Amosando publicacións coa etiqueta TICs. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TICs. Amosar todas as publicacións

28/04/14

Aplicacións de galego para Android

Demos unha volta pola tenda oficial de apps para Android e atopamos un par de cousas imprescindibles no noso móbil:


TRADUTOR GALEGO: Co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.
Se non che apetece escribir, coa función de ditado de TradutorGalego, deixa que traduza directamente o que che din.
Software 100% feito en Galicia!
Esta aplicación obtén todas as traducións do tradutor da web da Xunta de Galicia.
TradutorGalego intégrase con ConxuGalego.





 CONXUGALEGO: Non volvas quedar mal coa túa xente ó tentar falar galego!
Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares..
Software 100% feito en Galicia!
Baseado no software Conshuga do grupo ProLNat da Universidade de Santiago de Compostela e Cilenis.

 

26/03/14

As mulleres informáticas, esas grandes descoñecidas

Artigo de Marcos Pérez Pena publicado en praza.com:

"Toda a sociedade coñece a Bill Gates ou Steve Jobs. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo"

Nacida en 1984 Susana Ladra, vicedecana de Organización Académica da Facultade de Informática da Coruña (UDC), acumula unha longa lista de méritos, recoñecementos e responsabilidades. É tamén profesora contratada doutora na súa facultade. Recentemente foi recoñecida pola Xunta, co gallo do Día Internacional da Muller, xunto con outras seis profesionais destacadas nos seus Premio Ada Byronun galardón que entrega o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) para destacar salientar e facer visible a participación feminina no ámbito da tecnoloxía.
Susana Ladra, vicedecana da Facultade de Informática da Coruña
respectivos eidos. Previamente recibira tamén o
Durante a súa etapa de estudante recibiu o primeiro Premio Nacional de Fin de Carreira de Enxeñaría Informática entregado polo Ministerio de Educación, o Premio Extraordinario de Doutoramento da UDC o premio á mellor tese de doutoramento no campo da Recuperación da Información, outorgado pola Sociedade Española de Recuperación da Información. Nos últimos anos, Susana Ladra vén desenvolvendo unha intensa actividade investigadora en distintas áreas, como recuperación de información, compresión, análise de algoritmos e estruturas de datos. Participou tamén en proxectos de investigación competitivos e realizou estadías no CSIC, na Universidade de Chile, na Universidade de Helsinki e na Universidade de Waterloo (Canadá).
A presenza das mulleres nas carreiras científicas e técnicas segue sendo baixa, e moito máis en informática. A que cres que se debe?
No curso académico actual, a porcentaxe de mulleres que entraron en primeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática na Universidade da Coruña é do 13,8%. A porcentaxe é moi baixa, e o máis preocupante é que segue unha tendencia decrecente. Cando eu estudei a carreira esta porcentaxe situábase entre un 25 e un 30%. Está claro polo tanto que este é un ámbito onde as mulleres somos unha minoría, e isto é un problema: estamos perdendo potencialmente o talento das mulleres que son afastadas, por un motivo ou por outro, deste campo, e estas mulleres están a perder oportunidades nun sector en auxe na sociedade na que vivimos.
O propio Ministerio de Economía e Competitividade recoñece o papel protagonista das Tecnoloxías da Información no desenvolvemento das economías e sociedades modernas, xerando un valor bruto de máis dun 20% do PIB. Na miña opinión, estas porcentaxes tan baixas de mulleres en informática débense a diversos factores, e especialmente ao descoñecemento da carreira e da profesión da sociedade en xeral e os estereotipos de xénero que seguen a prevalecer na elección da carreira universitaria.
Ademais, existe unha imaxe preconcibida dos informáticos que non se asemella nada á realidade. En contra do estereotipo de persoa friki, asocial e que está pechada na súa habitación cun ordenador, os enxeñeiros en informática deben ter grandes habilidades sociais, xa que adoitan traballar en equipo, e moitas das veces en proxectos multidisciplinares. Teñen que traballar moi directamente con clientes, entendendo as súas necesidades. Existe un descoñecemento xeneralizado do que significa e achega a enxeñaría informática na nosa sociedade, fomentado en parte polo estado no que se encontra na actualidade a nosa profesión. E non quero entrar aquí no debate sobre a lei de servizos profesionais e a enxeñaría en informática porque daría para outra entrevista extensa...

Que proporías como solución ou como estímulo para unha maior incorporación?
Levamos anos intentando buscar solucións para incorporar máis rapazas cada ano as nosas aulas, pero parece que non somos capaces. Como sociedade cremos que os estereotipos de xénero xa están superados, pero aínda hai quen pensa que a informática é cousa de homes. Unha estudante da nosa facultade comentounos que o seu orientador do instituto intentou disuadila de que estudase a carreira con ese argumento. É de agradecer que ela non lle fixese caso.
Con respecto a isto, creo que faltan referentes femininos que sirvan de modelos a futuras estudantes, e en xeral, a toda a sociedade. Toda a sociedade coñece nomes de homes de éxito no mundo da informática: Bill Gates, Steve Jobs, Mark Zuckerberg e un largo etcétera. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo. Ou quen sabe que HP ou Microsoft España están presididas tamén por mulleres? É necesario que as mozas coñezan que existen mulleres liderando empresas do sector.
Na Facultade de Informática, e dentro da nosa capacidade, intentamos non perpetuar os estereotipos que antes comentaba, e nas xornadas de orientación universitaria e nas visitas que fan os estudantes de instituto á facultade sempre participamos mulleres, de forma que vexan que a carreira non é unha carreira de homes. E ademais tentamos transmitir o papel das tecnoloxías da información na sociedade e a posibilidade de traballar en calquera ámbito. Problema é que esta información xa chega tarde, no alumnado de secundaria xa observamos que existen diferenzas en canto ao interese pola carreira por parte de estudantes.

Marissa Mayer, presidenta de Yahoo

É necesario polo tanto transmitir estas ideas ás rapazas moito mais novas, e en iso tamén intentamos colaborar. O próximo día 24 de abril é o International Girls in ICT Day, día internacional das rapazas nas TIC, e celebraranse máis de 2700 eventos en 121 países. Nos participaremos no organizado polo CESGA en Santiago, polo que animo a todas as rapazas a que participen no evento e descubran as posibilidades que ofrece o sector TIC.

Que che levou a ti a interesarte por este campo? Como llo venderías a calquera rapaz ou rapaza que poida estar dubidando se estudar Informática?
Como eu non podía ser menos, dentro do descoñecemento xeral da profesión, eu entrei cunha idea da carreira diferente á realidade. Eu entrei na carreira atraída polas ciencias da computación, pola algoritmia, non tanto polo seu aspecto de enxeñaría, que é o que máis descoñece a sociedade. E é precisamente este aspecto, no que se aprende a planificar, deseñar, desenvolver e manter sistemas complexos o que agora mesmo valoro máis da miña formación. Tratar con clientes, analizar os requisitos que debe ter o sistema, estimar os recursos necesarios para o seu desenvolvemento,…
Con respecto a como se pode vender a Enxeñaría Informática, vouche dicir o que eu digo a todos os estudantes que veñen a visitar a Facultade de Informática da UDC, e que mesmo está escrito na información sobre o noso estudo na web. Eu creo que a Enxeñaría Informática é un traballo apaixonante, que ofrece oportunidades de traballo en contextos moi diversos e fomenta a innovación en todas as ramas da ciencia. É parte de todo o que nos rodea, e despois de estudar a carreira podes encontrar traballo alí onde máis te motive, xa sexa na investigación computación, ou en empresas dedicadas á biomedicina, á aeronáutica… Ademais, é un campo moi estimulante, xa que é case imposible predicir como será o futuro.

Estudantes da Facultade de Enxeñaría de Bilbao. Axencia EFE.

E, por suposto, o argumento que pode ter un maior impacto neste momento de crise e paro no que nos encontramos é a alta empregabilidade dos enxeñeiros en informática, cun 91,77% traballando, atopando o primeiro emprego nunha media de 2,46 meses desde que se empeza a buscar traballo. O número de ofertas de traballo no campo da informática segue crecendo: segundo as estimacións será o campo con maior potencial de xeración de novos postos de traballo, cun número moito maior que os demandantes de emprego neste sector. Sen esquecer a posibilidade de establecerse por conta propia, que é moito máis doado que en outros campos. Teño moitos compañeiros que crearon a súa propia empresa con éxito nestes momentos no que moitas outras empresas doutros sectores están pechando.

Como valoras o desenvolvemento da TIC en Galicia? Estamos aproveitando todas as oportunidades que se abren neste campo como deberíamos?
Segundo a miña opinión, Galicia está a superar na boa dirección con respecto ao desenvolvemento TIC, superando as tradicionais barreiras xeográficas que supoñen estar nunca rexión ata agora periférica. Creo que as autoridades son conscientes da necesidade de potenciar esta Sociedade da Información. Está habendo investimento en modernización, e parece que estamos a converxer coa Unión Europea no emprego das tecnoloxías da información e das comunicacións. Por suposto quedan moitos sitios onde mellorar e potenciar o seu uso, pero creo que imos na boa dirección.

