Si, nós tamén estivemos nese grandísimo festival de curtas que organizan os nosos veciños de Cans. O mércores 22, día da inauguración, ademais de visitar o pobo e coñecer de primeira man os galpóns e baixos onde se proxectan as curtas e onde se fan concertos e coloquios, tamén coñecimos ós paisanos que ceden os seus locais, como Dona Alicia. Tivemos a sorte de poder ver varias curtas e charlar con algúns directores, e ademais a TVG e a TVE estiveron a gravarnos. Xa somos (case) famosos!
No baixo de Moncho vimos O ano que saímos na CNN, "making of" do festival de Cans 2011; Conversa cunha muller morta, unha curta de Sonia Méndez; un capítulo da webserie Joke business, presentado por Déborah Vukusic; o videoclip de Un piatto, da Banda Crebinsky (rodado no Can Campus); e o tráiler do documental de Fraga y Fidel, sin embargo, presentado polo seu director Manuel Fernández-Valdés.
Deixámosvos varios vídeos que vos poden interesar:
1. Un resumo gráfico da visita feito pola profe Inés:
2. Telexornal da TVE no que saímos a partires do minuto 22.22:
3. Galicia Noticias, da TVG, no que sae o noso grupo e a entrevista a Alba Ledo (3º ESO), aínda que nos chaman "o instituto da Ribeira" ;-)
4. Telexornal de mediodía da TVG, no que saímos brevemente tanto de frente como de espalda
Ningún comentario:
Publicar un comentario