osquelemos
O blog da biblioteca do CEIP Plurilingüe da Ribeira
19/12/25
18/12/25
NADAL.
VISITA E ENTREGA DE PREMIO!
Hoxe 18 de decembro, as axudantes de Papá Noel téñennos visitado á biblioteca do colexio. Ademais, persoal de aeroporto de Vigo entregáronlle un premio á nosa a alumna de 5º de Ed. Primaria Adriana por ter gañado un concurso de debuxo. Parabéns!!!
10/12/25
CLUB DE LECTURA.
NOVA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA!
Hoxe, 10 de decembro, tivemos na ACEESCA o segundo encontro do Club de Lectura DUA intercentros. Así, a xornada foi moi divertida, posto que incluíu un pequeno obradoiro de creación con arxila de ourizos, como o protagonista da colección que estamos lendo: Naturizo. Esperamos xa a seguinte sesión!
05/12/25
3D. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.
EXPERIENCIAS SENSORIAIS E DEPORTES ADAPTADOS.
Con motivo do 3 de decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidade, tratamos de fomentar o feito de poñerse na pel do outro. Pero o obxectivo dunha xornada como esta, non é experimentalo, vivilo ou ter un día diferente, senón levar o debate ás aulas, ser capaces de identificar barreiras, buscar solucións, ser parte desa solución, traballar xuntos, cooperar, valorar e valorarnos.
Así, desde o colexio organizouse unha xornada para que o alumnado por ciclos realizase experiencias sensoriais e experimentase a posibilidade de practicar deportes adaptados. Canto temos aprendido e experimentado!
Aquí tendes unha mostra...
28/11/25
PLAN DIRECTOR.
XORNADA DE FORMACIÓN CONTRA A VIIOLENCIA E O ACOSO FÍSICO E VIRTUAL!
O 27 e 28 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, a Garda Civil ten vido ao centro para ofrecer unhas xornadas de charlas informativas para axudar a previso o acoso, o ciberacoso, a caída en adiccións, a violencia doméstica... Foron dúas mañás moi intrutivas e interesantes!Aquí tendes unha mostra...
25/11/25
25 N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Un vídeo e un mural do bo trato!
Polo 25 N, vimos un vídeo sobre Malala que elaboramos a partir dun libro sobre ela e con voz gravada de nenos/as do centro. Ademais, colaboramos co EDLG para conmemorar este día traballando durante todo o curso na creación dun Muro do Bo Trato!
20/11/25
20 N. DÍA MUNDIAL DA INFANCIA.
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA!
Que ben o pasamos e canto disfrutamos coa nosa carreira solidaria!
19/11/25
20 N.
UNHA CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA!
Mañá 20 de Novembro, Día Mundial da Infancia, no CEIPP da Ribeira o queremos celebrar cunha carreira solidaria contra a leucemia infantil @unoentrecienmil. Únete a nós!!
17/11/25
LECTURA E FAMILIAS. MES DA CIENCIA.
COMEZAMOS COS EXPERIMENTOS!
Como parte do programa de Lectura e Familias, a primeira actividade que temos proposto ás nosas familias é a elaboración e exposición de experimentos con motivo do mes da ciencia. Que ben o pasamos e canto aprendemos!
Aquí tendes unha mostra...
- Unha lámpada de lava e un globo que se infla só (3 e 5 anos):
- Un volcán moi activo:
- Fluído newtoniano, debuxos que flotan e papel máxico (4 anos):
- A mamá de Manuel (4 anos), trouxo á aula a Max, un robot Mbot, o cal ao ver unha cor mostra unha emoción diferente, di o noso nome e percorre diferentes camiños.
- Millo saltarín e carreira de arañas (5 anos):
- Experimentos con auga e aire (1º Ed. Primaria): Pasar auga dun recipiente a outro máis alto, usar diferentes instrumentos con maior ou menor capacidade para pasar a mesma cantidade de auga e ver que ocorre, aprendimos que o aire tamén ocupa espacio e que o podemos trasladar.
- Experimentos: electricidade estática, lámpada de lava, volcán, luz máxica con cúrcuma e escritura invisible (5 anos e 3º de Ed. Primaria):
- Unha bomba presión de auga, Lei de Boyle e un ventilador (1º e 2º Ed. Primaria):
- Oobleck (como un líquido se volve sólido ao aplicar unha forza) e dispersión de partículas de sucidade (usamos pementa) cando se aplica xabón (5 anos e 2º de Ed. Primaria).
10/11/25
BIBLIOTECA CREATIVA.
BOLIS 3D E MOITO MÁIS!
