Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións

16/05/14

A lus do mundo: redescubrindo ao poeta Díaz Castro


Chéganos, desde o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo), este documental sobre o poeta que dá nome ao centro, Xosé María Díaz Castro.  
A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro "inclúe entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia.
Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas. Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en Internet".


15/05/14

27/05/13

Fumos a Cans!


Si, nós tamén estivemos nese grandísimo festival de curtas que organizan os nosos veciños de Cans. O mércores 22, día da inauguración, ademais de visitar o pobo e coñecer de primeira man os galpóns e baixos onde se proxectan as curtas e onde se fan concertos e coloquios, tamén coñecimos ós paisanos que ceden os seus locais, como Dona Alicia. Tivemos a sorte de poder ver varias curtas e charlar con algúns directores, e ademais a TVG e a TVE estiveron a gravarnos. Xa somos (case) famosos!

No baixo de Moncho vimos O ano que saímos na CNN, "making of" do festival de Cans 2011; Conversa cunha muller morta, unha curta de Sonia Méndez; un capítulo da webserie Joke business, presentado por Déborah Vukusic; o videoclip de Un piatto, da Banda Crebinsky (rodado no Can Campus); e o tráiler do documental de Fraga y Fidel, sin embargo, presentado polo seu director Manuel Fernández-Valdés.

Deixámosvos varios vídeos que vos poden interesar:

1. Un resumo gráfico da visita feito pola profe Inés:


2. Telexornal da TVE no que saímos a partires do minuto 22.22:


3. Galicia Noticias, da TVG, no que sae o noso grupo e a entrevista a Alba Ledo (3º ESO), aínda que nos chaman "o instituto da Ribeira" ;-)



4. Telexornal de mediodía da TVG, no que saímos brevemente tanto de frente como de espalda




31/01/13

Making of do mes de febreiro


Neste mes proxectaremos os making of (ou "como se fixo") destas películas:
  • Venres 1: Avatar (3 vídeos, 17 minutos en total)
  • Venres 15: Frankenweenie (3 vídeos, 4 minutos en total)
  • Venres 22: O apóstolo (1 vídeo de 5 minutos)
Coma sempre, as proxeccións serán no televisor da entrada durante os recreos.

Imaxe atopada aquí.


AVISO: por problemas técnicos non pudemos proxectar os making-of de Avatar. Reprogramaremolos para outras datas!


18/01/12

Up!

Fai pouco enterámonos de que un promotor estadounidense fixera unha casa cuspidiña á da película Up!




Realmente, só lle falta voar, porque os detalles do interior son tamén exactos á peli. Para facer voar a casa de Up! fixeron falta algo máis de 10 000 globos. Vós pensades que sería posible facelo na vida real? Poderíamos facer voar unha casa?

Esa mesma pregunta fixérona os do National Geographic e a resposta é... que si!


Neste caso só precisaron 300 globos de helio para facer que esta casa de 25m2 se elevase ata 300m de altura.

Para que o vexades cos vosos propios ollos, esta é a versión "real-life" de Up!:




E estas son as fotos que documentan o proceso.

Na web de Disney tedes xogos, imaxes, vídeos e información sobre Up!. E ata podedes facer os vosos propios fondos de escritorio para o ordenador (ou para o móbil) como fixemos nós:



(Para os máis despistados: temos a película na biblioteca.)

20/04/11

Percebeiros

A serie Human Planet, da BBC, adica un capítulo ós nosos percebeiros. Si, esta era a referencia que vos preguntamos fai uns días ;-)
Este vídeo, de catro minutos, é unha boa mostra do traballo destes homes.

15/03/11

Zapatos feitos a man

Deixamosvos un documento apabullante sobre as condicións laborais na India. Eses productos marabillosos que tan caros nos venden as mellores marcas non sempre están feitos en condicións mínimamente humanas, e como mostra un botón.

.

10/03/11

Planeta Humano



Human Planet é unha nova producción da BBC que busca as condicións de vida máis extremas dun recuncho ó outro do planeta. O fotógrafo que acompañou ó equipo de rodaxe amosa neste vídeo unha selección das mellores fotos que fixo. Non volo perdades: son impresionantes!

Se activades "Show captions" na esquina inferior dereita do vídeo, veredes os pes de foto con información sobre onde se fixeron. O vídeo está acompañado dunha explicación do fotógrafo, en inglés, pero non fai falta entender nada: as imaxes falan por si soas.

E a primeira persoa que nos diga nun comentario que imaxe aparece de Galicia terá un premio xugoso.

Web do programa con vídeos e algunhas das fotos, e máis información.

.