Chéganos, desde o IES Poeta Díaz Castro, de Guitiriz (Lugo),
este documental sobre o poeta que dá nome ao centro, Xosé María Díaz
Castro.
A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro "inclúe
entrevistas e enquisas na rúa, ademáis dun apartado musical importante
con varios temas que inclúen os versos de Díaz Castro e son
interpretados pola aula de música do centro. O documental foi realizado
por alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO dentro dun proxecto enmarcado nos
programas da Consellería de Educación de fomento da excelencia.
Dende a escrita do guión, ata a realización das entrevistas, todo o documental foi realizado polo alumnado
co apoio de profesores e máis de Cristina de la Torre, xornalista e
realizadora en Pasen y Vean Comunicación, quen se encargou de dirixir o
obradoiro. A directora do centro, Olga Aguiar, destaca que o resultado
superou con moito as expectativas e agardan que a curtametraxe lle dea
repercusión ó traballo educativo que se realiza cos alumnos do rural
galego, ademais de axudar a difundir a figura de Díaz Castro: “Un autor
aínda moi descoñecido e que precisa recuperar o seu lugar no imaxinario
cultural galego”. Sandra Tenreiro, a profesora de música e que compuxo
as cancións, destacou a creatividade e implicación dos rapaces, ata o
punto de que un alumno de bacharelato versiona e rapea un dos poemas.
Tódalas cancións terán licenza Creative Commons e estarán dispoñibles en
Internet".
Ningún comentario:
Publicar un comentario