22/04/11

50 poemas del milenio

Elexidos polos lectores da revista Qué Leer e publicados nun libro por Random House, a selección inclúe un só poema en galego: Campanas de Bastabales, de Rosalía, máis un en catalán e un en vasco.

Listado:


.

20/04/11

Percebeiros

A serie Human Planet, da BBC, adica un capítulo ós nosos percebeiros. Si, esta era a referencia que vos preguntamos fai uns días ;-)
Este vídeo, de catro minutos, é unha boa mostra do traballo destes homes.

15/04/11

Arte en feminino



Con A de arte, de fémina e de Galiza, chegou á nosa biblioteca a exposición de mulleres pintoras e escultoras que organizamos coa excusa do Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo). Nela podes ver expostas obras de artistas galegas e ter á túa disposición varios libros adicados a artistas de recoñecido prestixio mundial (Maruja Mallo, Frida Kahlo, Tamara de Lempicka, etc.) e estudos sobre o papel da muller na historia.
Agora só falta emulalas!




13/04/11

Chamádeme escritor

"Non me considerei escritor ata que tive catro ou cinco libros publicados".



O pasado 12 de abril, Francisco Castro, autor de O segredo de Marco Polo e de Chamádeme Simbad, entre outros títulos, compartiu o seu tempo co alumnado de 3º e 4º de ESO cunha interesante charla. Neste encontro, os/as nosos/as lectores/as pudieron afondar nas técnicas que utiliza o escritor, noutros traballos da súa autoría,... e, a aqueles/as que non lles quedara na casa, tamén lles asinou e dedicou os libros.

Nos vos perdades as súas obras na nosa biblioteca! 








Recital Miguel Hernández

Lucía e Daniela, xogando cos versos.

Recital Miguel Hernández

Lembrádesvos da estrofa de onte? Esa que pertence ó poema que Miguel lle dedicou a Lorca . Aquí vai outra, esta vez recitada pola vosa compañeira Marta.

12/04/11

Recital Miguel Hernández

Aquí Susana nos recita unha estrofa do poema que Miguel Hernández dedicou a Federico García Lorca, despois de enterarse de que fora  asasinado. 

06/04/11

A vella editorial, dixital

Fonte: xornal.com

A editorial da Universidade de Santiago, a máis antiga de Galicia -publicou as Fiestas Minervales na honra de Alonso III de Fonseca en 1697-, vén de estrear a súa libraría dixital, denominada Espazo Ebook. O escaparate, segundo informou a institución nun comunicado, é unha parte fundamental do proxecto dixital do Servizo de Publicacións, que arrancou en 2008 coa incorporación de boa parte do seu fondo a Google Books Search.
En 2009, o servizo integrouse, xunto coa biblioteca universitaria, no repositorio institucional universitario en aberto, un proxecto que adquirirá, informa a USC, un desenvolvemento moi importante. En 2010, finalmente, integrouse no proxecto Unebook, a plataforma colectiva de ebboks universitarios auspiciada pola Unión de Editoriales Universitarias (UNE).
Xunto coa apertura de Espazo Ebook, a USC ten previsto asinar un novo acordo con Google Books que suporá, "xa non só o mero acceso informativo aos libros, senón a súa distribución comercial a través do xigante de internet".
Espazo Ebook inaugúrase con preto de cincuenta novidades dos anos 2009, 2010 e 2011 en formatos PDS e EPUB, descargables para monitores, portatextos e móbiles e co denominado "DRM social", é dicir, un xestor de dereitos dixitais que non esixe descargar ningún software especial e incorpora unha "marca de auga" que permite identificar todos os datos da descarga.
A nova libraría dixital da USC será presentada este venres polo reitor da USC, Juan Casares Long; o vicerreitor de Cultura, Javier Garbayo; e o director do Servizo de Publicacións, Juan Blanco Valdés.

Acceso ó Espazo eBook

.

31/03/11

Día do Libro Infantil

O 2 de abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, conmemorando o nacemento do escritor Hans Christian Andersen.
Cada ano a IBBY encarga un texto e un cartel para celebrar esta data. Deixámosvos ambos, asi como o enlace ó tríptico en tódalas linguas do estado.


O libro lembra
No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953).
“Primavera”  narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é enrealidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia.
Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época.
Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos.
Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo.
Os libros lembran a época na que foron escritos.
Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía.
Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles.
As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra.

Aino Pervik
Tradución ó galego de Eva Lozano Carpente

25/03/11

Libros galegos na nómina White Ravens 2011
A prestixiosa lista White Ravens, que anualmente fai unha selección do máis destacado da literatura infantil e xuvenil en todo o mundo, peneirou no que respecta a Galicia os libros de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, editado por Xerais, e a colaboración na escrita e ilustración de Carlos López e David Pintor baixo o título Contos para nenos que dormen deseguida, editado por Kalandraka.
Recoñecemento para "O pintor do sombreiro de malvas", de Marcos Calveiro, e Contos para nenos que dormen deseguida", de Carlos López e David Pintor   

Trátase dunha selección realizada cada ano pola Biblioteca de Múnic de entre o conxunto de literatura para cativos que se publica en todo o mundo.

23/03/11

Aunque tú no lo sepas (II)



Aunque tu no lo sepas
me he inventado tu nombre
me drogué con promesas
y he dormido en los coches.