Seguimos promovendo o programa de Biblioteca Creativa, e en consecuencia, temos posto en marcha a circulación de materiais relacionados con este programa, como os bolígrafos 3D que os nosos alumnos/as levan pendindo desde que comezou o curso. Pero isto só é o principio...
24/10/25
DÍA DAS BIBLIOTECAS.
TRES, DOUS, UN... COMEZA A AFUNCIÓN!
Hoxe, 24 de outubro celebramos un
día moi especial: o día das Bibliotecas Escolares. E como tal, preparamos unha pequena
actuación teatral relacionada co tema do proxecto do centro (A volta ao mundo
con Ribefogg), a mans dos mellores actores e actrices do noso colexio e de todo
Porriño!
Así, Phileas Fogg, Passepartout, o detective Fix, a Srta. Aouda e outros
personaxes trataron de representar dun xeito resumido a novela de “A volta ao mundo
en 80 días” de Julio Verne.
Podedes ver o vídeo da actuación clicando aquí!
Esperamos que vos guste!
23/10/25
CLUB DE LECTURA.
ARRINCA O CLUB DE LECTURA DUA!
Primeira Xuntanza do Club DUA de Lectura coa ACEESCA e o CEIPP Antonio Palacios. Nesta ocasión tocounos escoller o libro que imos ler xuntos! A cousa promete...
17/10/25
FORMACIÓN DE USUARIOS/AS.
O alumnado fórmase para utilizar a biblioteca!
Desde a súa hai varias semanas, o alumnado de todo o colexio ten recibido unha formación inicial para recordar cales son as principais normas de uso da biblioteca, como está organizada, como funciona o sistema de empréstitos...
Velaquí tendes por tanto un resumo en fotos desa formación...


Canto temos aprendido! Grazas Ribedino, profe Arancha e profe Luis!
06/10/25
APERTURA DA BIBLIOTECA.
E CHEGOU O DÍA...
O Ribe-Express está preparado para partir aos diferentes países aos que nos vai levar o proxecto deste ano: "A Volta ao Mundo con RibeFogg". A RibeBiblio abriu a súas portas hoxe luns! Preparade a maleta e o pasaporte porque esta aventura comeza!
02/10/25
APERTURA DA BIBLIOTECA.
RIBEDINO VISITA AS AULAS!
Un ano máis, a nosa mascota Ribedino visita as aulas de infantil e primaria para anunciar a apertura da Biblioteca Escolar o 6 de outubro nas horas de recreo, préstamos e recunchos de xogos.
NON VOS ESQUEZADES! Ribedino agarda por vós para vivir miles de aventuras marabillosas.
19/09/25
APERTURA DA BIBLIOTECA.
XA QUEDA MENOS PARA VERNOS!!!
Como cada inicio de curso, estou facendo os últimos preparativos na biblio para que poidades gozar con todo o que ela ofrece. Estou desexando vervos e por iso quérovos informar de que o próximo 6 DE OUTUBRO ABRIRANSE DE NOVO AS PORTAS da biblio para toda a comunidade educativa!
AGARDO A VOSA VISITA!
Unha aperta, Ribedino.
08/09/25
RIBEVIAXEIR@S
COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR!
Comezamos outro curso co proxecto "A volta ao mundo con Ribefogg" e, como cada ano, a biblioteca do cole abrirá proximamente as súas portas. Para informar da súa apertura, RIBEDINO visitará as aulas do centro. Que nervios e que ilusión!
05/09/25
GUÍAS DE USUARI@S.
GUÍAS PARA FACILITAR O COÑECEMENTO DA NOSA BIBLIOTECA
Estreamos dúas guías de usuari@s que vos poden axudar a coñecer mellor a nosa biblio: unha sobre a organización e as normas, e outra sobre a palataforma E-LBE.
Esperamos que vos sexan moi útiles e gocedes léndoas coma nós facéndoas!
01/07/25
REVISTA RUXE RUXE.
REMATAMOS POR ESTE CURSO...
Como punto e final deste curso académico 2024-2025 deixámosvos a revista Ruxe Ruxe que vimos facendo todos os anos (clica na imaxe). Lembrade tamén as lecturas recomendadas para este verán que temos publicado o 7 de xuño.
BO VERÁN!
12/06/25
LECTURA E FAMILIAS.
COLOCAMOS O NOME AOS RIBEMONSTROS!
Despois de ter o obradoiro con Sabela Gago, o pasado 20 de maio, tiñamos pendente poñerlle nomes aos monstros que o alumnado fixo coas súas familias. Así, despois de telos repartido polas aulas, conseguimos que todos eses monstros xa teñan nome! Témolos expostos todos na parede do corredor da nosa bilbioteca!A continuacións podedes velos...
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)






.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
