FEIRA DA CIENCIA -PREME AQUÍ
Amosando publicacións coa etiqueta Feira b>. Amosar todas as publicacións

13/01/21
27/05/14
Feira do libro en Vigo
Dende o pasado venres e ata o próximo domingo temos en Vigo a Feira do Libro Novo, organizada pola Asociación de Libreiros de Galicia. O horario de apertura das 15 casetas é de 12 a 14 durante a semana e ata as 14.30 a fin de semana. Tódolos libreiros farán un 10% de desconto nas compras, así que non é mala ocasión para mercar libros para o verán.
Tedes o programa completo neste enlace, pero queremos destacar estas actividades que nos parecen interesantes:
- martes 27, ás 19.00, a escritora An Alfaya presenta o seu novo libro O fío vermello (que xa temos na biblioteca). Ás 19.30, Pedro Feijoo, autor de Os fillos do mar, asinará libros na caseta da Libraría Pedreira.
- xoves 29, ás 19.00, Ledicia Costas (Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto gris) asinará na caseta da Libraría Andel.
- venres 30, ás 19.00 asinarán libros o debuxante Andrés Meixide e o humorista Luis Dávila (O Bichero). Á mesma hora, mesa redonda sobre Xosé María Díaz Castro. Ás 20.00, presentación de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.
- sábado 31, ás 18.00, María Reimóndez e Iván Sende contarán como se escribiu e ilustrou o último libro da autora, Volvo! O regreso de Usha (xa na nosa biblioteca). Ás 19.00, María Reimóndez asinará exemplares na caseta da libraría Andel.
- domingo 1, ás 12.00, obradoiro de hip hip con García Mc.
E por suposto haberá moitas máis cousas, así que non deixedes de ir!
30/11/12
Culturgal
Volve a Pontevedra a gran feira da cultura. Dende hoxe ata o domingo, 200 propostas culturais para tódolos públicos, con música, teatro, literatura, cine, circo, maxia, novas tecnoloxías... no Pazo da Cultura.Nesta grande mostra gratuita (na que, de tódolos xeitos, podemos contribuir económicamente se queremos) vanse notar os recortes, pero só se nos fixamos nos detalles máis superficiais, según nos din. Teremos a Luis Tosar, Uxía, Pepe Carreiro (o creador dos Bolechas), a Mamá Cabra e María Fumaça, a Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas, rock, folk, a curtametraxe de Fina Casalderrey... Tanto, tanto, que eu aínda non sei moi ben como apañarei para ver todo o que me interesa!
Na web de Culturgal podedes ver o programa completo de xeito interactivo (selecionando un só día ou un só tipo de público) e aquí podedes descargar o programa completo de actividades, charlas, concertos, obradoiros, exposicións, presentacións...
A disfrutar da cultura!
02/12/11
Culturgal
Dende hoxe ata o domingo, temos no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a gran feria da cultura galega. Alí teremos exposicións, actividades, obradoiros... de libros, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías.
Tedes toda a información na web de Culturgal e unha boa reseña coas actividades máis destacadas no portal culturagalega.org.
No campo literario, a grande novidade da edición 2011 de Culturgal é a proposta de realizar unha novela en directo. O escritor Camilo Franco entrevistarase cos asistentes interesados en se converter en personaxes literarios. Ao longo do evento, o autor irá escribindo e subindo á rede a narración segundo a vaia elaborando. Outra proposta tamén de letras pero menos etérea será o primeiro Xantar Literario, que se celebrará o domingo 4 no restaurante Rúas (entre a Praza da Leña e a Praza da Verdura). Pepe Cáccamo, Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo e Xesús Fraga elaborarán as receitas que realizaron para os libros Cociñando ao pé da letra e 50 recetas con moras.
05/07/11
Feira do Libro
Xa estamos nos últimos días da XXXVII Feira do Libro en Vigo! Nos vos perdades os premios, as conferencias e as sinaturas de escritores porque hai algún que é máis que coñecido no noso centro! Este é o programa desta semana:
Día 6. Mércores
18.30 Programa infantil. Cantacontos: O bardo Abelardo. Contacontos musical a cargo de Servando Barreiro.
19.30 Charla coloquio do profesor Jorge Mira, arredor do seu libro A cencia no punto de Mira, publicado por Auga Editora. Xunto co autor, participarán no acto Martín López Nores, profesor da Escola de Enxeñeiros da Universidade de Vigo e campión histórico do programa da TVG Cifras e Letras e X. A. Perozo, director literario da editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
20.00 O escritor Antonio García Teijeiro asinará exemplares dos seus libros Verbas de sal e Recendos de aire sonoro, publicados por Edicións Xerais de Galicia, e do resto das súas obras. 20.30 Conversa co escritor Agustín Fernández Paz, arredor da súa novela Non hai noite tan longa, publicada por Edicións Xerais de Galicia.
Día 7. Xoves.
18.30 Programa infantil. Obradoiro de marcapáxinas.
19.30 Charla coloquio de Carlos Mañas arredor do seu libro Mi cabeza hace trampas. Historia de un trastorno bipolar, publicado por Auga Editora. Xunto co autor, participarán no acto os actores Avelino González e Antonio Durán Morris, e X. A. Perozo, director literario da editorial. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
20.00 A escritora Xulia Alonso Díaz asinará exemplares do seu libro Futuro imperfecto, publicado por Editorial Galaxia.
20.30 O escritor Xavier Queipo presentará o seu libro Ártico 2.0, publicado por Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Gonzalo Navaza, escritor e traductor.
Día 8. Venres.
18.30 Ecos da noite. Actuación poético musical de David Fernández Rivera acompañado do guitarrista Diego Pacheco..
19.30 Acto Lois Pereiro. Mesa redonda sobre o poeta monfortino, coa participación de Jacobo Fernández Serrano (autor da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro. Ed. Xerais), Anxo Angueira (coordinador do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente. Ed. Xerais), Marcos Calveiro (autor do libro Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Ed. Xerais), Xosé Manuel Pereiro e Fran Alonso. 20.00 A escritora Adela Figueroa e a ilustradora Mª Celsa Sánchez Vázquez asinarán exemplares do seu libro Madeira de mulher, publicado por Ediciós do Castro.
20.30 Charla coloquio de Javier Akerman: Terapias naturais, medicina alternativa. Ao remate do acto, asinará exemplares dos seus libros (Tratamientos naturales de urgencia. Como vencer el estrés. Vivir en plenitud), publicados por Auga Editora na súa colección Ecosalud. Xunto co autor dos libros, participará no acto o director literario da editorial, X.A. Perozo.
Día 9. Sábado
18.30 Programa infantil. Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de GALIX.
19.30 O escritor e ilustrador Anxo Fariñas, fará a presentación do seu libro Os Megatoxos e a cara oculta de Lúa, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, intervirá Helena Pérez.
20.00 A escritora Mercedes deMiguel González, asinará exemplares do seu libro La mente del asesino, publicado por Ediciones Osiris.
20.30 Charla coloquio da escritora Cristina Gufé, arredor do seu libro 99 cartas a Kafka, publicado por Sial Ediciones.
Día 10. Domingo.
18.30 Programa infantil. Danza de carácter na feira do libro. Bailes rusos a cargo do grupo infantil Los hermanos Vidal Zhukova.
19.00 Recital poético do grupo Brétema. Participan no acto Anna Rufs, Anselmo Prada, Amante Romero, Alonso Rodríguez, Álvaro Garrido, Carmen Darriba, Candelaria Fernández, Dosi Martínes, Esmeralda Muiños, Gelu García, José Ángel Carvajal, José Crespo, José Manuel Olveira, Isabel González, Isaura Lago, Isabel Ruíz, Lara Fernández, Mario Fernández, Mª del Carmen Duro, Mª Luisa López, Margarita Agulló, Mª del Rosario Sabín, Manuela Fernández, Mariano Marcos, Manuel Vázquez, Miguel Correa, Rafael Gómez, Rosa Mª González, Rosa Mª Morales, Rosa Mª Vázquez, Teresa Cariño, Santiago González.
Durante a feira, os libros terán un desconto do 10%Na última fin de semana (días 9 e 10), con cada compra realizada na feira, agasallarase cun libro na caseta de secretaría. Haberá un sorteo diario dun lote de libros entre os que merquen libros na feira. Durante a celebración da feira, celebraras e I Concurso Literario Infantil e Xuvenil Federación de Libreiros / Gálix
INSTALACIÓNS
Xardíns da Praza de Compostela
HORARIO DA FEIRA
Mañás: 11.00 a 14.00
Tardes: 18.00 a 22.00

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)