Aunque tu no lo entiendas
nunca escribo el remite en el sobre
por no dejar mis huellas.

Aunque tú no lo sepas
me he acostado a tu espalda
y mi cama se queja
fría cuando te marchas.

He blindado mi puerta
y al llegar la mañana
no me di ni cuenta
de que ya nunca estabas.

Aunque tu no lo sepas
nos decíamos tanto
con las manos tan llenas
cada día más flacos.

Inventamos mareas
tripulábamos barcos,
encendía con besos
el mar de tus labios.

Y toda tu escalera.

Canción compuesta por Quique González para Enrique Urquijo, basada en el poema "Aunque tú no lo sepas", de L.García Montero. 

.

22/03/11

Aunque tú no lo sepas (I)

Spying Between Cups at ABC Carpet

Como la luz de un sueño,
que no raya en el mundo pero existe,
así he vivido yo
iluminado
esa parte de ti que no conoces,
la vida que has llevado junto a mis pensamientos...

Y aunque tú no lo sepas, yo te he visto
cruzar la puerta sin decir que no,
pedirme un cenicero, curiosear los libros,
responder al deseo de mis labios
con tus labios de whisky,
seguir mis pasos hasta el dormitorio.

También hemos hablado
en la cama, sin prisa, muchas tardes
esta cama de amor que no conoces,
la misma que se queda
fría cuanto te marchas.

Aunque tú no lo sepas te inventaba conmigo,
hicimos mil proyectos, paseamos
por todas las ciudades que te gustan,
recordamos canciones, elegimos renuncias,
aprendiendo los dos a convivir
entre la realidad y el pensamiento.

Espiada a la sombra de tu horario
o en la noche de un bar por mi sorpresa.
Así he vivido yo,
como la luz del sueño
que no recuerdas cuando te despiertas.
                            Luis García Montero  




.

19/03/11

Mil grullas para Japón



Me llamo Makiko. Soy una japonesa que vive en Madrid desde hace un año. Como sabéis, hubo un gran terremoto en Japón el viernes 11 de marzo. Este terremoto me ha afectado mucho emocionalmente. Hasta bien entrada la mañana del viernes no tuve noticias de mi gente, no sabía si estaban vivos o muertos. Japón se colapsó y durantes horas me fue imposible comunicarme con nadie. Aunque finalmente mi familia y amigos salieran ilesos, me sigue angustiando mucho ver las noticias que llegan desde Japón. Así que se me ha ocurrido una idea. El plan es que cada persona haga una grulla de origami. Para ayudaros, he hecho un vídeo explicando cómo se hace:


Las 1000 grullas from Makiko Sese on Vimeo.

Después, me gustaría que cada uno se hiciera una foto con su grulla y me la mandara a ésta dirección: las1000grullas@gmail.com
En Japón solemos hacer 1.000 grullas para que se cumpla un deseo. Por eso necesito vuestra ayuda para animar a mi país y especialmente a la gente que está en las zonas más afectadas por la catastrofe. Una vez que tengamos las mil grullas, se las enviarémos a nuestros amigos del norte de Japón, que tanta ayuda y tanto ánimo van a necesitar.
Muchísimas gracias por vuestro interés y espero que, entre todos y con este esfuerzo, podamos hacer que se cumpla este deseo.
Arigato ありがとう Makiko 真紀子



.

18/03/11

La gran luna llena de 2011

Deep of Field: Cómo fotografiar la gran luna llena de 2011: "El próximo sábado, 19 de Marzo de 2011, si el tiempo lo permite, se verá una luna un 14% más grande y un 30% más brillante de lo habitu..."

Unha de polis

A guía definitiva sobre a novela policíaca. Tódalas claves, recomendacións e reseñas, neste portal especial da Biblioteca Nacional de España.

16/03/11

La luna ignorante


¡¡Atención!! ¡Últimos días para disfrutar la maleta de poesía que nos ha cedido el Centro de Formación y Recursos del Profesorado!
Hay de todo y para tod@s, así que no te pierdas la expo en el rincón informal de la biblioteca.


DE QUE NADA SE SABE

La luna ignora que es tranquila y clara
Y ni siquiera sabe que es la luna;
La arena, que es la arena. No habrá una
Cosa que sepa que su forma es rara.

Las piezas de marfil son tan ajenas
Al abstracto ajedrez como la mano
Que las rige. Quizá el destino humano
De breves dichas y de largas penas

Es instrumento de otro. Lo ignoramos;
Darle nombre de Dios no nos ayuda.
Vanos también son el temor, la duda

Y la trunca plegaria que iniciamos.
¿Qué arco habrá arrojado esta saeta
que soy? ¿Qué cumbre puede ser la meta?
Jorge Luis Borges (1899-1986)




.

Agricultura ecolóxica

O venres 18 haberá no Porriño unha charla sobre agricultura ecolóxica, seguida por unha visita á finca de Biochousa, en Mondariz, o sábado 19. A charla está organizada polo colectivo Permacultura Louriña e contará con Hermindo e Sara, de Biochousa.
A cita é ás 19.30 no centro sociocomunitario da rúa Pio XII.

Para saber máis sobre permacultura, artigo na wikipedia.

.

15/03/11

Zapatos feitos a man

Deixamosvos un documento apabullante sobre as condicións laborais na India. Eses productos marabillosos que tan caros nos venden as mellores marcas non sempre están feitos en condicións mínimamente humanas, e como mostra un botón.

