04/10/26

🎬💚 RIBEDINA CHEGA AO CEIP PLURILINGÜE DA RIBEIRA! 💚🎬

 



O venres 2 de outubro tivemos unha visita moi especial e inesperada no CEIP Plurilingüe da Ribeira. Entre sorpresa, risas e moita emoción… Ribedina percorreu as aulas e os corredores do noso cole! 🦖💚


Pero… onde está Ribedino? 🤔


Ribedina chegou cunha importante misión: contarnos que este curso será ela quen nos acompañe nas aventuras da nosa biblioteca. E é que Ribedino tivo que facer as maletas e marchar nada menos que a Hollywood! 🎥🌟 Alí está moi ocupado gravando unha serie de debuxos animados. Estamos desexando saber máis sobre esta nova aventura!


Mentres Ribedino triunfa entre cámaras, focos e claquetas, Ribedina queda con nós para coidar do Ribecine e vivir un curso cheo de historias, libros, xogos e creatividade. 📚🎞️


E a súa primeira misión foi importantísima. Ribedina visitou as diferentes aulas para anunciar unha noticia que estabamos agardando:


📣 O LUNS 5 DE OUTUBRO… ABRE A BIBLIOTECA DO RIBECINE!


A partir dese día comeza oficialmente o préstamo de libros e a biblioteca volve encherse de vida durante os recreos. 📚✨


Poderemos achegarnos ao Ribecine para escoller novas lecturas e levar libros para a casa, pasar un recreo diferente na zona de xogos 🎲 ou deixar voar a nosa imaxinación no Recuncho Creativo 🎨✂️.


Ribedina tamén aproveitou a visita para lembrar algunhas cousiñas importantes e, por suposto, para repartir sorrisos, saúdos e moitas ganas de volver atoparnos na biblioteca.


As caras do alumnado deixárono ben claro: a tempada 2026/2027 do Ribecine promete! 🎬🍿


Ribedina xa está preparada.

Os libros están nos andeis.

Os xogos agardan nas súas caixas.

O Recuncho Creativo está listo…


Só faltades vós! 💚


🎟️ Próxima estrea: luns 5 de outubro.

📍 Lugar: Biblioteca do Ribecine.


Abrimos as portas… e comeza a aventura! 🎬📚🦖✨

🎬📚 OS NOSOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS XA ESTÁN LISTOS!

 

A Biblioteca do Ribecine está a piques de abrir as súas portas e hai un equipo moi especial que xa está preparado para comezar a traballar: os nosos voluntarios e voluntarias da biblioteca! 🌟


Despois da súa formación, xa están listos para colaborar nas diferentes zonas e tarefas da biblioteca. A súa axuda estará presente dentro da biblio, na zona de xogos e no novo Recuncho Creativo, contribuíndo a que todos estes espazos funcionen correctamente e a que o alumnado poida desfrutar deles.


A súa labor será imprescindible para o bo funcionamento do Ribecine. Axudarán a manter os espazos organizados, colaborarán cos préstamos e devolucións, botarán unha man aos compañeiros e compañeiras e participarán activamente no día a día da nosa biblioteca.


Pero ser voluntario ou voluntaria do Ribecine vai ser moito máis ca iso! 🎥✨ 

Serán parte activa de todas as actividades que se desenvolvan ao longo do curso e contaremos coas súas ideas, propostas e creatividade. Ademais, terán un papel moi especial no deseño e preparación de actividades dirixidas aos máis pequenos e pequenas do cole, converténdose así en auténticos dinamizadores da biblioteca. 💡📚


E xa comezaron coa súa primeira misión! 🎬 Esta semana encargáronse de colorear os carteis que anuncian a apertura da Biblioteca do Ribecine e, unha vez rematados, percorreron o centro para colocalos e facer chegar a noticia a todos os recunchos do cole.


Porque queremos que o noso alumnado non sexa unicamente usuario da biblioteca, senón que tamén poida participar, propoñer, crear, colaborar e sentirse parte dela.


🎞️ Os voluntarios e voluntarias xa están preparados. Os carteis xa están colocados. O Ribecine está listo…


🍿📚 Que comece a función!


Grazas, equipo de voluntariado, por axudarnos a facer da nosa biblioteca un lugar de todos e para todos! 🌟🎬

🎬✨ O RIBECINE PREPÁRASE PARA RECIBIRVOS! ✨📚


Detrás de cada recuncho da nosa biblioteca, de cada cartel, de cada libro colocado e de cada pequeno detalle hai moito traballo, ilusión e agarimo. 💛


O equipo da Biblioteca do Ribecine leva semanas traballando para preparar un espazo acolledor, atractivo e cheo de posibilidades para todo o alumnado. Porque sabemos que unha biblioteca escolar é moito máis ca un lugar onde coller libros: queremos que sexa un espazo para ler, descubrir, crear, compartir, xogar, imaxinar e aprender xuntos.


