19/11/25

20 N.

UNHA CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA!

Mañá 20 de Novembro, Día Mundial da Infancia, no CEIPP da Ribeira o queremos celebrar cunha carreira solidaria contra a leucemia infantil @unoentrecienmilÚnete a nós!!

17/11/25

LECTURA E FAMILIAS. MES DA CIENCIA.

COMEZAMOS COS EXPERIMENTOS!

Como parte do programa de Lectura e Familias, a primeira actividade que temos proposto ás nosas familias é a elaboración e exposición de experimentos con motivo do mes da ciencia. Que ben o pasamos e canto aprendemos!

Aquí tendes unha mostra...
- Unha lámpada de lava e un globo que se infla só (3 e 5 anos):

- Un volcán moi activo: 

- Fluído newtoniano, debuxos que flotan e papel máxico (4 anos):

- A mamá de Manuel (4 anos), trouxo á aula a Max, un robot Mbot, o cal ao ver unha cor mostra unha emoción diferente, di o noso nome e percorre diferentes camiños.

- Millo saltarín e carreira de arañas (5 anos): 

- Experimentos con auga e aire (1º Ed. Primaria): Pasar auga dun recipiente a outro máis alto, usar diferentes instrumentos con maior ou menor capacidade para pasar a mesma cantidade de auga e ver que ocorre, aprendimos que o aire tamén ocupa espacio e que o podemos trasladar.

10/11/25

BIBLIOTECA CREATIVA.

BOLIS 3D E MOITO MÁIS!

Seguimos promovendo o programa de Biblioteca Creativa, e en consecuencia, temos posto en marcha a circulación de materiais relacionados con este programa, como os bolígrafos 3D que os nosos alumnos/as levan pendindo desde que comezou o curso. Pero isto só é o principio...

24/10/25

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

TRES, DOUS, UN... COMEZA  A AFUNCIÓN!

Hoxe, 24 de outubro celebramos un día moi especial: o día das Bibliotecas Escolares. E como tal, preparamos unha pequena actuación teatral relacionada co tema do proxecto do centro (A volta ao mundo con Ribefogg), a mans dos mellores actores e actrices do noso colexio e de todo Porriño!
Así, Phileas Fogg, Passepartout, o detective Fix, a Srta. Aouda e outros personaxes trataron de representar dun xeito resumido a novela de “A volta ao mundo en 80 días” de Julio Verne.
Podedes ver o vídeo da actuación clicando aquí!
Esperamos que vos guste!

23/10/25

CLUB DE LECTURA.

ARRINCA O CLUB DE LECTURA DUA!

Primeira Xuntanza do Club DUA de Lectura coa ACEESCA e o CEIPP Antonio Palacios. Nesta ocasión tocounos escoller o libro que imos ler xuntos! A cousa promete...

 

     

     

17/10/25

FORMACIÓN DE USUARIOS/AS.

 O alumnado fórmase para utilizar a biblioteca!

Desde a súa hai varias semanas, o alumnado de todo o colexio ten recibido unha formación inicial para recordar cales son as principais normas de uso da biblioteca, como está organizada, como funciona o sistema de empréstitos...
Velaquí tendes por tanto un resumo en fotos desa formación...

Canto temos aprendido! Grazas Ribedino, profe Arancha e profe Luis!

06/10/25

APERTURA DA BIBLIOTECA.

E CHEGOU O DÍA...

O Ribe-Express está preparado para partir aos diferentes países aos que nos vai levar o proxecto deste ano: "A Volta ao Mundo con RibeFogg". A RibeBiblio abriu a súas portas hoxe luns! Preparade a maleta e o pasaporte porque esta aventura comeza!


02/10/25

APERTURA DA BIBLIOTECA.

 RIBEDINO VISITA AS AULAS!

Un ano máis, a nosa mascota Ribedino visita as aulas de infantil e primaria para anunciar a apertura da Biblioteca Escolar o 6 de outubro nas horas de recreo, préstamos e recunchos de xogos. 

NON VOS ESQUEZADES! Ribedino agarda por vós para vivir miles de aventuras marabillosas.

19/09/25

APERTURA DA BIBLIOTECA.

 XA QUEDA MENOS PARA VERNOS!!!

Como cada inicio de curso, estou facendo os últimos preparativos na biblio para que poidades gozar con todo o que ela ofrece. Estou desexando vervos e por iso quérovos informar de que o próximo 6 DE OUTUBRO ABRIRANSE DE NOVO AS PORTAS da biblio para toda a comunidade educativa! 
AGARDO A VOSA VISITA!
Unha aperta, Ribedino.

08/09/25

RIBEVIAXEIR@S

 COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR!

Comezamos outro curso co proxecto "A volta ao mundo con Ribefogg" e, como cada ano, a biblioteca do cole abrirá proximamente as súas portas. Para informar da súa apertura, RIBEDINO visitará as aulas do centro. Que nervios e que ilusión!

05/09/25

GUÍAS DE USUARI@S.

GUÍAS PARA FACILITAR O COÑECEMENTO DA NOSA BIBLIOTECA

Estreamos dúas guías de usuari@s que vos poden axudar a coñecer mellor a nosa biblio: unha sobre a organización e as normas, e outra sobre a palataforma E-LBE. 

Esperamos que vos sexan moi útiles e gocedes léndoas coma nós facéndoas!

 

01/07/25

REVISTA RUXE RUXE.

 REMATAMOS POR ESTE CURSO...

Como punto e final deste curso académico 2024-2025 deixámosvos a revista Ruxe Ruxe que vimos facendo todos os anos (clica na imaxe). Lembrade tamén as lecturas recomendadas para este verán que temos publicado o 7 de xuño.

BO VERÁN!

12/06/25

LECTURA E FAMILIAS.

COLOCAMOS O NOME AOS RIBEMONSTROS!

Despois de ter o obradoiro con Sabela Gago, o pasado 20 de maio, tiñamos pendente poñerlle nomes aos monstros que o alumnado fixo coas súas familias. Así, despois de telos repartido polas aulas, conseguimos que todos eses monstros xa teñan nome! Témolos expostos todos na parede do corredor da nosa bilbioteca!
A continuacións podedes velos...



07/06/25

BOLETÍN LERIA.

 LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!

Para rematar o curso, e como todos os trimestres, Ribedino quere facer varias recomendacións lectoras ao alumnado para seguir fomentando a lectura no verán. É por iso que aquí tendes o tríptico de libros para evitar aburrirse nos meses de verán...

06/06/25

CERTAME A CIENCIA CERTA.

 Feira De Ciencia en O Porriño!

Un ano máis participamos nesta iniciativa organizada polo Concello de O Porriño e o grupo Zendal, xunto coa Universidade de Vigo. Grazas rapaces por todo o voso traballo!

05/06/25

V CONGRESO EDUCODS.

 Unha maqueta, un hórreo e unha inforgrafía!

Hoxe, que é o Día Mundial do Medio Ambiente, temos participado no V Congreso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, promovido polo CEIP Nº 1 de Tui. Foi o noso terceiro ano participando cun stand: "Un Camiño sen Pegada" onde todos os Obradoiros de Aprendizaxe do centro, contribuíron para crear este proxecto e aprender un pouco máis a importancia da pegada e dos ODS.






28/05/25

BIBLIOTECA CREATIVA.

 Obradoiros de cociña creativa!

Hoxe, mércores 28 de maio, realizáronse diferentes actividades traballando un obradoiro de cociña creativa conseguindo distintos retos: memoria, curiosidade, elaboración e transformación adaptado aos diferentes niveis de infantil e primaria. Estes obradoiros foron levados a cabo por Patricia García, do centro de estudos Trazos Class. Que ben o pasamos!

Aquí tendes unha mostra...

23/05/25

RADIO NA BIBLIO.

A RIBERRADIO SEGUE SEN PARAR!

O alumnado de 4 anos visita a radio para falar de Rosalía de Castro e contar o conto de "A Oruga Glotona".

22/05/25

CLUB DE LECTURA DUA.

A ARRANXAR CORAZÓNS DÍXOSE...!

Hoxe tivemos a V Quedada do Club DUA de Lectura xunto coa ACEESCA e o CEIP Antonio Palacios. Lemos todos xuntos "Taller de Corazones" e fixemos unha actividade sobre como podemos arranxar corazóns!
Aquí tendes unha mostra...

20/05/25

LECTURA E FAMILIAS!

 UN OBRADOIRO MONSTRUOSO!

Onte pola tarde, desenvolveuse unha xornada moi especial coas familias e Sabela Gago. Unha sesión chea de dinámicas de dramatizacións de contos relacionada cos monstros para rematar facendo en grupos, con recortes e diferentes cores o noso propio monstro! 

Grazas Sabela por unha tarde tan divertida e sorprendente!

                  

15/05/25

IV XUNTANZA LITERARIA.

Un encontro anual moi literario!

Por cuarto ano máis reunímonos para ler, cantar e bailar no parque Alba. Unha experiencia moi entrañable á vez que enriquecedora, mentres se goza da lectura e da música.

 Grazas a todos os centros por participar un ano máis coa mesma ilusión e ganas!

Aquí tendes un resumo da xornada!

12/05/25

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.

Celebramos a semana das Letras Galegas!!!

Este ano están dedicadas ás Cantareiras! O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, convidou ao cole á asociación @acfascharaviscas que nos ensinaron un montón de cousas sobre as cantareiras: bailes, instrumentos, cantigas, tradicion... puro folk. Canto aprendemos!

Velaquí un resumo...

08/05/25

RADIO NA BIBLIO.

Falamos de curiosidades de animais!

A radio segue traballando a toda máquina! Neste caso o alumnado de 3º estivo falando de curiosidades sobre os animais. Axiña teremos todos os programas dispoñibles na página do cole para que poidades escoitalos!

07/05/25

XOGOS NA BIBLIO!

Xornada de aprendizaxe coas familias!

O alumnado de 2º de primaria, convertéronse en mestres por un día e ensinaron aos papás e mamás como aprenden. Grazas ás familias por pasar a tarde de onte con nós!