.

11/03/11

Mi hermanito de la Luna

Una niña nos habla del autismo de su hermanito. ¡Un vídeo precioso!



El autismo:
  • 1 de cada 150 niños en edades escolares presentan un cuadro de "autismo clásico".  
  • Afecta a 4 niños por 1 niña y se encuentra la misma proporción de casos de autismo en todas las clases sociales y en las diferentes culturas estudiadas.
  • Uno de los tipos de autismo es el síndrome de Asperger, cuyos afectados suelen tener talentos muy desarrollados.

    Famosos con rasgos autistas (la mayoría, con síndrome de Asperger):

    Sócrates, Charles Darwin, Albert Einstein, Isaac Newton, Andy Warhol, Hans Christian Andersen, Beethoven, Thomas Edison, Mozart, Van Gogh, Isaac Asimov, Alfred Hitchcock, Woody Allen, Bob Dylan, Bill Gate, Al Gore, Michael Jackson, Keanu Reeves, James Taylor.


    Personajes de ficción con rasgos autistas:


    Lisa Simpson, Mr.Bean, Eduardo Manostijeras, Sherlock Holmes, Phileas Fogg, Pipi Calzaslargas, Blas.



    Osquelemos recomendamos esta novela para comprender mellor o autismo e, ademáis, pasar un bo rato:


    É un libriño fácil de ler e ben curto, asi que non tes excusas!

    ÚLTIMA HORA: Os veciños de Santa María de Oia están en pe de guerra reclamando un coidador e persoal especializado para atender a unha rapaza con autismo no colexio público.Ogallás sexan escoitados!

    .

    10/03/11

    Planeta Humano



    Human Planet é unha nova producción da BBC que busca as condicións de vida máis extremas dun recuncho ó outro do planeta. O fotógrafo que acompañou ó equipo de rodaxe amosa neste vídeo unha selección das mellores fotos que fixo. Non volo perdades: son impresionantes!

    Se activades "Show captions" na esquina inferior dereita do vídeo, veredes os pes de foto con información sobre onde se fixeron. O vídeo está acompañado dunha explicación do fotógrafo, en inglés, pero non fai falta entender nada: as imaxes falan por si soas.

    E a primeira persoa que nos diga nun comentario que imaxe aparece de Galicia terá un premio xugoso.

    Web do programa con vídeos e algunhas das fotos, e máis información.

    .

    09/03/11

    A maldición dos vaqueiros





    Se queres apoiar esta campaña, podes asistir ó concerto solidario do 18 de marzo en Vigo. O concerto será na Fábrica de Chocolate ás 21.30 e contará cos grupos “Bandista” de Turquía, grupo membro do Comité turco de apoio ós traballadores do sandblasting, e o grupo galego “La acustikasesina” cunha entrada de 3 euros.

     

    Web da campaña No Sandblasting

    Outro artigo sobre o tema

    .

    08/03/11

    Día Internacional da muller


    O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, data escollida pola UNESCO desde 1977 para facer visible na sociedade o traballo e a loita da muller por conseguir os dereitos que secularmente lle foran negados, pola súa participación na sociedade en igualdade co home e o seu dereito a desenvolverse integramente como persoa.


    Malia ter mudado a situación da muller no último século, aínda é moito o camiño que queda por percorrer nesta loita por facer visible a muller na sociedade tanto no ámbito do social como do privado. E iso é tarefa de todos e todas!




    .

    06/03/11

    Caracolando

    Magín Estévez: Caracol Nocturno
    Descaracolero,
    no descaracoles el jardín de mis recuerdos…
    Caracoleado de caracoles
    que caracoleban caracoltentos.
    Y nosotros caracoleábamos también
    caracoltentos, caracolentos,
    caracoleábamos caracolores,
    caracoles de caracolsueños…

    Encontrado en Leer x leer

    .

    05/03/11

    A casta Susana

    O pasado luns, o alumnado de 1º e 3º da ESO visitou a exposición da Colección Zanchi (no enlace podes ver as obras expostas). Alí puderon contemplar e disfrutar obras dos grandes mestres da pintura (Rubens, Tiziano, Caravaggio, Murillo....) e unha impresionante escultura de Miguel Ángel. Con todo, o momento que captou máis a súa atención foi cando a guía explicou a historia de Susana, polo cadro Susana e os vellos, de Rubens.

    Xa que a biblioteca fará unha exposición de mulleres pintoras durante o mes de marzo, ofrecemosvos un cadro do mesmo tema da pintora italiana Artemisia Gentileschi (1593 - 1654) e un relato da historia da casta Susana.


    Susana era unha moza de familia acomodada que vivía en Babilonia. Había dous xuíces que, sen saber nada un do outro, estaban prendados dela e a espiaban a cotío. Un día, cando Susana estaba bañándose no seu xardín, coincidiron alí os dous homes, espiándoa, e ó ver que non había ninguén máis atrevéronse a ofrecerlle cartos a cambio de sexo. Ela non quixo aceptar de ningún xeito, asi que os xuíces ameazáronna con acusala de terse deitado cun xoven debaixo dunha árbore. Como ela seguiu sen ceder, eles levaron adiante a súa amenaza, que todo o mundo creu dado que eles eran xuíces. Cando xa a levaban cara á lapidación, o xoven Daniel conseguiu desmontar toda a falsedade interrogando ós dous xuíces por separado e demostrando asi  a inocencia de Susana. Finalmente, os xuíces foron lapidados polo mesmo xentío que ía lapidar á moza. 

     .

    04/03/11

    Os panos na cabeza

    En Xornal de Galicia do pasado día 11, afirmaba con razón Gloria Rojas, profesora da Escola Universitaria de Maxisterio en Melilla, que, se se prohibise o veo nesta cidade, moitas das súas alumnas nunca serían mestras… Viña a conta da polémica xurdida pola prohibición de ir ás aulas co pano na cabeza (propriamente, un veo é outra cousa…) na persoa dunha nena, alumna dun centro escolar de Arteixo. Concordo plenamente coas valoracións da profesora citada e engado as seguintes. Coido que o sucedido revela unha estomagante e paternalista visión da pretensa superioridade cultural europea ou occidental. Antes de sancionar e de penalizar hábitos indumentarios dos demais, deberiamos ollar un algo para nós mesmos. Vexamos.

    Segue vixente entre nós o costume de furar as orellas ás pequenas, cando nacen ou moi pouco despois, só polo feito de seren mulleres e para “facilitar” por adiantado os brincos ou pendentes que han de levar de nenas, adolescentes ou adultas. Debo de ser (xunto coa miña irmá) unha das poucas mulleres da miña idade a quen esta práctica non se aplicou. Impediuno decontado meu pai, cando a comadrona, seguindo a rotina, estaba disposta a facelo: eu non marco as millas fillas, por seren mulleres, dixo. Hoxe, en pleno apoxeo dunha cultura masoquista, proliferan por toda a parte, en rapazas e rapaces, piercing e tatuaxes varias, en variadas zonas do corpo. É tal a grima que me producen que, cando falo con alumnas ou alumnos “furados”, confeso que ollo para a súa chaqueta, camisa… ou o que leven vestido, mais nunca se me ocorreu facer o menor comentario. ¿Que acontece se temos como alumnas monxas que aínda leven a cabeza coberta, segundo a orde a que pertenzan, ou pacientes de quimioterapia que, para ocultaren a alopecia do tratamento, porten un pano na cabeza ou un turbante? ¿Obrigámolas a retiráreno ou a se trasladaren de centro?

    Góstenos ou non o pano á cabeza, convirá lembrar que até onte, coma quen di, levárono as nosas avoas e, mesmo, mulleres moito máis novas, como as que impresionaron a miña retina infantil, nunha parroquia de Tui, cando perguntei a unha miña curmá a razón de tantas mulleres novas iren vestidas de negro, no que me parecía un exceso de viúvas: non eran tal, ían así vestidas, explicoume, mentres os seus homes estaban no mar… Mais, en todo caso, a razón principal que quero lembrar é que deben ser as proprias afectadas as que decidan sobre se levan ou non o pano na cabeza, no uso da súa autodeterminación persoal. Unha outra cousa é a imposición dunhas regras de hixiene, educación, sociabilidade, respeito aos demais, ocupación do espazo e saber escoitar e non falar todos ao mesmo tempo, por exemplo, que deben ser norma de obrigado cumprimento para todo o mundo. E abofé que aquí habería moito que falar!

    E, por favor, que ninguén faga metonimia abusiva do que estou a valorar. O pano na cabeza non é a escafandra chamada burka, que oculta a contemplación íntegra da muller que a leva. Somos, os humanos, semovientes sociais e, por isto, precisamos vérmonos, saber se quen está debaixo dunha vestimenta é home ou muller, non utilizar o indumento para agachar armas ou calquer outro instrumento mortal, poder ouvir falar de forma directa e non con fronteira téxtil polo medio. Quen impuxo e mantén o burka é unha autoridade masculina que contradí flagrantemente ese principio de autodeterminación persoal que antes citei. Mais non é disto do que falamos, senón de unha nena de doce anos poder levar un pano na cabeza até que, eventualmente, decida non o levar. Hai panos na cabeza, panos mentais bastante máis difíceis de retirar ou de recambiar…

    Pilar García Negro, publicado en Xornal.com
    Fotografía: Inés Montenegro  

    02/03/11

    Proxecto artístico para a biblioteca

    Con motivo do Centenario de Luis Seoane, a Biblioteca decidiu honralo pintando unha das paredes da Biblioteca de Secundaria. Baseándose nas súas obras, e coa colaboración do Departamento de Plástica, propúxoselle ao alumnado de PDC a elaboración de 3 proxectos. Os grupos participantes xustificaron as súas creacións inspiradas nas obras orixinais do pintor diante dun xurado.

    En vista dos bos resultados, optouse por escoller o proxecto de "Libertad al desnudo", obra de Esteban Fernández e Carla Freiría, para a Biblioteca, e os restantes para outras zonas do Centro aínda por determinar.



    Dende osquelemos queremos agradecer ó alumnado, á profesora Cristina González Treceño e ós membros do xurado a súa colaboración, e expresar a nosa satisfacción pola calidade dos proxectos presentados. Noraboa a todos!




    Nova sección




    Co gallo do Concurso de Cartas de Amor, inauguramos unha nova sección no blogue: os nosos concursos. Nela poderedes atopar as convocatorias dos concursos vixentes, as resolucións e os traballos premiados.
    Esperamos que vos guste!

    Resolución do Concurso de Cartas de Amor

    O xurado da biblioteca, logo de ler as múltiples cartas de amor participantes, considerou outorgar dous premios: un adicado ao amor paixonal, obra de José Carlos Ferreira Iglesias de 2º ESO B, e outra adicada ao avó, obra de Yanina Gallego González de 4º de ESO.

    Torneiros, 8 de febreiro de 2011


































    A biblioteca agradece a participación de todas e todos, e anímavos a que  sigades colaborando.

    .

    01/03/11

    Moby-Duck

    Un periodista estadounidense reconstruye en un libro la aventura de 29.000 juguetes que se cayeron de un carguero en el océano y flotaron durante años.- Su destino sirvió a los oceanógrafos para estudiar las corrientes marinas.

     

     

    Probablemente al principio tuvieran miedo. Una cosa es una bañera. Otra, el océano. Pero finalmente debieron de cogerle gusto, dado que algunos siguen dando vueltas por el globo 19 años después. Ahora, los 28.800 patos amarillos (la mayoría), castores rojos, ranas verdes y tortugas azules de plástico que en 1992 cayeron de un barco que navegaba por el Pacífico, hasta podrían volver a encontrar a sus antiguos amigos. Ni que fuera Perdidos. El periodista estadounidense Donovan Hohn ha reconstruido, en su primer libro Moby Duck (que se puede adquirir en Amazon) trayectos y destinos de la mayoría de los juguetes y de otros objetos que flotaron por el mar, en una mezcla de ternura, picos sonrientes, corrientes oceánicas y polución. "Tenía que ser un trabajo corto. Me ha costado sin embargo cinco años y viajes por todo el planeta", cuenta el autor por teléfono desde Nueva York.


     El 10 de enero de 1992 una tormenta sorprendió cerca de las Islas Aleutianas a un carguero que cruzaba el océano Pacífico de Hong Kong a Washington. 12 contenedores cayeron por la borda, uno se abrió y llenó el mar de miles de juguetes producidos por la compañía china First Years Inc. Los animalitos se dispersaron, presas de las corrientes oceánicas. Un naufragio conmovedor que una compañía de coches aprovechó años después para un vídeo publicitario. Pero desde el principio el asunto cogió también otro camino, más serio.

     

    Varios oceanógrafos se dieron cuenta de que los patos que tocaban tierra solían desembarcar en determinadas zonas. Hasta llegaron a realizar un mapa que se basaba en las corrientes y reconstruía los trayectos de navegación de los patitos. El oceanógrafo y cazador de juguetes náufragos Curtis Ebbesmeyer encontró el punto exacto en el que el container se había caído. Y, según contó a The Independent, aprovechó los movimientos de los juguetes para estudiar el giro oceánico (una gran corriente constante y circular) del Pacífico Norte, entre Japón, Alaska e Islas Aleutianas, descubriendo por primera vez que un objeto tarda tres años en completar el ciclo.


    En 2005 Hohn, fascinado por esta aventura, empezó a tirar del hilo. Su investigación le llevó a contactar con Ebbesmeyer, del que recibió una sorprendente respuesta: "No puede cazar a los patos por teléfono. Tiene que salir de casa y buscar", como publicó The New York Times. Hohn le tomó la palabra. "Primero fui a China, a la fábrica donde construyeron los patos", explica. Y luego empezó a recorrer los sitios del mapa. Escocia, Hawai, incluso cogió un crucero para viajar por el mar Ártico. Una larga ruta con un imprevisto agradecido: "En una playa escondida y desierta, en Alaska, encontré a un castor de plástico, escondido bajo un árbol. No contaba con que a lo largo de mi ruta hallaría a uno de los animalitos".

    El castor, que en un tiempo fue rojo y ahora es más bien blanco, está en su casa. Pero, ¿cómo puede estar seguro de que sea uno de los miembros de la flota de juguetes? "Por la marca, el color, el material. Hay pruebas ciertas. En cambio después de los primeros hallazgos se desató un entusiasmo por el que todo el mundo decía que había encontrado uno de los animalitos famosos".
     
    La mayoría de los patos han acabado en las playas del mapa, tras un viaje largo y peligroso. Según Hohn, "la imagen más encantadora de todo esto es la de un minúsculo pato amarillo que desafía en solitario al océano salvaje". Muchos le han ganado el pulso a la naturaleza, a costa de perder su color original y están a salvo, en casas de coleccionistas o cazadores casuales. Centenares de juguetes sin embargo se han deteriorado y han acabado hechos pedazos. Pero "debe de haber cientos que todavía están flotando", sostiene Hohn. Y cuenta: "Varias veces me he imaginado estar tumbado en la playa y de repente ver aparecer en el horizonte un patito amarillo". Ese patito sería hoy 19 años más viejo y tendría el pico sonriente de quien ha sobrevivido al océano.

    Leído en El País

    28/02/11

    Recital poético Miguel Hernández

    Conmemorando o centenario  de Miguel Hernández , un dos nosos grandes poetas do século XX, alumnos e profesores estamos a elaborar un recital. Velaí vai unha pequena mostra: Tristes Armas. Graciñas a todos vós por formar parte deste proxecto.

    25/02/11

    As armas de Gadafi

    Estes días botamos as mans á cabeza, horrorizados ante o que está a ocurrir en Libia: o goberno está a bombardear os cidadáns para reprimir as súas protestas. Están a usar armamento de guerra para asasinar a persoas desarmadas impunemente. A consigna é calar e obedecer, ou morrer.

    Pero de onde saíron as armas que ten Libia?

    No ano 2005, España asinou acordos para venderlles 1.500 millóns de euros en armas e material de defensa (e, por certo, iso sabémolo gracias a Wikileaks). Só na primeira metade do 2010 vendémoslle 7 millóns de euros en armas e estaban a esperar material por outros 7 millóns.

    Curiosamente, as nosas leis prohiben venderlle armas a países que poidan usalas para a represión interna ou de forma contraria ós dereitos humanos, que é exactamente o que está a ocorrer.

    Libia, por desgraza, non é unha excepción: vendémoslle material de guerra a tódolos países que agora están a vivir revoltas e a moitos outros que poden sufrilas proximamente ou que non respectan os dereitos dos seus cidadáns: Arxelia, Exipto, Israel, Marrocos, Túnez, Bharein...

    E agora botamos as mans á cabeza! Mentres sigamos valorando máis unha venda que unha vida humana, este mundo non terá sentido, nin solución.

    Deixámosvos o enlace ó artigo de Periodismo Humano no que nos baseamos para redactar esta información, e un poema que vén moi a conto, de Quevedo.


    PODEROSO CABALLERO ES DON DINERO

    Madre, yo al oro me humillo,
    Él es mi amante y mi amado,
    Pues de puro enamorado
    Anda continuo amarillo.
    Que pues doblón o sencillo
    Hace todo cuanto quiero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.

     
    Nace en las Indias honrado,
    Donde el mundo le acompaña;
    Viene a morir en España,
    Y es en Génova enterrado.
    Y pues quien le trae al lado
    Es hermoso, aunque sea fiero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.

     
    Son sus padres principales,
    Y es de nobles descendiente,
    Porque en las venas de Oriente
    Todas las sangres son Reales.
    Y pues es quien hace iguales
    Al rico y al pordiosero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.

     
    ¿A quién no le maravilla
    Ver en su gloria, sin tasa,
    Que es lo más ruin de su casa
    Doña Blanca de Castilla?
    Mas pues que su fuerza humilla
    Al cobarde y al guerrero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.

     
    Es tanta su majestad,
    Aunque son sus duelos hartos,
    Que aun con estar hecho cuartos
    No pierde su calidad.
    Pero pues da autoridad
    Al gañán y al jornalero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.

     
    Más valen en cualquier tierra
    (Mirad si es harto sagaz)
    Sus escudos en la paz
    Que rodelas en la guerra.
    Pues al natural destierra
    Y hace propio al forastero,
    Poderoso caballero
    Es don Dinero.


    Francisco de Quevedo y Villegas
    .

    Definición de retranca

    Retranca s.f. 1. Habilidade para dici-lo que un quere e non o que outros pretenden que diga; astucia. 2. Expresión con segundas intencións. 3. Acción de dar couces.



    Alfonso Tellado, ou Alfonso Alfonso, é de Bouza Maior, na parroquia de Igrexa Feita, concello de San Sadurniño.

    .

    16/02/11

    La Cenicienta que no quería comer perdices

    Un cuento moderno para adult@s que revisa, con mucho humor, el papel que nos ha tocado a tod@s representar en este gran cuento que es la vida.




    «Y fueron felices y comieron perdices.»
    Éste es el final convencional que siempre nos han contado. Pero... ¿fueron felices de verdad?, ¿y si no les gustan las perdices?, ¿será el príncipe tan perfecto como aparenta en el cuento?, y la princesa, ¿encajará bien en su nueva vida?
     La cenicienta que no quería comer perdices se ha convertido en un gran boom editorial antes de publicarse. Las autoras escribieron e ilustraron a cuatro manos este cuento que autoeditaron tras conseguir financiación gracias a amigos y conocidos.

    El éxito fue tal que el cuento se convirtió en todo un fenómeno en Internet: empezó a circular por e-mail, en foros, en blogs... y las autoras empezaron a dar charlas en institutos y universidades. Se convirtieron en referentes del buen rollo y consiguieron una total identificación con su público.

     Hoy el cuento ya está en las librerías y en nuestra biblioteca. Pero si quieres saber cómo empezó todo, mira este vídeo en la web del libro.

    .

    15/02/11

    Alalá


    Eu de noite iría de noite,
    no medio do temporal.
    Ir de día á luz do día
    dáme medo, miña nai.

    No fondo do teu ollare
    unha gamela abanea.
    Quen se puidera afogare
    na ardora dunha misteira.

    O que soño é verdade
    como o silencio é un falare.
    Se roubei o teu retrato
    foi pra aprender a mirare.

    Eu non sabía que había
    tanta alegría nas bágoas
    nin neve nas bidueiras
    nin esperanza nas mágoas.
                   (Manuel Rivas)




    Aquí pode escoitar a versión recitada e cantada por Manuel Rivas e Pulpiño Viascón.

    10/02/11

    Lecturas con moito amor

    Chega o San Valentín, e con el atoparás na biblioteca unha selección de lecturas "amorosas" e un concurso de cartas de amor que non te podes perder!

    Para abrir boca, compartimos este glog do IES de Fene cheo de boas ideas. Na parte esquerda, libros para adultos; na dereita, literatura xuvenil:

    08/02/11

    Las predicciones de la historia

    Si de algo sirve conocer la historia es para saber quiénes somos, de dónde venimos y, en muchos casos, a dónde vamos. Analizando el pasado, Javier Sanz, autor de Historias de la Historia, nos da pistas en este artículo sobre cómo puede ser el futuro en Túnez y en Egipto tras sus revueltas:

    Antes de comenzar con este post me gustaría precisar dos cosas: apoyo incondicionalmente la noble lucha por la libertad emprendida en Túnez y Egipto, y espero, y deseo, que lo que voy a escribir sea fruto de mi imaginación.
    Hay un dicho popular que reza: “a río revuelto, ganancia de pescadores” y adaptándolo a estas situaciones “a río revuelto, ganancia de integristas“. Y para que esto no parezca “un brindis al sol” echaremos un vistazo a hechos pasados en situaciones y contextos similares:
    • Irán: en 1941, Reza Pahlavi es coronado emperador (Shahanshah o Shah, “Rey de Reyes”). El shah, con el apoyo de los Estados Unidos y el Reino Unido, empezó la modernización de la industria del país  y, al mismo tiempo, eliminó toda oposición a su régimen. El descontento popular estalló en 1978 con manifestaciones en contra del Shah. Éste emprende reformas democráticas, cambiando varias veces de gobierno, para calmar las manifestaciones. La revolución parece inminente y el 16 de enero de 1979 el Sha debe abandonar el país. Al mes siguiente, el Ayatolá Jomeini regresa del exilio francés, se instaura la ley islámica e Irán se proclama República Islámica. “A río revuelto…
    • Afganistán: este enclave en el corazón de Asia es difícil de habitar y de conquistar. En 1973 un golpe de estado derribó la monarquía y proclamó la república. En 1978 se instaló un gobierno comunista apoyado por la URSS, pero la actividad de la guerrilla islámica (financiada y entrenada por “terceros”) provocó la intervención Soviética. En 1989, tras casi diez años de guerra y sin conseguir sus objetivos, el ejército soviético abandona Afganistán. Este vacío de poder es aprovechado por los talibanes que, tras una guerra civil, llegan a Kabul e imponen la Sharia. “A río revuelto…
    • Irak: en 1958 un golpe de Estado militar populista proclamó la república, que sería dirigida desde entonces por el partido nacionalista Baath. Bajo este manto no dejaron de desarrollarse luchas por el poder y se sucedieron los presidentes, el último de los cuales fue Saddam Husein. El control del partido Baath (árabe pero aconfesional) y del ejército le permiten gobernar a su antojo y con brutalidad extrema (genocidio kurdo). En 2003 las fuerzas aliadas, encabezadas por EEUU, invaden Irak y ejecutan a Sadam. A fecha de hoy, Nuri al-Maliki encabeza un gobierno apoyada en las fuerzas de ocupación. ¿Qué creéis que pasará cuando los aliados retiren sus tropas?. “A río revuelto…
    • Marruecos: en 1956, tras su independencia de Francia y España, se constituyó como una Monarquía constitucional, con un Parlamento electo. El rey de Marruecos, a diferencia del rey de España, tiene amplios poderes ejecutivos, con la posibilidad de disolver el gobierno y el Parlamento y dirigir las fuerzas militares., además de otros poderes. En las elecciones parlamentarias del 7 de septiembre de 2007, el Partido de la Justicia y el Desarrollo de Marruecos (PJD), de ideología islamista, fue la fuerza más votada del país, pero no en número de escaños por lo que sigue en la oposición. EEUU tiene en Marruecos un aliado que controla el integrismo y le “permite”, entre otras cosas, no haber celebrado el referéndum en el Sahara Occidental para la autodeterminación del pueblo saharaui. Si cayese la monarquía alauí… “A río revuelto…
    • Argelia: el Frente Islámico de Salvación (FIS) ganó las elecciones municipales y la primera vuelta de las elecciones legislativas de 1991, pero el ejército decretó el estado de urgencia y le impidió asumir el poder. Esto desencadenó la violencia liderada por diversos grupos armados como el Ejército Islámico de Salvación, brazo armado del FIS, el Grupo Islámico Armado (GIA) o el Grupo Salafista para la Predicación y el Combate (GSPC) . Desde entonces miles de personas han muerto en las ofensivas rebeldes y las contraofensivas oficiales. Los militares gobernaron hasta 1994. En 1999, bajo un programa de reconciliación nacional con los islamistas y en contra de las posiciones del ejército, ganaba las elecciones Abdelaziz Buteflika. El 4 de enero de 2000 el Ejército Islámico de Salvación y el Gobierno firmaron el Tratado de Paz que permitió la disolución de la organización terrorista y el indulto de todos sus miembros. Sin embargo, tanto el Grupo Islámico Armado (GIA) como el Grupo Salafista para la Predicación y el Combate (GSPC) se negaron a la firma el acuerdo y continuaron sus acciones armadas. El 5 de septiembre de 2007, lo intentaron matar con una bomba causando veintidós muertos. En 2009 vuelve a ganar Buteflika, con sospechas de fraude. ¿Qué ocurriría si cayese? “A río revuelto…
    Como he dicho al principio espero estar equivocado.

    Comprar, tirar, comprar

    Este documental emitiuse en Documentos TV a finais das vacacións de nadal. Foi o centro de conversacións e a estrela dalgunhas redes sociais durante unha temporada. Para que non volo perdades, aquí o tedes en versión completa.


    03/02/11

    Cómo escribir una novela de fantasía

    ...según El Jueves

    Achegándonos a Saramago

    Somos a memoria que temos e a responsabilidade que asumimos. Sen memoria non existimos e sen responsabilidade cecáis non merezcamos existir.  (J.Saramago)

    Fai pouco estrenouse "Jose y Pilar", un documental sobre o grande escritor portugués José Saramago, nobel de literatura en 1998 e un dos mellores creadores do século XX.
    O documental danos unha visión íntima da súa vida, e dos seus últimos anos.
    Está dirixido por Miguel Gonçalves e coproducido por P.Almodóvar, e pronto o teredes á vosa disposición en filmin.es

    Tráiler da versión en español:


    02/02/11

    Si los planetas orbitaran la Tierra

    ¿Cómo se verían los planetas que conocemos si estuvieran en la misma órbita de la Luna, es decir, a 380.000 km de la Tierra? Esa pregunta se la hizo Brad Goodspeed, y realizó este vídeo para que nos hagamos una idea de la escala.
    Ten en cuenta que el vídeo no representa todo el cielo, sino solo una porción equivalente a mirarlo a través de unos prismáticos no muy potentes.



    Scale from Brad Goodspeed on Vimeo.

    Encontrado en fogonazos

    01/02/11

    5 errores a evitar en tu primera novela

     Modelando ideas

    Según leemos en Tinta de Plata, estos son los cinco errores que no debemos cometer cuando somos escritores novatos (de novela... o de cualquier otra cosa):


    Estos consejos que te resumimos en esta sección no son recetillas improvisadas. Surgen de nuestra propia experiencia, y son errores que nosotros también hemos cometido alguna vez. Por eso os avisamos contra ellos... Si eres consciente de las trampas que encierran, no se resultará difícil evitarlos.

    Primer error – Empezar “suave”: Para una primera novela, no es buena idea introducir gradualmente al lector en el mundo de ficción que has creado. Resulta mucho más efectivo comenzar el relato “in media res”, o, lo que es lo mismo, en plena acción. Ya habrá tiempo luego para explicaciones (a ser posible, a través de diálogos o de flashbacks muy breves, no de largas digresiones de los personajes). Deja las descripciones para cuando el lector ya se haya interesado por el destino de tu personaje principal. No es la única forma de empezar una novela, pero sí la más sencilla para un escritor poco experimentado (y la más eficaz en general).

    Segundo error – Corregir a medida que escribes: Cualquier página se puede mejorar, pero si te detienes continuamente a corregir lo que has escrito nunca terminarás la novela. Aunque no estés plenamente satisfecho con tu escritura, sigue adelante. Ya habrá tiempo para corregirlo todo cuando termines el primer borrador. La única forma de conseguir un relato fluido es escribir con fluidez, sin interrupciones continuas.
    Cada día, en tu sesión de escritura, puedes releer lo escrito el día anterior para ponerte en situación y saber con exactitud por dónde continuar, pero no introduzcas cambios que te exijan más de algunos minutos. Lo importante es que el relato avance al menos dos o tres páginas en cada sesión. Terminar una novela exige muchas horas de trabajo, y las correcciones interminables pueden llevarte a no terminarla nunca.

    Tercer error – Intentar imitar a alguien: Este es uno de los peores errores que puede cometer el escritor principiante. Aunque te gusten los libros de Stephanie Meyer o de Laura Gallego, no intentes escribir como ellas. No copies sus expresiones ni su estilo, ni mucho menos intentes diseñar una trama calcada de alguna de sus novelas. Sencillamente, no funciona. Todo el mundo se dará cuenta, aunque tú creas que no, y se creará desde el principio un clima de rechazo a tu obra que más tarde no podrás cambiar.

    Cuarto error – No intentes ser demasiado original: El error opuesto al que exponíamos antes es igual de peligroso que este. Si escribes de una forma muy rebuscada o poco natural para diferenciarte del resto de los escritores, a los lectores les costará sumergirse en tu historia y conectar con los personajes. La escritura es como un cristal a través del cual tus lectores contemplan el mundo que has creado para ellos. Si ese cristal tiene grumos o manchas (es decir, si tu escritura es demasiado artificiosa) el lector no llegará a ver con claridad tu historia, y no logrará involucrarse en la novela. Se puede ser original sin caer en la pedantería. Es un equilibrio que todo novelista tiene que llegar a conseguir.

    Quinto error – Dar por terminada la novela al escribir la última frase: ¿Te suena a paradoja? En principio, cuando pones el punto final a tu novela, es que la has terminado, ¿no?
    Pues no. Ese es solo el principio. La novela no está terminada cuando escribes la última palabra de tu primer borrador. Te queda por delante todavía un largo proceso de edición y corrección en el que tendrás que revisar la solidez de la trama, la profundidad y coherencia de tus personajes, el ritmo de la narración, los posibles errores gramaticales o sintácticos, por no hablar de la ortografía...
    En próximos artículos de “Tinta de plata” hablaremos largo y tendido de estos procesos de revisión. De momento, simplemente un consejo: cuenta con ellos, y no te apresures a mandar tu novela a una editorial sin asegurarte antes de que has hecho todo lo que está en tu mano por que sea el mejor libro posible.

    .
    (Texto original de Ana Alonso y Javier Pelegrín)