Amosando publicacións coa etiqueta estudos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta estudos. Amosar todas as publicacións

04/06/13

Consellos para a época de exames II


O mellor xeito de superar con éxito os exames e con estudo e planificación. Aínda que hai outros factores que poden axudarnos ou perxudicarnos, non hai recetas máxicas que sirvan para garantir unha boa nota e unha boa aprendizaxe. De tódolos xeitos, convén que lle botes un ollo a estes consellos que poden inclinar a balanza, así como repasar os que publicamos o curso pasado.


Alimentación

Cando estamos moi agobiados por estudar e rematar a tempo eses traballos para entregar, ás veces temos a mala constume de saltarnos comidas ou comer calquera cousa que se nos poña por diante ou atiborrarnos de bebidas de cola. Mal feito! Unha boa alimentación mellora o noso rendemento, a memoria e a concentración, por iso nestas datas é importante consumir verduras, legumes, froitas e hortalizas, e cereais e os seus derivados (arroz, pasta, pan... e mellor se son integrais).

Para ter unha dieta equilibrada non hai que esquecer o aceite de oliva e os froitos secos, e optar por consumir peixe, aves, ovos e lácteos e deixar un pouco de lado a carne

E o día do exame, non debemos saltarnos o almorzo! O ideal sería tomar lácteos, froita e cereais para ter reservas de glucosa e alimentar ben o noso cerebro.

Os fármacos

Algúns estudantes botan man de complexos vitamínicos para reforzarse en época de exames. Estes reforzos non son malos pero non serían necesarios se temos unha dieta equilibrada. E ademais deben vir sempre prescritos polo médico, que nos dirá cantos e canto tempo tomalos. Por outra banda, o efecto destes complexos vitamínicos non é inmediato e é preciso empezar a tomalos unha tempada antes dos exames.

As bebidas estimulantes

Hai bebidas estimulantes naturais, como o café, a menta e o romero, e outras que que se comercializan cunha mestura de cafeína, taurina, glucuronolactona e azúcar (Red Bull, Burn, Taurus, etc.). Aínda non se demostrou científicamente que a combinación desas catro sustancias teña un efecto especial, polo que o poder estimulante destas bebidas basease exclusivamente, segundo os estudos, na cafeína.

A cantidade de cafeína por litro que teñen estas bebidas é máis ou menos a dunha taza de café (debido ó seu tamaño, unha lata equivale a dúas tazas de café negro ben cargado). A cafeína ten un efecto excitante pasaxeiro (enmascarando o cansancio pero non eliminándoo), e cando se toma con moderación pode ser proveitosa. Cando se abusa dela, porén, acelera o pulso e diminúe o rendemento, xusto o contrario do que persigue, ademais de provocar perturbacións serias (insomnio, ansiedade, excitación, delirios e tremores).

O efecto estimulante da taurina só se ten investigado en ratóns, nos que mellora as funcións cognitivas (a memoria e a aprendizaxe), pero non se sabe que cantidade de taurina é necesaria para ter un efecto no corpo humano. O mellor é incluir na dieta productos que garantizan unha boa cantidade dela (pavo, polo, mexilóns, ameixas e peixes, cereais e froitos secos).

Máis información neste vídeo de TVE2, cunha experta en nutrición.

Técnicas de repaso axeitadas

O primeiro que tedes que averiguar e en que momento do día vos sentides mellor para estudar. Pódese facer pola mañá ou pola noite, segundo prefira cada un. Pero nunca facelo con soño ou saltándose comidas.

Hai que planificar cun pouco de calma o noso tempo de estudo e de descanso. É unha boa idea empezar polo máis fácil (ou repasar o anterior), seguir co difícil e deixar para o final o que require un esforzo intermedio.

Por outra banda, hai que facer bo uso das técnicas de estudo que sempre se traballan na aula: empezar cunha prelectura do tema para ter unha idea xeral, logo unha lectura con subliñado do máis importante, resumo e/ou esquema, e logo adicarse a memorización e comprobación do aprendido.

Nesta web tes máis consellos e técnicas de estudo que han de vir ben!



Fontes: aprendemas.com e consumer.es

06/05/13

Apps para inglés

 Gracias ós móbiles e tabletas co sistema operativo Android, podemos utilizar moitas "apps" ou programas de balde. Hoxe imos falar dun par de apps que nos axudan a aprender e practicar os verbos irregulares ingleses.


A primeira delas chámase "Verbos irregulares del inglés" e é do desenrolador "inglesdivino". É unha aplicación básica pero fácil de usar e de entender que nos presenta os verbos nunha lista coa súa traducción e o audio coa pronunciación. Podemos facer listas personalizadas (os máis usados, os que entran no examen, os que nos custa máis lembrar...) e practicalos todos ou só os dalgunha lista. O único punto negativo é que as traduccións non son como para botar foguetes e teremos que recurrir ó diccionario para asegurarnos do seu significado.
















 A segunda aplicación que vos propoñemos é "Verbos irregulares", de Sergeev Sergey. Esta é máis completa, pero tamén un pouquiño máis complicada de usar. Presenta os verbos nunha lista alfabética (con traducción e audio) pero tamén podemos velos e practicalos doutro xeito: por grupos con similitudes (por exemplo, o grupo 3.2 son os que forman o pasado e o participio en "-ought"). Por esta razón é máis recomendable que o anterior, pois é máis fácil aprender os verbos así que nunha lista alfabética, pero teredes que usar a app para comprobar se vos gusta ou non.








29/05/12

Consellos para a época de exames


A estas alturas do ano xa estamos de exames ata arriba, así que non sobran uns cantos consellos para evitar cometer os erros de sempre. Imos ver o que nos di a Fundación Punset ó respecto:

  • Non estudies moito tempo seguido. Rendes moito máis se estudas dúas horas, por exemplo, e descansas outras dúas.
  • Cambia de lugar de estudo. Podes ir a unha biblioteca, incluso a un bar ou ó coche. En primavera e verán, os parques son unha moi boa alternativa.
  • Alterna materias: non adiques días enteiros ó mesmo tema para evitar obsesión.
  • Practica deporte tódolos días. Especialmente realiza exercición aeróbicos, porque relaxan e fan que segregues hormonas como a serotonina que aumentarán a túa autoestima e benestar e, polo tanto, as túas ganas de estudar. Prodúcense máis a partires do minuto 15 aproximadamente.
  • Grava en audio ou usa o aplicativo para ler textos do teu ordenador. Logo podes escoitalo nun mp3 ou no móbil.
  • Pídelle a alguén que che pregunte a lección e imaxina que lla ensinas a outros. Se podes discutilo cun compañeiro de clase, aínda mellor.
  • Mira documentais ou materiais audiovisuais relacionados co tema.
  • Non deixes de facer cousas divertidas. Cando paralizas a túa vida para estudar, a motivación para facelo disminúe. Segue coa túa vida normal tanto como sexa posible. 

Ademais destes consellos, os neurólogos saben dende fai tempo que precisamos do sono para aprender e integrar o estudado, polo que é mellor estudar pola tarde-noite e durmir antes dun exame, que levantarse cedo para estudar a última hora.



15/04/11

Arte en feminino



Con A de arte, de fémina e de Galiza, chegou á nosa biblioteca a exposición de mulleres pintoras e escultoras que organizamos coa excusa do Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo). Nela podes ver expostas obras de artistas galegas e ter á túa disposición varios libros adicados a artistas de recoñecido prestixio mundial (Maruja Mallo, Frida Kahlo, Tamara de Lempicka, etc.) e estudos sobre o papel da muller na historia.
Agora só falta emulalas!




31/01/11

A astroloxía: libra, escorpio e ofiuco

Fai un par de semanas saltou a noticia de que habería un novo signo do zodíaco por mor do desprazamento do eixo da Terra. Pero isto dos signos realmente funciona?

O científico e divulgador Carl Sagan explícao dun xeito moi claro:


Por se isto non bastara, na web Information is Beautiful analizan 22.000 horóscopos, coa axuda dun ordenador, e fan un resumo das verbas máis usadas nas prediccións de cada signo. Como veredes neste gráfico (aquí podes velo máis grande), as prediccións din todas o mesmo:



Seguirás lendo o teu horóscopo na prensa? Nós.... non.

.

12/11/10

Gitan@s con estudios, gitan@s con futuro

Me llamo Francisco Utrera y como todos sabéis soy de 2º de bachillerato. Soy gitano y el hecho de leer la noticia anterior me ha llevado a contaros un poco mi historia personal, como estudiante y como gitano.
Yo nunca pensé llegar a donde he llegado hoy día, aunque claro habrá gente que piense que de momento sólo he llegado a 2º de bachillerato. Mis padres, como la mayoría de los gitanos, se dedican a la venta ambulante y yo pensaba cuando era mas pequeño que ese sería mi destino como hijo de gitano que soy. Para mí el colegio y el instituto no tenían ninguna importancia ya que supuestamente mi destino profesional ya estaba marcado. Pero mis padres me animaron a estudiar y me decían que su mundo, la venta ambulante, no interesaba y que el mejor camino era estudiar y estudiar para ser alguien el día de mañana. Y aquí me encuentro en 2º de bachillerato y deseando acabarlo para comenzar una carrera.

Este texto é un fragmento do artigo que podes ler neste enlace, relacionado coa campaña De mayor quiero ser... da Fundación Secretariado Gitano.

Osquelemos apoiamos totalmente esta campaña, pero pensamos que o lema non está moi ben formulado. Neste mundo cambiante e competitivo, que cada vez esixe máis de tod@s nós, cheo de xentes dispostas a facer o noso traballo dun xeito más rápido, máis barato ou simplemente mellor, o ensino secundario é o mínimo que podemos ter para ser cidadáns competentes, responsables e capaces, e non pechar portas que máis adiante podemos necesitar abertas. Polo tanto, propoñemos un novo lema, para xitanos e paios, loiros e morenos, altos e baixos, e para o femenino de todos eses adxectivos:

PERSOAS CON ESTUDOS, PERSOAS CON FUTURO

De ti depende.

_