Somos conscientes e aproveitamos todas as posibilidades que abre o Big Data?
Eu creo que si somos conscientes, e dende todos os ámbitos está xurdindo interese polo Big Data: gobernos, empresas,  investigadores, … Sabemos que existe información moi valiosa oculta en grandes volumes de datos que se obteñen de moi diversas fontes, por exemplo transaccións diarias en bancos, supermercados, compras online, interaccións en redes sociais, acceso a páxinas web, sensores, e un moi largo etcétera. Por exemplo, unha rede de supermercados analiza os patróns de comportamento dos seus compradores para mellorar as súas vendas, ou un banco pode analizar e determinar comportamentos anómalos para detectar fraudes. Os gobernos intentan analizar os comportamentos das persoas para detectar posibles criminais. Analizando os casos pasados, podemos intentar predicir o futuro, e, xeralmente, cantos máis casos poidamos analizar, mellor será a predición.
O problema e que non sempre se sabe como extraer esa información dos datos, ou non ten os medios técnicos para facelo (sobre todo dependendo do big que sexan os datos) ou directamente os datos non teñen a calidade suficiente para poder obter coñecemento deles. É un campo de investigación en crecemento, con moita interese por parte dos organismos tanto públicos como privados, polo que eu auguro avances significativos nestes próximos anos.




Sistema operativo Linux, creado por un estudante da Facultade de Informática de Helsinski

Fixeches varias estadías no estranxeiro. Tras a experiencia, e en termos comparados, como valoras a formación e a investigación que se realiza nas nosas facultades?
A verdade e que puiden coñecer de primeira man realidades tan distintas como as que se encontran na Universidade de Chile, Universidade de Helsinki (Finlandia) e Universidade de Waterloo (Canadá). Todas elas importantísimas universidades onde estudaron ou traballaron gañadores de Premios Nobel, e por tanto, todas teñen unha formación académica de alto nivel, pero que viven en moi diferentes realidades. Por exemplo, a formación académica en Finlandia é unha das mellores, ademais de ser gratuíta tamén no ensino superior. En Chile, pola outra banda, vivíronse intensas mobilizacións de estudantes, unha de elas coincidiu cando eu estaba alí, que reclamaban un cambio do sistema educativo superior cun maior gasto público en educación superior que evite que os estudantes teñan que pagar unha porcentaxe moi ampla do custo da súa educación, que acabe cos préstamos universitarios abusivos que tiñan que solicitar. Ademais, existen universidades de gran prestixio, como a Universidade de Chile, pero moitísimas universidades pequenas e privadas cunha calidade discutida, igual que os seus fins supostamente sen ánimo de lucro pero controladas por grupos empresariais.
En todo caso, toda elas gozan dunha mellor saúde, comparada coa universidade española, en canto ás posibilidades para os investigadores novos. Teño compañeiros que, vistas as escasas posibilidades que existen aquí, están marchando a eses países para poder seguir traballando no seu. Na actualidade, España sufre un importante problema de financiamento para investigación.O mellor do sector TIC ao que pertencemos é que a nosa investigación pode ser aplicada en moi diversos sectores, polo que actualmente explotamos a nosa investigación en convenios con empresas ou outras entidades, potenciando a transferencia da investigación á sociedade.

 

05/02/14

24 symbols



Cos malos tempos que corren, non vén mal ter a man libros dixitais para ler de xeito gratis e legal. Ademais dos enlaces que tedes na nosa páxina de ebooks, volvemos recomendar ós moi lectores unha web moi interesante: 24 symbols.

En 24 symbols tes unha chea de libros gratuitos (polo momento, 2000; son os que teñen a icona dun libro verde na esquina inferior dereita) de todo tipo, modernos e clásicos, de ficción e non ficción. Tes tamén algúns libros (os que teñen un ollo azul abaixo) dos que podes ler gratis o 10%, para ter unha idea de se che gustan ou non. E finalmente tes tamén libros só para os suscritores, o que eles chaman as contas "premium". As contas de pago custan a partir de 5€ ó mes (60€ anuais, 21€ trimestrais ou 9€ mensuais), segundo o tempo que contrates.

O que diferencia 24 symbols doutras webs con libros electrónicos é que aquí non descargas nada: a lectura é sempre online, e podes ler dende distintos dispositivos, esteas onde esteas... con conexión a internet. Para ler libros sen conexión, precisas unha conta de pago.

Non hai dúbida de que a conta gratuita é unha moi boa idea para todos os que temos conexión no noso móbil, tableta ou ordenador. A conta de pago, especialmente a anual, pensamo que compensa se les moito.

Se todo isto non vos chega, aquí tedes un par de vídeos que vos explican como vai 24 symbols:




04/02/14

O vento que zoa

Xa levamos uns cantos temporais seguidos e o vento zoa que mete medo, non si?
Nesta páxina tedes unha animación impresionante que nos dá o vento que hai agora mesmo en calquera punto do globo:



13/11/13

internet.gal





Despois de sete anos de traballo, por fin temos (ou teremos, a principios de 2014) o dominio .gal para todos aqueles interesados en usar ou promover o galego en internet ou para aqueles que se dirixen a un público galego.

Reproducimos a noticia publicada en praza.com (que será próximamente praza.gal?):

O dominio galego na Rede xa está aquí. A Icann, a corporación que goberna as direccións da Internet, vén de asinar o contrato de creación do dominio .gal, tal e como anuncia a Asociación Puntogal, que asinou xa o documento coa Icann que "significa a culminación de sete anos de traballo nos que toda a sociedade galega se uniu para conseguir un distintivo de máximo nivel na Internet". Así, e tal e como destacan, desde o pasado venres o .gal "xa non é unha candidatura, senón o operador dun rexistro da Internet".

 Os seguintes pasos para a Asociación Puntogal consisten nunha serie de probas técnicas obrigatorias antes da apertura do rexistro de direccións. Grazas a este contrato asinado, os dominios .gal "poderán comezar a rexistrarse  a comezos de 2014". O colectivo a prol do dominio galego detallará en breve cada unha das fases nas que estará dividido este proceso ata que, dentro de poucos meses, se poida navegar xa por enderezos plenamente galegos.

O documento publicado na web da Icann aclara que o .gal "nace para servir a comunidade lingüística e cultural galega". O contrato establece  que este grupo está formado por aqueles que "usen -ou se comprometan a usar- o galego nas súas comunicacións en liña, ou promovan os diferentes aspectos da cultura galega na rede ou dirixan especificamente as súas comunicacións e servizos a esta comunidade".

Este dominio é o primeiro de Internet aprobado para un grupo lingüístico e cultural dende a aprobación do .cat en 2005, o que supon, para a asociación, "un fito histórico que achegará beneficios económicos, culturais e simbólicos ao país". Segundo Puntogal, que as webs poidan identificarse como galegas "contribuirá a aumentar o prestixio da sociedade galega, da súa cultura e do seu idioma, aumentando a autoestima entre os propios falantes e o interese polo noso idioma entre a comunidade internacional. Os portais web mellorarán a súa posición nos buscadores e o seu tráfico aumentará".

Tamén destacan as vantaxes no ámbito económico, xa que o diñeiro que hoxe marcha do país ao rexistrar outros dominios "quedará en Galicia, xerando coñecemento e riqueza". O contrato asinado co Icann establece que Puntogal é unha organización sen ánimo de lucro, que "reinvestirá todos os beneficios en fomentar o galego nas novas tecnoloxías".

Puntogal agradece "o alento sostido das principais entidades e instucións galegas en todo este tempo así como o apoio constante da administración autonómica e os premios recibidos nas últimas semanas". Pero ademais, quere destacar que todo este apoio e recoñecemento "non tería sido suficiente" para lograr o obxectivo "de non contar co respaldado de toda a sociedade, que se uniu para lograr situar a súa lingua na primeira liña da Internet". "O dominio é voso", rematan.

Agora haberá un periodo transitorio de entre 6 e 9 meses que servirá para fixar o prezo definitivo dos dominios e para establecer as reservas de nomes. Certas institucións públicas e entidades culturais terán dereito neste tempo a reservar o seu dominio antes de que calquera outro poida adquirilo e o mesmo pasará con determinadas marcas comerciais e empresas con marca rexistrada. Unha vez que se supere esta fase, ao redor de marzo, a convocatoria abrirase a todos e todas e calquera persoas poderá rexistrar o seu dominio punto gal. Os responsables da asociación calculan que ao longo de 2014 se rexistrarán cando menos entre oito e nove mil dominios. Nos seus primeiros cinco anos de existencia, o dominio .cat superou as 50 mil páxinas e converteuse nunha marca de país para todas as iniciativas, entidades e corporacións catalás.

 Fonte: Praza pública

Asociación puntogal

06/05/13

Apps para inglés

 Gracias ós móbiles e tabletas co sistema operativo Android, podemos utilizar moitas "apps" ou programas de balde. Hoxe imos falar dun par de apps que nos axudan a aprender e practicar os verbos irregulares ingleses.


