O alumnado de 5º de primaria visita visita por terceira vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 3ª sesión a temática foi: "Os xogos de antes e os xogos de agora".
Durante o segundo trimestre temos invitado ás familias a elaborar monumentos do mundo con materiais reciclados, en relación co proxecto de centro de "Unha volta ao mundo".
Houbo moito traballo detrás desta exposición, pero o resultado foi ben interesante!
Seguimos traballando cos libros da colección de "Naturizo". Eseta vez reunímonos no CEIPP Antonio Palacios e decoramos unha árbores onde Naturizo podería ter vivo se non houbese tantos incendios!
Con motivo da Semana da Prensa temos proposto a realización un ano máis do Ribediario, un xornal sobre a nosa escola con noticias feitas por alumnado e mestres. Aquí podedes ver unha mostra do ben que o pasamos...
O alumnado de 6º de Educación Primaria ten participado na segunda convocatoria de premios José Hermida de Radio Escolar, promovida polo Grupo Radio Pontevedra e, en consecuencia, hoxe 10 de marzo, téñennos ofrecido a posibilidade de visitar as súas instalacións para afondar no seu coñecemento e mellorar as nosas prácticas radiofónicas. Que ben o pasamos e canto temos aprendido!
O alumnado de 5º de primaria visita visita por segunda vez aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio "Fíos no Tempo". Nesta 2ª sesión a temática foi: "A escola de antes e a escola de agora".
Hoxe, martes 3 de marzo, tivemos a ocasión de recibir a Susa Herrea, quen nos ofreceu un concerto para todo o alumnado en dúas partes, partindo de cancións dos seus libros: "La moto de Rufino" e "En Cabárceno, rugidos y canciones". Grazas Susa por vir. Foi un gran pracer! Aquí tendes unha mostra...