🎥 Este curso, ademais, a nosa biblioteca vístese de cine! Ribedino, estrelas, cámaras, claquetas, bobinas e moitas outras sorpresas están a transformar cada recuncho para mergullarnos de cheo no proxecto do Ribecine.


E entre todas as novidades temos unha que nos fai especial ilusión:


🎨✂️ NOVO RECUNCHO CREATIVO!


A biblioteca estrea o seu Recuncho Creativo, un pequeno espazo pensado para deixar voar a imaxinación. Nel o alumnado atopará materiais para debuxar, colorear, escribir, crear, experimentar e desenvolver a súa creatividade: pinturas, rotuladores, cadernos, adhesivos e moitas outras propostas que iremos renovando ao longo do curso.


Todo está preparado con moito coidado, pensando ata no máis mínimo detalle para que os nenos e nenas sintan que a biblioteca tamén é o seu lugar. ❤️


E todo isto é posible grazas á implicación, colaboración e traballo en equipo das persoas que forman parte da Biblioteca do Ribecine, que dedican tempo e ilusión para facer dela un espazo cada vez máis especial.


🎬📚 Agora só falta o máis importante: encher a biblioteca de nenos e nenas, historias, risas, creacións e aventuras!


Benvidos e benvidas á Biblioteca do Ribecine!

🌟 Aquí cada libro abre unha historia… e cada neno e nena pode ser protagonista. 🌟




19/09/26

🎬📚 Formación de voluntarios e voluntarias da Biblioteca do Ribecine🎬📚


 A Biblioteca do Ribecine xa está en marcha! 🍿🎥

Esta semana celebramos a sesión de formación do alumnado voluntario da biblioteca, un encontro no que os nosos voluntarios e voluntarias aprenderon cales serán as súas funcións e como poden colaborar para facer da biblioteca un espazo acolledor, ordenado e cheo de vida.

Durante a sesión falamos de como axudar aos compañeiros e compañeiras, colocar e coidar os libros, manter a biblioteca ordenada, colaborar cos máis pequenos e pequenas e respectar as normas do espazo. 📚✨

O noso querido Ribedino 🦖 tamén estivo moi presente nesta primeira xornada, animándonos a comezar esta nova aventura con moita ilusión.

👏 Queremos agradecer ao noso alumnado voluntario as súas ganas de participar e colaborar. Estamos seguros de que farán un traballo estupendo!

🎞️ Comeza unha nova tempada na Biblioteca do Ribecine… e os nosos voluntarios xa están preparados!

📸 Aquí vos deixamos unha imaxe da nosa sesión de formación.

30/06/26

GUÍA DE USUARI@S.

COMO FACER PESCUDAS SEGURAS E COMO REDACTAR BIBLIOGRAFÍAS/WEBGRAFÍAS?

Para rematar este curso presentamos unha guía na que podedes ver cómo facer pescudas seguras de información de Internet, como citar as fontes que usas para facer os teus traballos e como non ser vítima das Fake News!
Esperamos que vos sexa de utilidade. Aquí podedes botarlle un ollo...
BO VERÁN!

19/06/26

PROGRAMA LECTURA E FAMILIAS.

MEDALLAS DE RECOÑECEMENTO!

Hoxe temos devolto os monumentos e outros elementos distintivos de diferentes países do mundo feitos polo alumnado e as súas familias, con motivo da proposta de "Exposición en familia", como parte da proposta do programa de "Lectura e Familias". Grazas a todos os participantes!!

17/06/26

CAMPIONATO DE XOGOS.

 GRAN FINAL!

Despois dun trimestre cheo de emoción, tivemos hoxe a gran final! Adriana de 5º de Ed. Primaria e Guille de 3º de Ed. Primaria teñen xogado dun xeito maxistral nesta gran final!

16/06/26

RADIO NA BIBLIO.

UN PODCAST DE REPASO!

O alumnado de 5º de Educación Primaria ten gravado na área de Proxecto Competencial, un resumo do traballado nos meses anteriores sobre a investigación dos países polos que ten viaxado Phileas Fogg na novela "La vuelta al mundo en 80 días", de Julio Verne. Visitade o blog da radio para escoitalo!

12/06/26

CAMPIONATOS DE XOGOS.

SÓ NOS QUEDA A GRAN FINAL!

Esta semana temos rematado os ccampionatos de xogos que temos realizado durante este trimestre. Soamente quédanos a gran final entre dous alumnos: Guille e Adriana! Quen gañará? A semana que vén verémolo!

11/06/26

VISITA DA ASESORA DE BIBLIOTECAS.

HOXE TIVEMOS VISITA...!

Este xoves 11 de xuño tennos visitado Isabel Nuevo, a asesora de bibliotecas da provincia de Pontevedra. Foi para nós unha gran honra poder ofrecerlle un tour polas nosas instalacións e escoitar os seus consellos e suxerencias.

Tamén nos ten traído agasallos para o alumnado axudante e para o centro.

Finaalmente, temos saído no Facebook da Asesoría de Bibliotecas de Galicia.

10/06/26

ACTIVIDADES CO EDLG.

 UN INTERCAMBIO DE POSTAIS INTERCENTRO!

En colaboración co EDLG temos fomentado un intercambio de postais entre centros de tal modo que cada clase redactounas para un cole diferente e… recibimos resposta!

06/06/26

RECUNCHO DE XOGOS.

CONTINUAMOS MELLORANDO!

Estas últimas semanas de curso aínda seguimos traballando la mellora das nosas instalacións. Así, estamos reorganizando o noso recuncho de xogos para facer del un lugar máis acolledor e agradable!
Aquí podemos ver como seguimos avanzando...
ANTES


AGORA...

05/06/26

FEIRA ACIENCIACERTA DE O PORRIÑO.

FORMAMOS UN GRAN EQUIPO DE CIENTÍFICOS/AS!

Un ano máis participamos nesta Feira da Ciencia organizada polo Concello de O Porriño co proxecto: Como pode influír a hixiene bucal no envellecemento da poboación! 

Os peques da clase de 1º de primaria amosaron e demostraron a través de distintos experimentos a importancia dunha boa hixiene e coidado bucal. Grazas de corazón a todas as familias que estiveron todo a día connosco para axudar e desfrutar con estes pequenos científicos/as!

CAMPIONATO DE XOGOS.

Imos rematando os campionatos de xogos por este curso!

Un venres máis, como é habitual, o alumnado ten participado nun novo campionato de xadrez. Ten habido moita emoción, moitas ganas e sobre todo moito xogo e diversión!

CONGRESO EDUCODS.

VI CONGRESO EDUCATIVO EDUCODS EN TUI!

Un ano máis voltamos para participar xunto con outros centros nesta iniciativa creada polo CEIP Número 1 de Tui. 

Así, o xoves 4 o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, e o venres 5 de xuño, os nenos/as de 5º e 6º de Ed. Infantil teñen ido a ver e a expoñer os seus traballos que estiveron preparando durante meses con moito esforzo e dedicación. 

Foron dúas mañás cheas de experiencias, aprendizaxes e convivencia con outros rapaces. Canto temos aprendido e gozado!

Aquí podedes ver unha mostra...

MERCADO SOLIDARIO.

UN MERCADO DE LIBROS PARA REMATAR O CURSO!

Para fomentar que o alumnado asente o hábito lector no verán ofreceuse ao alumnado a posibilidade intercambiar ata 3 libros de expurgo dos fondos da biblioteca por ata 3 dos que tivesen en casa e non quixesen.

Aquí podedes ver unha mostra...

03/06/26

RADIO NA BIBLIO.

FALAMOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE!

Nas últimas semanas temos gravado co alumnado de 2º de primaria un podcast sobre alimentación saudable. Proximamente estará dispoñible no blog da nosa radio!


.

01/06/26

BOLETÍN LERIA.

LECTURAS RECOMENDADAS PARA VERÁN!

Para rematar o curso, e como todos os trimestres, Ribedino quere facer varias recomendacións lectoras ao alumnado para seguir fomentando a lectura no verán. É por iso que aquí tendes o tríptico de libros para evitar aburrirse nos meses de verán...

RADIO.

 FNINALIZAMOS NO CENTRO DE DÍA!

O alumnado de 5º de primaria realiza a última visita por este curso aos maiores do centro de día para seguir creando con eles programas de radio, chamados "Fíos no Tempo". Nesta 7ª sesión fixemos un repaso do comentado en todos os programas anteriores. Que ben o pasamos!


27/05/26

MOBILIARIO.

RENOVAMOS OS ESTORES DA BIBLIOTECA!

Esta semana temos renovado os estores da nosa biblioteca, contribuíndo á mellora do espazo para axudar a seguir facendo dela un lugar máis agradable.
Aquí podedes ver o resultado...

                                 

26/05/26

PROXECTO "ESCOLAS DE FRONTEIRA".

UNHA MOCHILA MOI POTURGUESA!

O alumnado de sexto participa no proxecto "Escolas de Fronteira" e como parte del teñen promovido a circulación polas aulas de Ed. Primaria dunha mochila con libros en portugués, para axudar ao alumnado a coñecer mellor a lingua e cultura do país veciño!

22/05/26

CAMPIONATO DE XOGOS.

VIVA O XADREZ!

Con motivo da dinamización do recuncho de xogos nos patios, os venres promovemos o xadrez nos patios. O alumnado está aprendendo ou mellorando a súa habilidade o coñecemento neste xogo!
Aquí podedes ver un chisco...

21/05/26

CONVIVENCIA.

FOMENTANDO A LECTURA NO RECREO!

Con motivo da dinamización dos períodos de recreo, temos proposto sacar carriños de libros nos recreos para fomentar a lectura ao aire libre! Deste modo o alumnado pode gozar do aire libre e do bo tempo, mentres mellora o seu hábito lector!