A primeira delas chámase "Verbos irregulares del inglés" e é do desenrolador "inglesdivino". É unha aplicación básica pero fácil de usar e de entender que nos presenta os verbos nunha lista coa súa traducción e o audio coa pronunciación. Podemos facer listas personalizadas (os máis usados, os que entran no examen, os que nos custa máis lembrar...) e practicalos todos ou só os dalgunha lista. O único punto negativo é que as traduccións non son como para botar foguetes e teremos que recurrir ó diccionario para asegurarnos do seu significado.
















 A segunda aplicación que vos propoñemos é "Verbos irregulares", de Sergeev Sergey. Esta é máis completa, pero tamén un pouquiño máis complicada de usar. Presenta os verbos nunha lista alfabética (con traducción e audio) pero tamén podemos velos e practicalos doutro xeito: por grupos con similitudes (por exemplo, o grupo 3.2 son os que forman o pasado e o participio en "-ought"). Por esta razón é máis recomendable que o anterior, pois é máis fácil aprender os verbos así que nunha lista alfabética, pero teredes que usar a app para comprobar se vos gusta ou non.








29/01/13

Ler libros online

En papel ou en pantalla, de día ou de noite, sós ou en compañía, 

de amor ou de misterio... o importante é ler. 

Imaxe atopada aquí.

Alguén preguntounos como e onde ler libros en internet. Hai varios portais que nos permiten ler libros gratis dende calquera sitio sempre e cando teñamos conexión, así que imos ver 3 moi distintos na súa filosofía:

- Leer libros online: web totalmente gratuita onde podemos atopar moitos libros para ler online... completamente rodeados de publicidade (de algo teñen que vivir os que fixeron a páxina!). En realidade, os libros téñennos aloxados en issuu.com; o bo é que non hai que abrir unha conta nin darse de alta, pero o malo é que a web non lembra onde deixamos a lectura e teremos que levar a conta nós para poder seguir lendo. De tódolos xeitos, é un bo sitio como mínimo para botarlle un ollo a un libro antes de mercalo.
É probable que este sitio acabe desaparecendo xa que sospeitamos que non é totalmente legal, así que aproveitade mentras dure.
Enriba de todo hai varias pestanas con categorías, hai tamén un buscador e unhas listaxes de categorías e de etiquetas á dereita que van axudarnos a atopar o que buscamos ou o que nos gusta.
Exemplos de libros que contén: todos os de Moccia, Juego de tronos (George R. R. Martin), Las crónicas de Narnia (C. S. Lewis), Crónicas vampíricas (L. J. Smith), libros de Laura Gallego, Saramago, Poe, Orwell... e de todo!



- 24 symbols: esta web funciona por suscrición, aínda que ten algúns libros gratuitos. Unha vez feita unha conta, podemos elexir entre ler libros gratis (os que non teñen ningún logo enriba) ou pagar unha cantidade mensual, trimestral ou anual para ler cantos libros queramos (a partires de 5€ mensuais). Non precisamos nin podemos descargar nada, só funciona con conexión a internet; o bo é que cada vez que nos conectemos e abramos o noso libro, a web lembrará onde paramos de ler e poderemos seguir dende aí. Hai libros en castelán, catalán, inglés, francés, italiano, portugués, alemán e holandés. Galego, non. Recoméndase explorar as distintas categorías e as recomendacións para atopar máis libros gratis.
Exemplos de libros gratuitos: El médico (Noah Gordon), Orgullo y prejuicio (Jane Austen), Los crímenes del museo (T. García Yebra), Hamlet (Shakespeare).





 - Booquo: esta plataforma de Círculo de Lectores é unha tenda de libros electrónicos (tamén películas e revistas) que ten un sistema de suscrición (chamado "premium") para ler libros online. Cunha cota de 10€ mensuais (8€ para os membros do Círculo de Lectores) temos acceso ilimitado a unha selección de libros. Os libros e revistas que lemos gárdanse na nube e podemos acceder a eles dende calquera sitio, pero tamén podemos descargalos a dispositivos móbiles (tableta, ebook, móbil...), en realidade ata 5 dispositivos por cliente. É unha boa idea se ledes moito, pois tedes tarifa plana por 10€ ó mes. Para os menos lectores, probablemente non compense. Por outra banda, a selección de libros premium non é amplísima, así que hai que velo con lupa antes de darse de alta, ou probar un mes...
As películas, para ver tamén online, son baratas, pero tampouco podemos descargalas.
Exemplos de libros da biblioteca premium: Tiempo entre costuras (María Dueñas), La guitarra de John Lennon (Jordi Sierra i Fabra), La huella del hereje (Laura Gallego), La playa de los ahogados (Domingo Villar). Non atopamos ningún libro en galego na selección premium.




