Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos. Amosar todas as publicacións

18/06/17

Xogos populares galegos

Crean unha base de datos on line sobre xogos tradicionais galegos.

    A recuperación e posta en valor dos xogos tradicionais galegos. Ese é o obxectivo da plataforma colaborativa Patimonio Lúdico Galego. Trátase dunha base de datos en liña na que se recollen documentos, museos, xogos e publicacións relacionadas con este patrimonio.
    A web xogospopulares.gal inclúe uns douscentos recursos que recopilaron durante dous anos coa axuda de persoas vencelladas ao mundo do xogo tradicional, como artesáns, investigadores e colectivos da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.
    Este novo portal recolle, entre outra información, datos sobre os lugares nos que se pode adquirir o equipamento para practicar estes xogos, ademais de dispoñer dun servizo de préstamo bibliográfico e documental. ( La Voz de Galicia 17 de xuño de 2017).
    Preme na imaxe para ir ao enlace da páxina.

http://xogostradicionais.gal/



OS XOGOS
http://enredoscampolongo.blogspot.com.es/

http://brinquedia.net/web/wp-content/uploads/2013/05/Xogos-Encontro.pdf


20/04/15

O aniversario de Cheryl


Estes días causa furor en internet un problema lóxico que caeu nun exame dunha olimpiada matemática para rapaces de 14 anos en Singapur. Hai moitas discusións en internet sobre a posible solución, pero vexamos primeiro o problema:

Alberte e Bernardo fixéronse amigos de Cheryl e queren saber cando é o seu aniversario.
Cheryl dálles unha listaxe de 10 posibles datas:

15 de maio, 16 de maio, 19 de maio,
17 de xuño, 18 de xuño,
14 de xullo, 16 de xullo,
14 de agosto, 15 de agosto e 17 de agosto.

Cheryl cóntalle a Alberte e Bernardo, por separado, o mes e o día do seu aniversario respectivamente (o mes a Alberte, o día a Bernardo).

Alberte: "Eu non sei cando é o aniversario de Cheryl, pero sei que Bernardo tampouco o sabe".
Bernardo: "Ó principio, eu non sabía cando é o aniversario de Cheryl, pero agora seino".
Alberte: "Entón, eu tamén sei cando é o aniversario de Cheryl".

Así que ¿cando é o aniversario de Cheryl?

Se queres pedir papas, tes aquí a solución. É a que pensabas?

25/02/15

Un libro que regala medio millón de dólares


 
 En outubro saiu á venda ó primeiro libro da triloxía Endgame: La llamada, de James Frey. Ademais de ser un deses libros "trepidantes", que enganchan, Endgame ten outro atractivo: cada libro da triloxía conterá un enigma; a primeira persoa que o descifre gañará medio millón de dólares. Por suposto, o enigma non é sinxelo e os autores calculan que nos levará meses poder asimilar tódalas pistas e descifralo.

Polo pronto, animámoste a ler o libro, que tes na biblioteca, e descubrir se ti es xusto ese cerebro capaz de descifrar as pistas. E, por suposto, a botarlle un ollo ás reglas do xogo neste enlace.

Le o primeiro capítulo de balde.





21/05/14

A que xogabamos antes das consolas?



Imaxinades un mundo sen consolas, sen teléfonos móbiles e sen internet? Non? Tedes que saber que os vosos pais e os vosos profes viviron así mooitos anos!

A que xogabamos nós cando eramos pequenos? A verdade é que había moito para escoller. A web kurioso.es lanzou esa pregunta no Twitter e atopou todas estas respostas ilustradas coas correspondentes fotos dos xoguetes e gravacións en vídeo dos nosos xogos. Ademais, tedes enlaces ás descricións dos xogos e xoguetes e á historia dalgúns deles.

Que vos parece? A que hai máis cousas no mundo ademais da Play? :-)

Eu tamén tiven uns patíns coma estes da empresa Sancheski!

06/02/14

Para xogar ó Tangram



O Tangram é un xogo chinés moi antiguo que consiste en formar figuras con sete pezas concretas (5 triángulos rectángulos, un cadrado e un paralelogramo). Actualmente hai publicados varios centos de figuras que se poden formar no tangram.


O tangram non é tan só un entretemento, pois mellora as nosas capacidades psicomotrices (=as relacionadas co movemento) e as intelectuais.


Para xogar en internet, gustounos moito esta web:


20/01/14

Sopas galegas


Se vos gusta xogar ás sopas de letras nos vosos ratos libres, tedes que probar este xogo para Android (2.2 e superiores). Contén máis de 750 palabras en 15 categorías, e ademais permite buscar palabras directamente no Google, na Wikipedia ou no dicionario da Real Academia Galega.


A disposición das palabras nunca se repite e podes adaptalo ó tamaño da pantalla coa que estás xogando:



Tédelo dispoñible para descarga na tenda de Google Play ó fantástico prezo de 0€.


15/01/14

As rebaixas



Que tal andades no cálculo de porcentaxes? Agora que estamos en plenas rebaixas non vén mal practicar un pouco para estar seguros do que nos rebaixan, non si?

Neste enlace tedes un xogo para practicalo. A xogar!


30/11/12

Culturgal

Volve a Pontevedra a gran feira da cultura. Dende hoxe ata o domingo, 200 propostas culturais para tódolos públicos, con música, teatro, literatura, cine, circo, maxia, novas tecnoloxías... no Pazo da Cultura.

Nesta grande mostra gratuita (na que, de tódolos xeitos, podemos contribuir económicamente se queremos) vanse notar os recortes, pero só se nos fixamos nos detalles máis superficiais, según nos din. Teremos a Luis Tosar, Uxía, Pepe Carreiro (o creador dos Bolechas), a Mamá Cabra e María Fumaça, a Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas, rock, folk, a curtametraxe de Fina Casalderrey... Tanto, tanto, que eu aínda non sei moi ben como apañarei para ver todo o que me interesa!

Na web de Culturgal podedes ver o programa completo de xeito interactivo (selecionando un só día ou un só tipo de público) e aquí podedes descargar o programa completo de actividades, charlas, concertos, obradoiros, exposicións, presentacións...

A disfrutar da cultura!

19/04/12

El príncipe

Cuando el príncipe se pasea
en su radiante caballo
2/8 de caritas
tras los visillos se asoman,
3/8 de doncellas
por las esquinas rondan,
1/8 de princesas
a la conquista se lanzan,
y 2/8 de mujeres cultas
que pasean por la plaza
lo saludan muy amablemente
con sonrisas falsas.
¿Cuántas son las admiradoras del príncipe?

                                             María Pilla Michelli 
 ---
Co gallo do Día do Libro, o alumnado da ESO que conteste acertadamente esta adiviña poético-matemática recibirá de regalo un libro de pasatempos matemáticos. A data límite para as vosas respostas é o propio día do libro ata a noite (luns 23 de abril). Podedes enviar un correo aquí ou contestar nun comentario a esta entrada (que non se publicará ata o luns para que ninguén copie a resposta).

13/02/12

¡Sí que te gusta leer!




Sí que te gusta leer (pero igual no lo sabes) es una web dirigida a tod@s l@s que os gusta leer, a l@s que no os gusta, y a l@s que dudáis. En ella nos cuentan una historia que es muy interactiva (o, dicho de otra manera, nos proponen un juego): cada poco vamos a tener que elegir cómo continúa la historia de entre las dos opciones que nos ofrecen (hemos probado todas las opciones... ¡y son muchas! No faltan vampiros ni amores adolescentes según el camino que vayamos tomando). Al final nos dirá qué tipo de libros nos van, y además podemos participar en el sorteo de un e-reader (libro electrónico) con dar tan solo nuestro nombre y un correo electrónico.
¿Váis a participar? ¡Osquelemos ya lo hemos hecho!

Cuando visitéis la página no dejéis de ver la sección de enlaces, que los hay muy buenos.


Sí que te gusta leer (pero igual no lo sabes) es una campaña de Bibliotecas Públicas, Plan de Fomento de la Lectura y la Secretaría de Estado de Cultura.


18/01/12

Up!

Fai pouco enterámonos de que un promotor estadounidense fixera unha casa cuspidiña á da película Up!




Realmente, só lle falta voar, porque os detalles do interior son tamén exactos á peli. Para facer voar a casa de Up! fixeron falta algo máis de 10 000 globos. Vós pensades que sería posible facelo na vida real? Poderíamos facer voar unha casa?

Esa mesma pregunta fixérona os do National Geographic e a resposta é... que si!


Neste caso só precisaron 300 globos de helio para facer que esta casa de 25m2 se elevase ata 300m de altura.

Para que o vexades cos vosos propios ollos, esta é a versión "real-life" de Up!:




E estas son as fotos que documentan o proceso.

Na web de Disney tedes xogos, imaxes, vídeos e información sobre Up!. E ata podedes facer os vosos propios fondos de escritorio para o ordenador (ou para o móbil) como fixemos nós:



(Para os máis despistados: temos a película na biblioteca.)

12/11/11

Triangular

Algunha vez intentachedes construir algo usando só triángulos? E seredes capaces de facer un par de pontes con eles? Probade e xa nos contaredes ;-)

Nesa mesma páxina tedes un montón de xogos para xentes de entre 3 e 14 anos, pero moitos serven tamén para os de 15, 16, 17... A Osquelemos gústannos especialmente os quebracabezas, pero non lle digades a ninguén que os facemos, eh?