración do día das Artes Galegas, colaboramos co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, na actividade consistente en imitar cadros de diversos autores galegos. Así, todo o centro en grupos de diferentes idades trataron de copiar en cartolinas diferentes cadros de diferentes artistas galegos. Que ben o pasamos!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)