11/12/12

Búsquedas no noso catálogo

Xa que seguides preguntándonos se temos tal libro ou tal outro, imos facer un pequeno recordatorio de como buscar libros no noso catálogo.
Para empezar, debemos ir á web da biblio; podedes buscala en google ou, para ir máis rápidos, podedes acceder dende este blog: na columna da dereita tedes esta icona do proxecto Meiga co acceso directo



Así chegamos a esta páxina da nosa biblioteca, con todo o catálogo informatizado ó noso dispor:

Aí veredes o buscador na parte superior esquerda:


É importante que en vez de buscar por lista alfabética escollades "Frase ou texto" en "Buscar por", e que se o título empeza por un artigo (por exemplo, O neno do pixama a raias) non poñades o artigo. Deste xeito, podemos poñer palabras soltas se non recordamos o título exacto; por exemplo, para atopar O neno do pixama a raias, podemos escribir calquera destas cousas na caixa do buscador:
 - neno
 - pixama
 - pixama a raias
 - neno do pixama a raias

Sen embargo, se escribimos "o neno do pixama" non aparecerá (por ter posto o artigo), nin o atoparemos se nos equivocamos e poñemos "neno CO pixama DE raias". Polo tanto, cantas menos palabras poñamos, mellor!

Que ocorre se queremos saber se hai títulos de Conan Doyle? Pois chegaría con escribir "conan" marcando primeiro "Frase ou texto" e "Autor" en vez de "Título". E o mesmo con calqueira autor.

Podedes probar as outras opción do menú "En:" (materia, editorial...) pois permiten atopar, por exemplo, libros de detectives, de amor, etc. aínda que non saibamos nin título nin autor.


22/10/12

Cogumelos 2.0


Xa estamos en época de saír ó monte a coller cogumelos! O tradicional é levar unha cesta, un coitelo e unha guía de campo para asegurarnos das dúbidas, pero se tedes un móbil ou unha tableta con Android podedes aforrarvos ó libro grazas ó programa Micokey.




Micokey é unha guía que inclúe as 255 especies de cogumelos máis comúns en Galicia (e prometen que o número seguirá crecendo). As fichas conteñen os nomes científicos e populares dos cogumelos, indican se son comestibles e amosan unha imaxe acompañada dunha descrición.

Máis información en Mallando no Android e na páxina de descarga do aplicativo.


11/06/12

As pirámides, en 3D

Neste enlace tedes acceso a unha nova web que nos permite percorrer as pirámides, por dentro e por fóra, en 3D, un xeito barato e cómodo de viaxar a Exipto sen sufrir o calor que fai alí!

Necesitades un ordenador con Windows e 2 gb de RAM. Para velo cun Mac, tedes instruccións aquí.

Esta é unha mostra do que podemos ver:





Coidado, que din que engancha!

07/05/12

Doodle para Valentín Paz Andrade

Hai unha iniciativa para pedir que o logo de Google estea adicado ás letras galegas e a Valentín Paz Andrade o 17 de maio.
Se queredes asinar para apoiar esta iniciativa, podedes facelo aquí.

Esta é a carta de petición:

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalía llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), lembra deste xeito aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente”.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Este ano 2012 vai estar adicado a Valentín Paz Andrade, avogado, empresario, político, poeta e xornalista.
Nacido en Lérez (Pontevedra) no ano 1898, Paz Andrade escribiu en galego e castelán ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. Como poeta pertenceu á Xeración de 1925.
Para facerlle ver a Google o apoio popular a esta iniciativa, pedimos a vosa firma.
Gracias de antemán.

03/02/12

Vagos, pero con inxenio!

Hoxe imos ver un inxenioso, complicado (neste enlace, o esquema) e orixinal xeito de pasar a páxina do xornal. O malo é que é dun só uso!





Miña nai! O que fai ter tempo libre!


Xa que falamos de pasar páxina, seica o instituto de investigación en tecnoloxías da información KAIST leva un tempo deseñando sistemas para que ler un libro electrónico dea unhas sensacións parecidas a ler un libro de papel. En concreto, adicaronse a implantar, do xeito máis natural posible, movementos como pasar follas rapidamente ou poder pasar varias follas de cada vez. Agora hai que esperar a ver canto tarda en chegar isto ós nosos libros electrónicos e tabletas:



13/01/12

Wordle



Isto que ves é un resumo gráfico do conto Pedro e o lobo que publicamos hai un tempo, no que aparecen máis grandes as palabras que son máis frecuentes no texto. Este tipo de collage non está mal como portada dun traballo, para facer unha camiseta ou para ver gráficamente que palabras se repiten máis en calqueira texto, e ademais molan. Xa sabes facelos? Hai varias webs que os fan; nós usamos Wordle. Só tes que pegar ou escribir o texto (ou mesmo dar un enderezo de internet) e xogar coas opcións que nos dan. Se premes en "Randomize" irá facendo variacións ó chou, pero no menú superior podes cambiar o tipo de letra ("font"), o deseño ("layout") e a combinación de cores ("color").

E unha vez feito, que facemos con el? Se decides gardalo na galería pública, o teu deseño estará dispoñible para calqueira, e poden mesmo usalo con fins comerciais. O que recomendamos é gardalo no teu ordenador, pero para iso hai que dar un par de pasos:
  1. Preme "Open in window" para que se abra o teu deseño nunha nova ventana. 
  2. Maximiza a ventana todo o que poidas.
  3. No teu teclado, pulsa á vez a tecla de maiúsculas e "Impr" (está por riba de "supr", "inicio"...) para copiar a imaxe á memoria do ordenador.
  4. Abre calqueira programa de imaxes (mesmo o Paint, Photoshop...) e pega o que hai na memoria (botón dereito do rato --> Pegar, ou Control + V). 
  5. Agora xa podes gardar o teu deseño e facer con el o que queiras, e incluso seguir experimentando no Wordle con novas combinacións para o mesmo texto.
 Se queres enviarnos os deseños que fagas, estaremos encantados de publicalos aquí, e seguro que os profes estarán felices se lles pós un destes no teu próximo traballo ;-)

10/11/11

Da súa boca á nosa orella



O curso pasado tivemos a visita do escritor Francisco Castro, que fixo a delicia de todos. Lembrades? Hoxe traémosvos un fragmento da súa novela O segredo de Marco Polo lido por el mesmo. Nos está mal iso de que nos lean, eh?






Temos ademais unha entrevista en vídeo un pouco máis seria da que lle fixechedes vós ;-)





Se tedes curiosidade polos audiolibros, aquí tedes unha boa colección deles. Disfrutádeos!

06/04/11

A vella editorial, dixital

Fonte: xornal.com

A editorial da Universidade de Santiago, a máis antiga de Galicia -publicou as Fiestas Minervales na honra de Alonso III de Fonseca en 1697-, vén de estrear a súa libraría dixital, denominada Espazo Ebook. O escaparate, segundo informou a institución nun comunicado, é unha parte fundamental do proxecto dixital do Servizo de Publicacións, que arrancou en 2008 coa incorporación de boa parte do seu fondo a Google Books Search.
En 2009, o servizo integrouse, xunto coa biblioteca universitaria, no repositorio institucional universitario en aberto, un proxecto que adquirirá, informa a USC, un desenvolvemento moi importante. En 2010, finalmente, integrouse no proxecto Unebook, a plataforma colectiva de ebboks universitarios auspiciada pola Unión de Editoriales Universitarias (UNE).
Xunto coa apertura de Espazo Ebook, a USC ten previsto asinar un novo acordo con Google Books que suporá, "xa non só o mero acceso informativo aos libros, senón a súa distribución comercial a través do xigante de internet".
Espazo Ebook inaugúrase con preto de cincuenta novidades dos anos 2009, 2010 e 2011 en formatos PDS e EPUB, descargables para monitores, portatextos e móbiles e co denominado "DRM social", é dicir, un xestor de dereitos dixitais que non esixe descargar ningún software especial e incorpora unha "marca de auga" que permite identificar todos os datos da descarga.
A nova libraría dixital da USC será presentada este venres polo reitor da USC, Juan Casares Long; o vicerreitor de Cultura, Javier Garbayo; e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés.

Acceso ó Espazo eBook

.

02/12/10

La información está en "las nubes"

La creciente tendencia a guardar la información digital en páginas web reporta numerosas ventajas pero exige tomar precauciones para garantizar la privacidad

Antes de que la revolución eléctrica alumbrara los hogares con tan sólo pulsar un interruptor, sin que importara dónde se generaba esa electricidad ni cómo llegaba hasta los distintos hogares, los domicilios disponían de su propio generador eléctrico. Actualmente, la informática vive una evolución similar. Cada vez es más habitual que los usuarios tengan documentos, vídeos, fotos o incluso sus programas informáticos, como procesadores de texto o editores de imágenes, no en su ordenador doméstico, sino en servidores externos a los que pueden acceder con facilidad con sólo teclear una dirección en cualquier navegador. El sistema 'nube de computación' ('cloud computing') está haciendo que la línea entre nuestro ordenador e Internet sea cada vez más difusa.
Hasta hace pocos años toda la información utilizada por el usuario se almacenaba en el disco duro del ordenador y, como excepción, se utilizaba Internet para enviar archivos de un ordenador a otro. Pero en estos momentos, canciones, películas o archivos se pueden 'subir' a los servidores de servicios como Youtube o Flickr, de manera que el disco duro se vacía con rapidez. De esta manera, el ordenador deja de ser el centro de la actividad digital del internauta para convertirse en el vehículo de acceso a los distintos sitios web donde se guarda y se comparte la información con otros usuarios.


Principales ventajas

 

Subir fotos y vídeos a servicios como Flickr (que sirve para crear y compartir álbumes de fotos on line) y Youtube (cuya finalidad es idéntica pero con vídeos) o a una red social como Facebook tiene muchas ventajas. Por un lado, descarga el disco duro del ordenador, de manera que permite destinar este espacio a otros archivos que puedan ser más importantes como los relacionados con el trabajo. El disco duro tiene un espacio limitado, mientras que los servicios web ofrecen en su conjunto una capacidad de almacenamiento casi infinita. Esta práctica garantiza a su vez que siempre que el ordenador sufra algún daño o destrucción parcial la información no se vea afectada porque se guarda en otro lugar. Ejercen, en muchos casos, de copia de seguridad. Por otro lado, los servicios de correo web como Gmail, Hotmail o Yahoo! Mail, que destacan porque guardan todos los correos enviados y recibidos con los archivos adjuntados en ellos, o Zyb, que también almacena todos los contactos de teléfono y direcciones de correo electrónico, aseguran que gran parte de la información sensible del usuario no se perderá. Lo mismo sucede con Flickr y Photobucket para las fotografías, o con suites ofimáticas como Google Docs o Zoho, donde se puede guardar y trabajar sobre toda suerte de documentos escritos con sólo apretar un botón.

Otra ventaja que conlleva guardar la información en las plataformas de la Red es que se encuentra más accesible, con independencia del lugar en el que se halle el usuario y sin necesidad de cargar con el ordenador doméstico. Basta con utilizar el equipo informático de un amigo, el de un cibercafé e, incluso, de un móvil y llegar a la información guardada on line. Los datos almacenados en el ordenador sólo se pueden consultar desde el propio ordenador, pero a la 'nube' se puede llegar desde cualquier aparato con conexión a Internet.

Por último, este sistema también proporciona la posibilidad de compartir los archivos con otros usuarios. Basta con enviar una clave de acceso al servicio a nuestros contactos para que ellos entren y disfruten de los vídeos, se deleiten con las fotografías o escuchen canciones. Los internautas pueden buscar lo que les interesa y se evita así sobrecargar el ancho de banda con pesados archivos que ralentizan la navegación. En lugar de enviar por email las fotos de las vacaciones a todos los amigos y familiares, el usuario puede limitarse a indicarles dónde encontrarlas. Eso sí, protegidas con una clave para que sólo ellos puedan verlas.


Cuidar la privacidad

 

Aunque sus ventajas son indiscutibles, estos servicios que facilitan el acceso a la información no están exentos de riesgos y conviene tomar precauciones, sobre todo, en el ámbito de la privacidad. No hay que olvidar que cuando se utilizan las llamadas plataformas de la Internet Social para guardar y compartir información se confía esta misma información a terceras empresas. Son ellas las que deben garantizar mediante contrato que no harán uso ilícito de los datos y la información privada que se les han confiado, ni la venderán para fines publicitarios (spam) o de otra índole. Antes de publicar algún dato en estos servicios, conviene leer con detenimiento las condiciones de uso.
Bajo la premisa de que toda precaución es poca, la mejor medida de seguridad que se puede aplicar es el sentido común. Hay que ser conscientes de que la información guardada en un determinado servicio puede poner en peligro nuestra privacidad, así como violar los derechos de otras personas. Por norma, se recomienda no subir sin pedir permiso de los afectados o protagonistas archivos que no sean propiedad del usuario, afecten a la imagen de otras personas o estén sujetos a licencias de uso restrictivas.


Servicios especiales

 

Existen determinadas plataformas diseñadas con la función específica de hacer copias de seguridad del disco duro del usuario. Además de ofrecer sus servidores para subir archivos permiten sincronizarlos de manera automática con la información que se halla en el ordenador, de forma que cualquier cambio queda reflejado en la copia de seguridad. Son servicios muy seguros y la probabilidad de que los datos sean robados es mínima. La mayoría disponen de una versión gratuita básica, con límite mensual de subida y almacenamiento, y otra versión de pago que ofrece almacenamiento ilimitado y la posibilidad de subir un mayor número de archivos al mes. Los más destacados son Drop Box, Wuala, Mozy y Windows Live Mesh, integrado dentro del servicio Windows Live de Microsoft.

Artículo publicado en Eroski Consumer

.