Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación. Amosar todas as publicacións

03/11/17

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas Escolares con diferentes actividades:

    1. Visitamos a Biblioteca Pública de Porriño.
        Os nenos estiveron cun personaxe que viña doutro planeta.



    2. Formamos aos usuarios da Biblioteca.
        Todos os cursos baixaron á Biblioteca para aprender, a través de distintas actividades, como é o   seu funcionamento.

 
 





    3. Fixemos un obradoiro artístico para decorar con cores o noso cole. Os máis grandes axudaban aos máis pequenos. Aprendemos xogando e traballando.
 
 


    4. Anunciamos o gañador do concurso "Mascota para o Noso Cole"--> "RIBEDINO" e fixemos unha exposición coas mascotas feitas polos nenos.




29/03/17

100 anos de TBO


    
    
   


  En marzo de 2017 se cumplen cen anos da aparición de TBO, a revista de historietas que deu nome aos tebeos. Nela colaboraron algúns dos máis destacados ilustradores e historietistas do país, e nas súas páxinas publicáronse series tan populares e emblemáticas como "Los grandes inventos de TBO" ou "La familia Ulises". 

   





    Aproveitando o centenario da súa aparición, este libro pretende ser unha homenaxe tan sentida como merecida. Nel repásase a súa historia, os seus autores de referencia, as series máis coñecidas, e todo cheo de anécdotas e información exhaustiva. En definitiva, este é o gran libro que se merece esa parte importante do noso legado histórico e cultural que é a revista TBO.



PREME NA IMAXE SE QUERES SABER MÁIS


21/03/17

Poesía visual na "biblio"



     Os nenos e nenas do cole participan no obradoiro de poesía visual "Proxecto Caligrama 2000" que o poeta e educador David Fernández Rivera está a impartir nestas datas en varios centros de O Porriño.

    O alumnado aprende con el a descubrir o mundo da poesía dende unha perspectiva novedosa interactuando cos seus compañeiros e poñendo en valor os seus propios sentimentos.









   
    Agradecémoslle que sexa quen de espertar a imaxinación e o gusto pola poesía nos nosos cativos.

12/03/17

XVIII Salón do Libro: "O mundo que queremos"

https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAXzBkTnBFMFZfYUE/view?usp=sharing
    Do 10 de marzo ao 2 de abril, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, no que colexios de toda a comunidade participarán activamente.
    Están programadas máis de 300 actividades entre as
que se inclúen obradoiros de distinto tipo, obras de teatro, concertos de percusión con instrumentos feitos con materiais reciclables, películas, cursos e charlas.

    Preme na imaxe para ver ou descargar o programa.

06/03/17

Éxito da xornada de portas abertas

    A xornada de portas abertas celebrada na nosa biblioteca o día 22 de febreiro tivo unha moi boa acollida por parte dos pais e nais da nosa comunidade educativa que, en moitos casos, acudiron acompañados dos seus fillos cos que disfrutaron da lectura e mesmo levaron exemplares para ler nas súas casas.
    Animámolos dende aquí a que sigan vindo e participen dos nosos fondos bibliográficos.