13/05/14

A noite é, de Xosé María Díaz Castro

Seguimos coa obra do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas e co seu poemario Nimbos.

A noite é...

Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.

A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.



O poema de Díaz Castro musicado pola profesora de música Sandra Tenreiro e interpretado polo alumnado do IES de Guitiriz:

Ningún comentario: