15/06/15

Lecturas para o verán (I): 1º ciclo da ESO

Xa podes levar prestados todos estes libros para o verán!

1º ciclo da ESO:







FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. O segredo da Illa Negra. Xerais, 2015.
Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.

CANOSA, María. Rubicundo. Xerais, 2015. Finalista Premio Merlín 2014
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos

DAHL, Roald. Voando só. Sushi books, 2015.
A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell. A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante.
Le as primeiras páxinas aquí e a páxina 99 aquí.

ESMORÍS, Érica. Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California. Sushi books, 2015.

Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo... e no tempo. Acompáñasnos?

GARCÍA-ROJO, Patricia. El mar. SM, 2015. Premio Gran Angular 2015.
Unha aventura de cazadores de tesouros nunha cidade submerxida baixo o mar que demostra que o mundo non é o que parece e que fai falta moi pouco para ser feliz.
Rob sobreviviu a un tsunami e agora vive nun tellado, caza tesourosno seu barco de cortiza branca e está toliño por Lana. Nunha das súas excursións en busca de novos tesouros mariños, atopa unha pedra máxica que lle permite transformarse en calquera persoa que desexe. Este descubrimento pon a súa vida bocarriba.

GALLEGO, Laura. Todas las hadas del reino. Montena, 2015.

Un conto de fadas contado pola fada madriña, pero moi distinto dos de sempre. Unha novela de maxia, aventuras e intriga que te sorprenderá xusto cando penses que sabes o que vai pasar.
Opinións dos lectores:




NIVEN, Jennifer. Violet y Finch. Planeta, 2015.
Se che gustou Bajo la misma estrella, a historia de amor de Violet y Finch chegarache ao corazón.
Violet está rota. Finch está roto. ¿Poden dúas metades rotas reconstruirse? Esta é a historia dunha rapaza que aprende a vivir dun rapaz que pretende morrer; de dous mozos que se atopan e deixan de contar os días para empezar a vivilos.
Reseña do libro.  


12/06/15

Voando só - Páx. 99

DAHL, Roald. Voando só. Cangas do Morrazo: Sushi Books, 2015. ISBN 978-84-15920-54-0.

Contracuberta:
A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.

A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante.


"O Gladiator estaba armado con dúas metralladoras fixas que disparaba as súas balas a través da hélice en movemento. Para min, aquel era o mellor truco de maxia que vira na miña vida. Non daba comprendido como dúas metralladoras que disparaba miles de balas por minuto podían sincronizarse para que os proxectís pasasen por entre unha hélice que xiraba a miles de revolucións por minuto sen golpear as súas aspas. Dixéronme que tiña algo que ver cun tubiño de aceite e que o eixe da hélice conectaba coas metralladoras é enviar uns impulsos a través del, pero non sei dicir máis nada.
En Ismailía, un tenente de voo bastante altivo sinalou un Gladiator estacionado na pista e díxome:
—Ese é o meu. Mañá levarao ata a súa escuadrilla.
—Quen me vai ensinar a pilotalo? —pregunteille, tremelicando.
—Non sexa estúpido —respondeu—. Como lle vai ensinar ninguén se só dispón dunha cabina? Non ten máis que subir nel, faga un par de circuítos e probas de impacto e deseguida lle collerá o xeito. Será mellor que practique todo o que poida, porque, antes de que se decate, xa andará a xogar polo aire con algún mañoso italianiño que intentará derrubalo.
Recordo que naquel momento pensei que seguramente aquela non era a forma apropiada de facer as cousas. Investiran oito meses e unha gran cantidade de cartos a adestrarme para voar e, de socato, acabábase todo. En Ismailía ninguén ía ensinarme nada sobre os combates aéreos e certamente non ían perder o tempo en instruírme cando me incorporase a unha escuadrilla operativa xa activa. Non hai dúbida de que nos lanzaron ó baleiro sen a preparación axeitada para o combate aéreo e, na miña opinión, esa foi a causa das enormes perdas de pilotos novos que sufrimos alí. Eu mesmo salveime polos pelos".

Podes ler as primeiras páxinas nesta ligazón.

10/06/15

Sira e o robot. Adventures on Titan


Un dos libros que recomendamos para este verán é en realidade un libro-disco multilingüe (sobre todo, galego-inglés): Sira e o robot, de Mark Wiersma e Miguel Mosquera.
O libro conta as aventuras de Sira, unha rapaza galega, nunha especie de Eurovisión intergaláctica. Este é o resumo que trae a contraportada do libro:

Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre, ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.Ao estilo dos musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio. Unha historia para ler e escoitar.

E velaiquí a reseña que fan no blog de Rede Lectura:


Sira e o robot. Adventures on Titan é un libro disco de Mark Wiersma e Miguel Mosquera 

As ilustracións de Iván Sende resultan moi adecuadas, especialmente as máis panorámicas como a do colexio e destaca pola súa orixinalidade como a da nave espacial en forma de hórreo que nos lembra aquela serie de nome Anamarciana de Alberto Varela, na que no firmamento, entre os planetas aparecían as vacas. 

Para ler e escoitar, para cantar acompañando as voces a modo de galeoke

Diferentes ritmos musicais: hip hop, rap, lied... 

Plurilingüísmo: galego, castelán, inglés, francés, portugués, chinés, alemán

A modo de teatro radiofónico, as voces do narrador e a narradora así como a de cada un dos personaxes, condúcennos a unha visión imaxinativa.

Referencias a Luar, a catedral de San Google, Leo Arremecaghona ou a clase de twitter sitúannos na máis salvaxe actualidade. E os valores a pé de obra, eses valores realmente plurais que non agachan imperios encubertos. Grazas pola frescura!

05/06/15

Un millón de gotas - Páx. 99

DEL ÁRBOL, Víctor. Un millón de gotas. Barcelona: Ed. Destino, 2014. ISBN 9788423348138.

Contracuberta:

 Gonzalo Gil es un abogado metido en una vida que le resulta ajena, en una carrera malograda que trata de esquivar la constante manipulación de su omnipresente suegro, un personaje todopoderoso de sombra muy alargada. Pero algo va a sacudir esa monotonía.Tras años sin saber de ella, Gonzalo recibe la noticia de que su hermana Laura se ha suicidado en dramáticas circunstancias. Su muerte obliga a Gonzalo a tensar hasta límites insospechados el frágil hilo que sostiene el equilibrio de su vida como padre y esposo. Al involucrarse decididamente en la investigación de los pasos que han llevado a su hermana al suicidio, descubrirá que Laura es la sospechosa de haber torturado y asesinado a un mafioso ruso que tiempo atrás secuestró y mató a su hijo pequeño. Pero lo que parece una venganza es solo el principio de un tortuoso camino que va a arrastrar a Gonzalo a espacios inéditos de su propio pasado y del de su familia que tal vez hubiera preferido no afrontar. Tendrá que adentrarse de lleno en la fascinante historia de su padre, Elías Gil, el gran héroe de la resistencia contra el fascismo, el joven ingeniero asturiano que viajó a la URSS comprometido con los ideales de la revolución, que fue delatado, detenido y confinado en la pavorosa isla de Nazino, y que se convirtió en personaje clave, admirado y temido, de los años más oscuros de nuestro país.Una gran historia de ideales traicionados, de vidas zarandeadas por un destino implacable, una visceral y profunda historia de amor perdurable y de venganza postergada; un intenso thriller literario que recorre sin dar respiro la historia europea.

"—¿Cómo dices?
—A Laura. Las atrapaba al vuelo y las apuntaba en una pequeña libreta de canutillos que solía llevar en el bolso. Luego las repetía una y otra vez, como si las masticase o quisiera domarlas.
—¿Qué clase de palabras?
—Palabras salvajes. Buscaba el significado en el diccionario y lo subrayaba con un rotulador fluorescente. Si al cabo de un tiempo volvía al vocablo y descubría que ya lo había buscado antes, se enfadaba como una cría.
—No lo sabía —dijo Lola tocándole levemente la cabeza, como si ya hubiese hecho lo que podía para consolarle. Gonzalo parpadeó como si hubiese descubierto en ese instante algo insoportable. Durante unos segundos tanteó el rostro de su mujer con la mirada.
—En realidad, yo tampoco sabía ya gran cosa de ella. Diez años de distancia son muchos años.
—No fue culpa tuya. Fue ella la que decidió alejarse.
Gonzalo asintió mecánicamente, sin llegar a la evidencia de aquella certeza. Contempló el perfil de Lola, como si quisiera cerciorarse de que los ojos no le mentían. La luz de la lamparita se reflejaba en su rosto y lo convertía en una impresión difusa, como esos perfiles que se adivinan tras una ventana los días de lluvia.
Lola se alisó el pelo y se estiró la carne de las mejillas.
—Creo que necesito un café.
Preparó el desayuno en silencio; hacía años que no se molestaba en calentarle a Gonzalo el café o en exprimir un par de naranjas con una cucharada de azúcar. Gonzalo la dejaba hacer, observando con la mente en blanco cómo iba de un lado a otro de la cocina. Su esposa vino a sentarse a su lado con una taza humeante y vivificadora.
—¿Has hablado últimamente con Javier?
—Al menos lo he intentado —concedió Gonzalo, que miraba a su esposa esperando que terminara la frase".

Le aquí unha crítica do libro.


04/06/15

Entrevista con Elena Gallego Abad

Biosbardia. O país dos libros en galego é unha revista electrónica con contidos moi interesantes sobre literatura e que vos recomendamos.
Reproducimos a continuación a entrevista de César Lorenzo Gil a Elena Gallego Abad que eles publican:


Elena Gallego Abad: “A historia de ‘Dragal’ dá para tres triloxías”

Elena Gallego xunto á árbore que dá libros da serie ‘Dragal’ nas súas diversas edicións.

César Lorenzo Gil.


Unha historia de dragóns, escrita case como un reto familiar, cambioulle a vida a Elena Gallego Abad (Teruel, 1969). Dragal, a serie de narrativa xuvenil fantástica que edita Xerais chega agora ao seu cuarto volume: A estirpe do dragón. Falamos coa autora sobre este fenómeno que xa vendeu máis de dez mil exemplares e que está a piques de converterse en película e en cómic interactivo en liña.


Empecemos polo primeiro capítulo da historia. Cando ideou Dragal xa contaba con que fose unha serie?
Non. Teño contado moitas veces como empezou todo. Hai seis ou sete anos eu era a nai dun adolescente de quince anos, Adrián, que tiña o cuarto empapelado con imaxes de dragóns, que pasaba o día enteiro a ler historias de fantasía con dragóns polo medio, historias de mundos paralelos e portas cara a dimensións descoñecidas. Falando co meu fillo, fun consciente de que ignoraba moitas cousas das propias tradicións galegas e logo de discutirmos sobre as posibilidades da cultura nosa para crear un universo fantástico apegado ao terreo e verosímil, púxenme a escribir unha historia. Ía ser simplemente un conto para demostrarlle que se podía facer unha boa aventura con dragóns pero a medida que ía escribindo, a cousa foi medrando e converteuse nun libro. Adrián leuno e gustoulle, así que un día, case por casualidade, lin as bases do Premio Caixa Galicia (hoxe Jules Verne) de literatura xuvenil que convocaba Xerais e dixen para min: “o non xa o tes, é só gastares un pouco en fotocopias e correos”. Nese momento todo cambiou. Aínda que o libro non gañou o premio, o xurado fixo unha mención especial, unha recomendación para que a editorial publicase o libro.

Recordo que aquel ano en San Simón falábase tanto do seu libro coma da gran gañadora da tarde, Rosa Aneiros, que levou xuntos o devandito Caixa Galicia e mais o Xerais de novela. Que pasou despois?
Na primeira reunión que tiven con Manuel Bragado, director de Xerais, xa me amosou o gran problema do libro: “Dragal non termina; continúa”. Eu respondinlle que así era pero que non sabía se a cousa unicamente daría para engadirlle corenta páxinas máis, que quizais o plan era escribir unha triloxía. Ía un tanto de farol, pensei na triloxía porque é moi común que se fagan series así na fantasía pero até ese momento non fora tan ambiciosa. “Vale. Pois ponte a escribila”, contestoume Bragado. E así aquela historia para Adrián acabou tomando o rumbo dun proxecto moito máis grande.

O instinto de Xerais era atinado. O primeiro libro triunfou.
Xa vai pola oitava edición. Coido que foi fundamental a recepción nos centros de ensino. Lembro especialmente as palabras dun profesor que falou comigo sorprendido de que un alumno seu que nunca lera nada, de socato estaba o día enteiro cun libro na man; incluso nas clases lía ao escuso. Cando averiguou que libro estaba a ler, interesouse e encontrou en Dragal calidades suficientes para recomendalo, para aproveitalo nas súas clases. A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores; cando ía a algún centro dar unha charla encontrábame as paredes decoradas con motivos do libro. A rapazada non paraba de preguntar como continuaba a historia.
A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores.
E así chegaron a segunda e a terceira entregas. E o fenómeno deixou de ser unicamente galego. O libro xa ten edición catalá, inglesa e española. Como foi o proceso de expansión?
Primeiro, naceu dun complexo propio. Recordo chegar a Madrid, a unha desas librarías de enorme superficie e decatarme de que había un cento de libros sobre dragóns e que o meu non estaba. Decateime de que tiña que esforzarme por conseguir estar nun nivel diferente e púxenme á tarefa.

Ten vostede axente literario?
Non teño. Eu convertinme na miña propia axente literaria. Contactei con editores de fóra e ofrecinlles a historia. Nalgúns casos tiven que insistir moito, ofrecerme ao cento por cento, convencelos de que é unha historia universal, que ten interese para públicos moi variados. Os editores que lle deron unha oportunidade quedaron moi satisfeitos. A miña editorial en catalán, Pagès Editors, cando decidiu crear unha nova colección de libros xuvenís co gallo do seu 25º aniversario, inaugurou a nova serie co Dragal. Aínda recordo o día que fun á Casa do Libro en Barcelona e vin o meu libro ao lado dun dos de Harry Potter. Foi unha sensación moi especial.

A receita, daquela, para os escritores galegos, é a perseveranza no traballo “comercial”?
No meu caso foi así. Non podes unicamente pensar en escribir boas historias, tes que pensar que a túa obra é coma un fillo, que precisa coidados, atención, que te preocupes por ela, que fagas todo o posible polo seu benestar. Eu sempre considerei fundamental atender os lectores nas redes sociais, visitalos nos centros de ensino, facer presentacións, que me consideren unha persoa accesible coa que comunicarse… E por outro lado, sempre estou intentando abrir mercado. A serie de Dragal está en Alemaña, en Italia, no Xapón, no Brasil e en Portugal. Confío que co tempo se publique neses países e incluso noutros. Ás veces paso as mañás enteiras ao teléfono con editores.

Hai escritores que se queixan de que hoxe en día sexan eles os encargados deses labores, que os distraen de escribir.
Pensei moitas veces en compartir a responsabilidade de “coidar” do Dragal pero sempre penso: a cantos escritores representa un axente? A cincuenta? Quen me di que lle vai dedicar todo o tempo que necesita? Xa recibín varias ofertas pero non quero asinar un talón en branco. Prefiro manter o control sobre o proxecto ao cento por cento. Considero ese labor de promoción intrínseco ao de creación. Cando planifico os ritmos de escritura xa conto co tempo que lle teño que restar. Pero sendo realistas, un escritor fai moito máis que escribir: ten que ler, ten que ler para documentarse, ten que pensar en como resolver determinados nós da historia, ten que formarse en teoría narrativa para contar con ferramentas que a axuden cando se complica manter o fío…

Polo que me di, non parece vostede unha escritora metódica, das que sentan oito horas seguidas a darlle á tecla.
Nalgúns momentos concretos si que o fixen. Fixeime obxectivos de páxinas por xornada e cumprinos pero polo xeral coido que son algo máis anárquica. E penso que esa forma de ser e de facer é a que me fai atractivo o traballo de escribir.

Seguro que ten reflexionado sobre cal é a “fórmula” do éxito de Dragal.
Coido que pode haber varias razóns pero a miña análise non é previa; non nace dun deseño. Cando me poño a escribir só teño dúas cousas en mente: que nunha saga, é imprescindible que cada novo título sexa mellor ca o anterior e que a miña fidelidade é co lector; un lector que non se deixa enganar, que sabe moi ben o que quere, que é esixente, que bufará de rabia se o texto non está á altura das súas expectativas.
Fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos.
Íame dar o resultado desa análise a posteriori.
Si. Digo que visto o resultado, Dragal é unha serie que empata moi ben con persoas que len pouco, en moitos casos rapaces que nunca leran nada anteriormente e que encontran nestes libros os alicientes necesarios para engancharse. Cada libro facilita esa “dependencia”, primeiro polas técnicas que emprega: capítulos breves que sempre rematan en alto, que “esixen” continuar a lectura. Segundo, pola mestura de xéneros. Eu fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos. Recoñezo que tirei cousas d’Os Cinco, de Enid Blyton, de Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne… Hai aventura, hai amor, hai relato fantástico e novela histórica… E terceiro, porque a narración é realista.

Non me dirá que os dragóns existen na realidade.
É moi curioso que estean presentes en todas as culturas… Pero non é iso o que quero dicir. Refírome a que son textos moi documentados, rigorosos coas fontes. Todo o que se conta aparece nos textos tradicionais da cultura galega. Todos son feitos que se poden pescudar ben por lugares físicos ben por fontes históricas. A base de todo o proxecto naceu do Códice Calixtino. A lenda, a historia do Dragal forma parte da historia xacobea, a creación galega máis universal. Pero non só iso: as partes científicas están explicadas con verosimilitude. É ficción pero o lector non se encontra con disparates. Decátase de que todo flúe sen estridencias.

E Dragal xa non só é unha colección de libros. Prepárase unha película sobre a serie. Cónteme.
O proxecto audiovisual naceu dun encontro casual. Coñecín o produtor Xulio Casal, de Ficción Producciones, quen estaba a buscar unha historia pensada para o público xuvenil xa que tiñan cubertos os ámbitos para adultos e para cativos. Falando falando interesouse moito por facer algo co universo Dragal. Xurdiu primeiro un proxecto audiovisual educativo no que participan varios centos de alumnos e logo a idea da película. Tamén se está a preparar un proxecto de cómic interactivo, que explota as posibilidades do formato en liña, con videoxogos integrados… O salto ao audiovisual foi moi importante para Dragal IV.

E iso?
Casal falaba comigo a cada pouco, pedíame ideas ou explicacións. Chegou un momento no que lle dixen: “Mira, se teño que pórme a escribir case que escribo outro libro da serie”. E así foi.

Antes contábame que a historia ao primeiro ía para triloxía. Xa lle ten límite?
A historia de Dragal dá para tres triloxías. A medida que investigo, que abro a mente, doume de conta do moito que queda por contar. É un proxecto tan amplo coma queiramos que non dou por rematado. Como dixen antes, o único límite que me poño é que cada libro que se publica de novo sexa mellor ca o anterior.

Non teme acabar cansa dos dragóns?
Iso poderíame pasar se esta fose unha historia unicamente de dragóns. Non. Esta é unha historia de Galicia. É tan variado e diferente, esíxeme tantas cousas libro a libro que estou ben lonxe de cansar. Por exemplo, en Dragal IV tiven que aprender a sintetizar. En cada libro aprendo cousas novas; é unha das cousas máis interesantes.

De canto lle valeu esa aprendizaxe na narrativa para mozos cando publicou Sete caveiras (Xerais), unha novela negra para adultos?
De moito. Tanto no proceso de escrita coma no de promoción. Sete caveiras foi un libro que me fervía e escribino moi rápido. Funcionou moi ben. Xa vai pola terceira edición e estou en negociacións cunha editorial para lanzar unha versión en francés. Serviu ademais para rachar certos preconceptos sobre Dragal. Como é unha serie pensada para o público mozo, moitos lectores adultos tiñan reparos en achegarse. Logo de leren a miña outra novela foilles máis fácil.

Vistos os resultados, seguro que haberá máis libros para adultos.
Seguramente. De feito, xa teño unha novela rematada. Publicarase proximamente.

Vostede, no momento de publicar o primeiro volume de Dragal, traballaba como xornalista. Agora dedícase a tempo completo á escrita de ficción?
Non teño tempo nin disposición para traballar para algún medio de comunicación. En poucas semanas saio para Catalunya para facer promoción. É posible que estea na Feira do Libro de Madrid, quizais noutros eventos literarios no estranxeiro… Quixen arriscalo todo nesta aventura. Se as cousas se torcen, sempre podo voltar ao xornalismo.

É moi difícil falar cunha escritora que vive do que escribe en Galicia.
Eu aíndo non estou nesa categoría. Estou sementando para conseguilo.

Non lle dan as contas?
Aínda non. Se sumo os gastos de promoción, desprazamentos, contactos… non compensan as vendas. Pero coido que este é o único camiño para lograr poder vivir da literatura. Quen dos que se dedicaron ao xornalismo algunha vez pero que tiñan inquedanzas literarias non soñou nunca poder vivir de escribir? Eu tamén o soñaba e aínda que me parecía moi difícil, nunca estiven máis perto. Teño que seguir camiñando para facelo posible.

Que leu recentemente que lle gustaría recomendar?
As dúas novelas de Pedro Feixoo: Os fillos do mar e A memoria da choiva (ambos publicados por Xerais). É un dos grandes narradores do noso tempo.

 

02/06/15

Lucía Aldao: Poemaa

Poemaa

Foi por non decatarme a tempo de que quería que o meu poema
soubese a churrasco,
que houbo que agardar ó final da tardiña
para confirmar tema e intencións.

O verán e os versos
pídoos todos sempre con moita carne.

O día enteiro sen deixarnos,
e con torpeza e indignada
deixei que a aldea toda se me fose metendo nos pulmóns.

Eu con fame non sei escribir,
pero ocórrenseme moitos versos...

E foi comezar a ver en rigoroso directo os primeiros pasos da cea
para que o fume rico ese
chegara a estas páxinas bastante antes ca min.
Que detallazo.
Que agradecido o vicio este
que me permite facer saliba e facer poemas
mentres se van facendo as brasas.
                            ..................
Eu mordo o bolígrafo en plan metáfora de fame
e achegándome á mesa, miña musa,
comprobo como a ensalada de tomate lle ha de facer tanto ben
ó meu poema coma ó churrasco.

Saboreo cada anaco deste verán que non comeza.

Son quen de comer en proporción ó que te boto de menos.

                        Poema nacido dunha costela (de porco).

ALDAO, Lucía. "Poem(aaaaa)s". Galicia Hoxe. Revista das Letras: 734, 1-8

01/06/15

Le petit chef: animacións proxectadas

Le petit chef é unha animación que se proxecta sobre as mesas dun restaurante. O resultado é espectacular e fai que esperar pola comida sexa un pracer. Os creadores da proxección fan outros tipos de proxeccións adaptadas á clientela. Xa sabedes: cando teñades algunha comida importante, podedes contratar os seus servizos!


Le Petit Chef from Skullmapping on Vimeo.

29/05/15

Xenaro e a negra sombra - Páx. 99

GUERRA, Mar. Xenaro e a negra sombra. Vigo: Xerais, 2015. ISBN 978-84-9914-820-5.

Contracuberta:
Esta é outra historia de Xenaro. Xenaro cun xe de xeo, xeado e xearento, é un e enfadado... Abúrrese de vacacións e bota de menos os seus amigos e ata as menos amigas, como as Barbis e Sefi. Quen lle dera volver ao Porroutó! Que semana a que pasaron de viaxe de fin dos estudos primarios! Como esquecer o Encarrapuchado e os seus lobos! Era un home? Un espectro? Estes e outros misterios son os que o grupo de amigos do Universal terán que resolver durante a estadía no albergue do Porroutó, antes de que o remate da Primaria os leve a institutos distintos. Ah! E volve o Fernández-Xildas o Neno Ton!

"—Os Hummer ou Hummys, que é como se lles coñece, son SUV con uve, Tina. S-port U-tility V-ehicle, todoterreos. O seu nome non vén da palabra martelo en inglés, pero non ten que ver coa forma do vehículo, senón co modelo. Chámanse así. E ad hoc, Efers, éche unha expresión, meu. Non un tipo novo de SUV.
—Quere dicir «xusto para iso» ou «a propósito» —tiven que intervir. Proíame a lingua.
A Pérez Antelo enfadouse. Botou os fociños para diante como unha cuarta e media. Tampouco non era para se anoxar. Á parte do Efes e mais o Ton, ningún dos outros, rapaz ou rapaza, sabiamos o conto dos monovolumes.
—Xa o pillo. Queredes dicir que non hai maneira de trasladar lonxe de aquí os lobos porque non temos como, agás subidos nos cabalos e mais nas bicis do Porroutó —resumiu o Efes.
—Ei, temos que marchar decontado —o xerro de auga fría viña da man de Uve, a única que mirara o reloxo en todo aquel tempo—. Señor Enene, sabe cando teñen previsto os gandeiros montar a batida?
—Un día destes. De seren certos os rumores, esta fin de semana. Ai! Como abranda a dolor as pedras frías, anque abrandar non poida almas de ferro e peitos homicidas...!
—Como? —Violeta dubidou, desconcertada diante da reflexión do Carapucho—. Isto..., ben, estamos a xoves —repúxose—. Temos un día para argallar como sacalos de aquí, corenta e oito horas como moito... A non ser que vostede xa cavilase o que facer. Algunha idea, Enene?".


28/05/15

Unha ducia + de momentos de Eurovisión

Co gallo da celebración do Festival de Eurovisión o pasado sábado, Modesto del Río publicou un artigo en Praza.com sobre unha ducia de momentos eurovisivos con algunhas das mellores cancións, anécdotas, personaxes e estrelas que o festival amosou nos seus máis de cincuenta anos de historia. Cada "momento" inclúe un vídeo. Podedes velo todo nesta ligazón.

Para completar a entrada, deixámosvos o vídeo da actuación gañadora, cuns espectaculares efectos visuais e de animación:


26/05/15

Falece John Nash, unha mente marabillosa

Artigo publicado en El País:

Una muerte nada predecible para el gran matemático John Nash, experto en teoría de juegos y en ecuaciones diferenciales parciales. El hombre que se aferró a su inteligencia
para pelear con la terrible enfermedad que padecía, la esquizofrenia, falleció el sábado por la noche a los 86 años en un accidente de tráfico en Nueva Jersey (Estados Unidos). Viajaba en un taxi junto a su mujer, Alicia López Harrison de Lardé, de 82 años, que también murió en el siniestro.

El coche en que se desplazaban Nash y su mujer se estrelló cuando intentaba adelantar a un vehículo, según ha informado la policía a medios locales. De acuerdo con esa versión, la pareja no llevaba el cinturón de seguridad, por lo que salió despedida del vehículo tras el impacto.

John Forbes Nash, premiado con el Nobel de Economía en 1994, acababa de recibir, el pasado marzo, el Premio Abel de la Academia Noruega de Ciencias y Letras, con tanto prestigio como si fuera un Nobel de matemáticas. Sus aportaciones sobre ecuaciones no lineales en derivadas parciales han tenido enorme repercusión en diversos ámbitos científicos, desde la química y la física cuántica, a la biología de sistemas o las finanzas. "Nash ha sido trabajador solitario y en temas muy variados, aunque siempre con gran impacto", recordaba en un artículo en EL PAÍS el matemático David Ríos.

Poco antes de cumplir los 30 años, en uno de sus momentos más creativos, le fue diagnosticada la esquizofrenia contra la que luchó hasta el día de su muerte, incluso promoviendo actividades benéficas, junto a su mujer, para dar a conocer la realidad de esta enfermedad.

La periodista y profesora de la Universidad de Columbia Sylvia Nasar, experta en divulgación científica, publicó el libro sobre su vida John Nash (Una mente prodigiosa), que se llevó al cine en 2001, en una cinta de gran éxito protagonizada por Russell Crowe.

25/05/15

Ler de corrido e ler a saltos

“Es importante reservar un tiempo cada día para leer 
desconectados de Internet"

Artigo de Ana Carbajosa publicado en El País:

¿Recuerdas cuando leíamos de corrido?

"Un martes cualquiera, a las ocho y media de la mañana, el andén del metro de Madrid es una colección de hombres y mujeres con la nuca doblada. Miran las pantallas de sus móviles y leen al ritmo que marcan las yemas de sus dedos que suben y bajan. Esta imagen se repite por las calles de España, en las salas de espera del médico, en las colas de los supermercados. Leemos mucho, a todas horas y a trompicones. El cambio en la forma de leer y procesar la información se ha convertido en una creciente fuente de observación y preocupación entre neurocientíficos y psicólogos, que temen que nuestra capacidad de concentración y de leer en profundidad esté mermando.
Los científicos trabajan con la hipótesis de que la forma de leer en Internet, rápida, superficial y saltando de una información a otra junto a la expansión de las redes sociales y de los teléfonos inteligentes, han cambiado no solo nuestra forma de leer, si no también nuestro cerebro. Dicen incluso que el actual es un momento histórico, comparable a la invención de la imprenta o incluso de la escritura, y que ha llegado el momento de retomar el control de nuestros hábitos de lectura.

Investigaciones científicas de todo el mundo apuntan en esa dirección. En Europa, más de un centenar de investigadores suman fuerzas en una plataforma con la que pretenden desentrañar los efectos de la digitalización en los distintos tipos de lecturas. “Es muy plausible que la lectura profunda sea menos compatible con la lectura en las pantallas y que sea más difícil concentrarse porque las redes sociales, los correos, los anuncios web compiten por la atención del lector. Ese es el patrón que emerge de numerosos experimentos”, indica Anne Mangen, del Centro para la Investigación y la Educación Lectora de la Universidad de Stavanger, en Noruega, y presidenta de la plataforma europea E-Read. El proyecto que preside Mangen ilustra la preocupación y el interés por el asunto. “Casi cada día tenemos investigadores que quieren sumarse al proyecto. Hemos tocado nervio”.

Hasta aquí, la sinopsis de este artículo compuesta por tres párrafos introductorios de fácil lectura en Internet, con enlaces que le permitirán saltar a otras páginas. A partir de ahora viene el resto del artículo, mucho más largo y en el que se desarrollarán las afirmaciones arriba expuestas. Es muy probable, sin embargo, que usted no llegue hasta el final, que se distraiga y corra a comprobar los mensajes de su móvil o salte a otra web. No se preocupe, no será el único".

Le o resto do artigo, moi interesante, aquí.
Imaxes de Bernardo Pérez, que acompañan ó artigo en El País

 

 

22/05/15

Actuación dos Chavellos no centro

Os Chavellos de Pereiras (Mos) estiveron con nós esta semana na que celebramos o Día das Letras Galegas. 
Deixámosvos algún recordo da súa actuación e a letra da última canción que cantamos: "Manuel, Manueliño".











Manuel, Manueliño
Manuel, Manueliño
Manuel, peito de cera
quen me dera ser lume
que o teu peito derretera.

Manuel, Manueliño
Manuel con cara de rosa
lévame os bois a beber
á fonte da Ramallosa.

Manuel, Manueliño
lévame os bois a bebere
pola nai que te pariue
volveremos a traelo.

Manuel, Manueliño
Manuel da Rúa Alta
moito te queren as mozas
porque lles tocas a gaita.

21/05/15

Tráiler de Del revés

Del revés (Inside out), a nova película de Pixar, recibiu unha grande ovación do público no Festival de Cannes. Del revés é unha peli de animación que profundiza nas emocións que sentimos e, polo que se ve no tráiler, promete ser divertida.
Aquí vos deixamos o tráiler á espera de que podamos vela enteira:


19/05/15

María do Carme Kruckenberg



A pasada fin de semana faleceu en Vigo a poeta María do Carme Kruckenberg. Segundo a Wikipedia, María do Carme estudou pola súa conta, tras pecharse o Colegio Alemán de Vigo, idiomas, historia, ciencias, literatura etc., converténdose nunha autodidacta. Viviu en Arxentina de 1949 a 1953, onde coñeceu a moitos escritores galegos emigrados e arxentinos. De novo en Madrid, participou nas reunións do Café Gijón, coñecendo a Lorca, Alberti, Borges... Posteriormente, tras volver a Galicia, traballou como delegada científica nos Laboratorios Servier.
Autora de poemas, contos e tradutora, colaborou con diversas revistas e diarios, sobre todo en Faro de Vigo. Foi, entre outros premios, recoñecida co Premio Alecrín 1997, a Medalla de Galicia (bronce) en 1998, a Medalla Castelao en 2002 e o Premio Laxeiro en 2011. En 2006 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entidade da que foi vicepresidenta. En 1999 dedicóuselle unha praza en Vigo.

"Monumento Kruckenberg Vigo" por Albert galiza - Obra propia. Baixo a licenza CC BY-SA 3.0 a través de Wikimedia Commons

Con esas poucas palabras da Wikipedia estamos a falar dunha muller que foi exemplo para moitas e para moitos, unha muller valiente e libre, cercana e sinxela, pouco amiga dos convencionalismos.

"Os poemas nacen e se constrúen dentro de min e podo estar compoñendo durante moito tempo antes de escribir un só verso; mais cando sento a escribir fágoo cunha sorte de febre que me posúe", explicaba ela nunha entrevista.

Deixámosvos un vídeo de Televigo no que ela recita a Martín Códax, Mendiño e Xohán de Cangas e as súas propias "respostas" a estes poemas con poemas seus: