Estes días causa furor en internet un problema lóxico que caeu nun exame dunha olimpiada matemática para rapaces de 14 anos en Singapur. Hai moitas discusións en internet sobre a posible solución, pero vexamos primeiro o problema:
Alberte e Bernardo fixéronse amigos de Cheryl e queren saber cando é o seu aniversario.
Cheryl dálles unha listaxe de 10 posibles datas:
15 de maio, 16 de maio, 19 de maio,
17 de xuño, 18 de xuño,
14 de xullo, 16 de xullo,
14 de agosto, 15 de agosto e 17 de agosto.
Cheryl cóntalle a Alberte e Bernardo, por separado, o mes e o día do seu aniversario respectivamente (o mes a Alberte, o día a Bernardo).
Alberte: "Eu non sei cando é o aniversario de Cheryl, pero sei que Bernardo tampouco o sabe".
Bernardo: "Ó principio, eu non sabía cando é o aniversario de Cheryl, pero agora seino".
Alberte: "Entón, eu tamén sei cando é o aniversario de Cheryl".
Así que ¿cando é o aniversario de Cheryl?
Se queres pedir papas, tes aquí a solución. É a que pensabas?
Ningún comentario:
Publicar un comentario