Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte b>. Amosar todas as publicacións
23/03/18
29/01/15
Fobias
![]() |
| Mecanofobia: medo ás máquinas |
![]() |
| Acrofobia: medo ás alturas |
![]() |
| Claustrofobia: medo ós espazos pechados |
![]() |
| Climacofobia: medo ás escaleiras |
![]() |
| Dromofobia: medo a cruzar a rúa |
![]() |
| Potamofobia: medo á auga corrente |
![]() |
| Zoofobia: medo ós animais |
09/12/14
Fileteando retratos
A artista Justine Khamara ten unha serie moi interesante na que, tras tomar e imprimir en papel un retrato, córtao con láser, normalmente despois de pegalo nun taboleiro. Os resultados son sorprendentes e inspiradores, non si?
28/10/14
O punto
Vídeo con texto e imaxes do libro El punto de Peter H. Reynolds, con música de Yiruma (River flows in you)
10/04/14
Arte no torno
25/02/14
Retratos de fusión
Xogando coa opacidade das imaxes, Mora consigue uns traballos únicos, cun grande compoñente de surrealismo. Hai que suliñar, porén, que as fotos que usa nas fusións son doutros autores.
Despois de crear as imaxes no ordenador, Antonio Mora as imprime e as encola sobre madeira; despois pasalles unha lixa para darlles o último retoque antes de enceralas.
23/01/14
A imaxinativa arte de Javier Pérez
Javier Pérez é un deseñador gráfico ecuatoriano cunha grande creatividade. Javier mestura obxectos correntes e debuxos sinxelos para facer obras moi orixinais.
Ademais da mostra que podedes ver aquí, recomendamos visitar o seu proxecto 364 (1 idea ó día durante todo o ano) e as súas coleccións de experimentos aquí e aquí.
Ademais da mostra que podedes ver aquí, recomendamos visitar o seu proxecto 364 (1 idea ó día durante todo o ano) e as súas coleccións de experimentos aquí e aquí.
10/10/13
Fotografía hadouken de artes marciais
"Hadouken" é o último grito en Xapón dende hai uns meses. Basicamente, consiste en facerse unha foto imitando un ataque cunha bola de enerxía invisible ou similar, como en Dragon Ball ou Street Fighter, de xeito que pareza que saímos voando co golpe. Os resultados son moi curiosos:
E o xeito de facelo é ben sinxelo: poñede a cámara en velocidade alta (se é manual) ou en "Deportes" (se é automática) para que non saiades movidos, e xa só queda saltar (coma se levitasedes) nalgunha posición rara mentras outra persoa finxe golpearnos de lonxe. Iso si, practicade ben o salto e sincronizade o momento en que apretades o disparador:
Se vos animades a seguir probando a vosa creatividade, sempre podedes facer fotografía "de levitación", para o que necesitades ser bos saltadores (aínda que hai quen bota man de Gimp, Photoshop ou algún outro programa de retoque fotográfico):
Aquí tedes un vídeo que vos explica como facelo co método dos saltos:
Aquí, un titorial sobre como facelo, e a web de Natsumi Hayashi con moitos exemplos de saltos levitatorios moi ben feitos.
Se facedes fotos destas, queremos velas! Enviadelas a biblio.cpi.ribeira [aquí vai a arroba] gmail.com para que as vexamos todos!
![]() |
| Copyright: Digital Rev. http://www.flickr.com/photos/digitalrev/ |
Se vos animades a seguir probando a vosa creatividade, sempre podedes facer fotografía "de levitación", para o que necesitades ser bos saltadores (aínda que hai quen bota man de Gimp, Photoshop ou algún outro programa de retoque fotográfico):
![]() |
| Coyright Natsumi Hayashi |
Aquí, un titorial sobre como facelo, e a web de Natsumi Hayashi con moitos exemplos de saltos levitatorios moi ben feitos.
Se facedes fotos destas, queremos velas! Enviadelas a biblio.cpi.ribeira [aquí vai a arroba] gmail.com para que as vexamos todos!
15/04/13
Esculturas ocas
Como xa facía tempo que non publicabamos nada de artes plásticas, hoxe traemos unha escultura moi singular do escultor francés Bruno Catalono. A escultura, adicada ós viaxeiros, foi recreada esta pasada Semana Santa nunha famosa pastelería de Vigo, que a fixo en chocolate.
Podedes ver máis obras desta serie na súa web.
14/03/13
Cociña por cores
Se lle pedimos a calqueira persoa que nos escriba a receita da tortilla de patatas, é moi probable que acabemos con algo parecido a isto:
Por sorte, sempre hai alguén que pensa dun xeito distinto á maioría. A deseñadora Laura Valero presenta a receita da tortilla de patata así:
Na súa serie Recetas por colores, Laura fai infografías ben vistosas de varios pratos clásicos de España:
![]() |
| Fonte: Hogarutil.com |
Na súa serie Recetas por colores, Laura fai infografías ben vistosas de varios pratos clásicos de España:
A deseñadora confesa que fixo estes carteis para decorar a súa nova cociña, calculando sempre a ollo as cantidades dos ingredentes.
Podedes ver o resto da serie (e mercar estes carteis) neste enlace á súa web.
28/02/13
Fotografía de famosos en mosaico
O fotógrafo italiano Maurizio Galimberti é un mago da Polaroid (a famosa foto instantánea, que a propia cámara imprime nada máis facela). Con elas fai uns retratos de mosaico sorprendentes. Deixámosvos o de Johnny Depp co consello de que vexades máis (Lady Gaga, George Clooney, Javier Bardem...) neste enlace ou na súa web.
19/11/12
13/11/12
Calendarios
![]() |
| Imaxe: Rebeca Lagos |
Nesta época do ano moita xente aproveita para facer calendarios personalizados, ben para regalar, ben para ter na casa. Se non probachedes nunca, dádelle unha oportunidade, pois saen baratos e ben bonitiños.
No blog da fotógrafa Rebeca Lagos atopamos este artigo con calendarios clásicos e outros moi orixinais. A ver quen o fai mellor!
Calendarios para tódolos gustos.
![]() |
| Imaxe: Blurb.com |
10/10/12
Visión disimilada
Animación : Katayama Takuto
Música : Kikuchi Ryouta
03/05/12
Carteis de conto
Rowan Stocks-Moore, un deseñador de Liverpool, ten feito uns preciosos carteis minimalistas e moi modernos de contos clásicos (e das películas de Disney correspondentes). Podes ver os once carteis neste enderezo, pero aquí queda unha mostra:
![]() |
| "Bambi", por Rowan Stocks-Moore |
![]() |
| "Brancaneves", por Rowan Stocks-Moore |
![]() |
| "A sereíña", por Rowan Stocks-Moore |
10/04/12
Fotografía acuática
![]() |
| "Cloud Study", da serie Chromatics, por Barbara Cole (2006) |
Aínda que estamos acostumados a ver cadros hiperrealistas que semellan fotografías, non é tan común que vexamos forografías que semellan cadros, neste caso acuarelas. A fotógrafa autodidacta Barbara Cole leva traballando con esta idea dende fai bastantes anos. Na súa serie Chromatics, Barbara fotografía dende arriba modelos metidas na auga, xogando con reflexos e cores e tentando facer todos os efectos coa cámara e non con programas de retoque fotográfico. O resultado é unha conxunto de imaxes máis que interesante e certamente sorprendente.
Invitámosvos a ver esta selección de nove obras ou visitar a súa web, onde poderemos disfrutar desta serie e do resto da súa obra (a través do menú da esquerda).
![]() |
| "Three by four", da serie Chromatics, de Barbara Cole (2006) |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)















































