15/06/15

Lecturas para o verán (I): 1º ciclo da ESO

Xa podes levar prestados todos estes libros para o verán!

1º ciclo da ESO:







FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. O segredo da Illa Negra. Xerais, 2015.
Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.

CANOSA, María. Rubicundo. Xerais, 2015. Finalista Premio Merlín 2014
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos

DAHL, Roald. Voando só. Sushi books, 2015.
A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell. A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante.
Le as primeiras páxinas aquí e a páxina 99 aquí.

ESMORÍS, Érica. Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California. Sushi books, 2015.

Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo... e no tempo. Acompáñasnos?

GARCÍA-ROJO, Patricia. El mar. SM, 2015. Premio Gran Angular 2015.
Unha aventura de cazadores de tesouros nunha cidade submerxida baixo o mar que demostra que o mundo non é o que parece e que fai falta moi pouco para ser feliz.
Rob sobreviviu a un tsunami e agora vive nun tellado, caza tesourosno seu barco de cortiza branca e está toliño por Lana. Nunha das súas excursións en busca de novos tesouros mariños, atopa unha pedra máxica que lle permite transformarse en calquera persoa que desexe. Este descubrimento pon a súa vida bocarriba.

GALLEGO, Laura. Todas las hadas del reino. Montena, 2015.

Un conto de fadas contado pola fada madriña, pero moi distinto dos de sempre. Unha novela de maxia, aventuras e intriga que te sorprenderá xusto cando penses que sabes o que vai pasar.
Opinións dos lectores:




NIVEN, Jennifer. Violet y Finch. Planeta, 2015.
Se che gustou Bajo la misma estrella, a historia de amor de Violet y Finch chegarache ao corazón.
Violet está rota. Finch está roto. ¿Poden dúas metades rotas reconstruirse? Esta é a historia dunha rapaza que aprende a vivir dun rapaz que pretende morrer; de dous mozos que se atopan e deixan de contar os días para empezar a vivilos.
Reseña do libro.  


Ningún comentario: