O mellor xeito de superar con éxito os exames e con estudo e planificación. Aínda que hai outros factores que poden axudarnos ou perxudicarnos, non hai recetas máxicas que sirvan para garantir unha boa nota e unha boa aprendizaxe. De tódolos xeitos, convén que lle botes un ollo a estes consellos que poden inclinar a balanza, así como repasar os que publicamos o curso pasado.
Alimentación
Cando estamos moi agobiados por estudar e rematar a tempo eses traballos para entregar, ás veces temos a mala constume de saltarnos comidas ou comer calquera cousa que se nos poña por diante ou atiborrarnos de bebidas de cola. Mal feito! Unha boa alimentación mellora o noso rendemento, a memoria e a concentración, por iso nestas datas é importante consumir verduras, legumes, froitas e hortalizas, e cereais e os seus derivados (arroz, pasta, pan... e mellor se son integrais).Para ter unha dieta equilibrada non hai que esquecer o aceite de oliva e os froitos secos, e optar por consumir peixe, aves, ovos e lácteos e deixar un pouco de lado a carne
E o día do exame, non debemos saltarnos o almorzo! O ideal sería tomar lácteos, froita e cereais para ter reservas de glucosa e alimentar ben o noso cerebro.
Os fármacos
Algúns estudantes botan man de complexos vitamínicos para reforzarse en época de exames. Estes reforzos non son malos pero non serían necesarios se temos unha dieta equilibrada. E ademais deben vir sempre prescritos polo médico, que nos dirá cantos e canto tempo tomalos. Por outra banda, o efecto destes complexos vitamínicos non é inmediato e é preciso empezar a tomalos unha tempada antes dos exames.As bebidas estimulantes
Hai bebidas estimulantes naturais, como o café, a menta e o romero, e outras que que se comercializan cunha mestura de cafeína, taurina, glucuronolactona e azúcar (Red Bull, Burn, Taurus, etc.). Aínda non se demostrou científicamente que a combinación desas catro sustancias teña un efecto especial, polo que o poder estimulante destas bebidas basease exclusivamente, segundo os estudos, na cafeína.A cantidade de cafeína por litro que teñen estas bebidas é máis ou menos a dunha taza de café (debido ó seu tamaño, unha lata equivale a dúas tazas de café negro ben cargado). A cafeína ten un efecto excitante pasaxeiro (enmascarando o cansancio pero non eliminándoo), e cando se toma con moderación pode ser proveitosa. Cando se abusa dela, porén, acelera o pulso e diminúe o rendemento, xusto o contrario do que persigue, ademais de provocar perturbacións serias (insomnio, ansiedade, excitación, delirios e tremores).
O efecto estimulante da taurina só se ten investigado en ratóns, nos que mellora as funcións cognitivas (a memoria e a aprendizaxe), pero non se sabe que cantidade de taurina é necesaria para ter un efecto no corpo humano. O mellor é incluir na dieta productos que garantizan unha boa cantidade dela (pavo, polo, mexilóns, ameixas e peixes, cereais e froitos secos).
Máis información neste vídeo de TVE2, cunha experta en nutrición.
Técnicas de repaso axeitadas
O primeiro que tedes que averiguar e en que momento do día vos sentides mellor para estudar. Pódese facer pola mañá ou pola noite, segundo prefira cada un. Pero nunca facelo con soño ou saltándose comidas.Hai que planificar cun pouco de calma o noso tempo de estudo e de descanso. É unha boa idea empezar polo máis fácil (ou repasar o anterior), seguir co difícil e deixar para o final o que require un esforzo intermedio.
Por outra banda, hai que facer bo uso das técnicas de estudo que sempre se traballan na aula: empezar cunha prelectura do tema para ter unha idea xeral, logo unha lectura con subliñado do máis importante, resumo e/ou esquema, e logo adicarse a memorización e comprobación do aprendido.
Nesta web tes máis consellos e técnicas de estudo que han de vir ben!
Fontes: aprendemas.com e consumer.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario