23/02/24

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

UN RECITAL interxeracional!

Cada 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro e este curso celebrámolo cun recital de poemas. Alumnado do IES Ribeira do Louro ten vido a reproducir varios poemas musicados da autora e mesmo o alumnado de 1º e 2º ten participado  no recitado co poema "Pasa, río, pasa, río". Que ben o pasamos!

Aquí deixamos un vídeo da xornada:

15/02/24

club de lectura.

 SEGUIMOS TRABALLANDO O CLUB DE LECTURA!

A aula de 3 anos teñen traballado co libro "El abejoso" e vinculado ao programa Club de lectura teñen elaborado diversas actividades vinculadas ao programa "Club de Lectura". Aquí vos deixamos unha macro mostra!

CONCURSO DE RECEITAS DE ENTROIDO.

QUE MARABILLA DE SOBREMESAS DE ENTROIDO!

O equipo de dinamización de Lingua Galega ten organizado un concurso de sobremesas de Entroido. Canto temos desfrutado coa súa degustación e coa posterior entrega de premios aos gañadores e a queima do RibeMeco, poñendo así fin ao Entroido deste curso...




09/02/24

FESTA DE ENTROIDO.

O RIBECIRCO ESTREA A SÚA FUNCIÓN de Entroido!

Un ano máis celebramos o Entroido por todo o alto. A chuvia non foi un impedimento. Aquí tendes unha mostra...



Aquí deixamos un vídeo da xornada:

06/02/24

O ENTROIDO CHEGA AO COLE...

 O RIBEMECO E OS SEUS MANDATOS...

Como todos os anos O RibeMeco dita os seus mandatos. A semana promete ser moi interesante!

04/02/24

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

CELEBRANDO A PAZ CUN CONCERTO INMMELLORABLE!

Con motivo da conmemoración do dia Escolar da Non Violencia e da Paz realizouse un concerto no colexio onde o grupo Gospel Little ensinounos a importanica de vivir nun contexto de paz co conto "El viaje de Jasir". Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos!