A fascinante historia de como Nelson Mandela conseguiu o milagre da
reconciliación entre negros e brancos en Sudáfrica. En 1985, Nelson Mandela, no cárcere por preto de vinte
e tres anos, propúxose conquistar aos seus inimigos sen loitar contra eles.
Despois de gañar a presidencia de Sudáfrica , o país foi elixido para acoller a
Copa do Mundo de Rugby.
TÍTULO: La pequeña comunista que no sonreía
nunca.
AUTOR: Lola Zafón.
EDITORIAL:
Anagrama
A través dun intercambio fabulado de correos e conversas telefónicas coa
propia Nadia Comaneci, Lola Zafón tece una especie de documental de ficción que
enche «os silencios da historia e os da protagonista». E así pode falarnos
sobre a ditadura que reina sobre o corpo feminino, sempre sometido a esixencias
de eterna xuventude.
TÍTULO: La corredora.
AUTOR: Carrie Snyder.
EDITORIAL:
Alfaguara 2015
Ninguén parece lembrar as fazañas de Aganetha hoxe, a súa medalla de ouro
para o Canadá nos Xogos Olímpicos de 1928, o primeiro no que as mulleres
puideron participar en probas de longa distancia. Ata que veñen visitala ao
asilo dous estraños mozos que queren saber máis sobre a súa carreira deportiva.
É así como Aganetha volta á granxa onde naceu e recorda a súa infancia no
Canadá rural e a súa loita por converterse nunha muller independente na súa
chegada á gran cidade. Pola súa memoria pasan a devastadora Guerra Mundial, a
gripe española e a terrible década dos trinta...
TÍTULO: El sueño de Iván
AUTOR:Roberto Santiago
EDITORIAL: SM 2011
Por primeira vez na historia do fútbol, unha selección de nenos vai
enfrontarse a unha selección dos mellores xogadores do mundo. O motivo: recadar
fondos para as vítimas dun terremoto. O xogo ten lugar no Estadio Azteca en
México e, por suposto, os nenos non teñen oportunidade ningunha de gañala ...Ou
si?
O día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares así que, coma todos os anos, estamos a organizar o mercadiño solidario. Animádevos a participar nel!
Xa sabedes que podedes traer os libros que xa lestes e tedes xa moi vistos. Así poderedes levar outros que moitos dos vosos compañeiros aportan ao mercadiño e, de seguro, vos encantarán.
Xa comentamos que este ano dedicamos o proxecto lector ao tema "Olimpíadas" e por iso os nosos expositores están a encherse de libros e novidades arredor dos xogos, as equipas, o afán de superación, o esforzo...
Non esquezades que o ano próximo se celebran os xogos olimpicos na cidade de Río, en Brasil.
Animádeos a buscar información para encher as clases e os corredores de xogo e animación!
Tamén estamos a renovar o expositor de novidades e o carriño "Que rule"
Visitade a biblioteca! Xa sabedes que está aberta nos recreos e tamén polas tardes, de catro a cinco.
Escarlatina, a cociñeira defunta foi recoñecida co galardón do Ministerio de Cultura
A galega Ledicia Costas acaba de ver recoñecido o seu traballo do Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que outorga cada ano o
Ministerio de Educación e Cultura. A novela Escarlatina. A cociñeira defunta,
que publicou Edicións Xerais con ilustracións do tamén galego Víctor
Rivas, vendeu xa preto de 8.500 exemplares no noso país e recibira o
Premio Merlín de Literatura Infantil o pasado ano, canda a outros
galardóns coma os Fervenzas Literarias ou o Premio Xosé Neira Vilas da
Asociación Galega de Editores. O xurado destacou que se trata "dunha
obra extraordinaria, humorística e rachadora no contexto da Literatura
Infantil e Xuvenil Actual", ademais sinalar que a obra posúe "habilidade
para desmitificar o mundo da morte". O galardón está dotado con 20.000
euros.
Dende a biblioteca do CPI da Ribeira felicitamos con entusiasmo a Ledicia Costas, unha das escritoras preferidas dos nosos nenos e nenas, por esta nova distinción e lle agradecemos moito todo o agarimo e simpatía que amosou nas súas visitas, tan apreciadas, ao noso centro.
Benvidos un ano
máis á biblioteca do CPI da Ribeira. A nosa biblioteca!
Este curso
tentaremos descubrir unha chea de
experiencias, sensacións, viaxes, xogos... E todo iso a través deses amigos que
sempre están aí esperando por nós: os
libros.
Xa podes levar estes libros, e máis, da nosa biblioteca para o verán!
Familias e adultos:
COSTAS, Ledicia. Un animal chamado néboa. Xerais, 2015.
A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.Un animal chamado néboa é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque USS Indianapolis, os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do Enola Gay forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.
REIMÓNDEZ, María. A música dos seres vivos. Xerais, 2015.
Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos. Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.
CEREZO, Luis. EO. Suma, 2015.
Unha historia de valentía e amizade na que Pedro, un rapaz solitario, atopa un elefante escapado do circo e decide agochalo. Unha vertixinosa fábula contemporánea entre a mesquindade e a tenrura, a loucura e a amizade, a crúa realidade e a maxia.
«Entonces lo descubrió: le estaba mirando. Olvidó gritar, escapar o cerrar la boca, abierta por la sorpresa. No pudo apartar los ojos de su visión...».
"Así comienza la aventura más extraordinaria que un niño y un animal han vivido nunca, una historia de valentía y amistad en la que Pedro, un niño solitario, encuentra un animal escapado del circo y oculta su descubrimiento para conservarlo como amigo. Pero un elefante es un secreto difícil de ocultar...".
MOLLÀ, Màrius. El maestro. Ediciones B, 2015.
Un mestre que simpatiza coas crenzas da Escola Moderna chega a unha pequena escola nun pobo de leñadores. A novela é un
canto á educación moi necesario nestes tempos. Recomendado a tódolos
relacionados coa escola, sexan pais ou mestres.
"Los viejos ideales nunca se olvidan.
Año 1914. Un hombre solo viaja en tren de Francia a Barcelona. Cerca del macizo del Montseny, siente el impulso de bajarse en una pequeña estación. El olvido que busca podría encontrarse en el silencio de la montaña. El protagonista pasa a formar parte de una pequeña comunidad de leñadores y se acostumbra a la vida sencilla en contacto con la naturaleza. Atrás quedan los ideales y los sueños envueltos en su pasado desconocido. Pero no podemos oponernos a nuestro destino, y pronto descubrirá que los niños de la explotación forestal lo necesitan. Tal vez el aislamiento del bosque sea, después de todo, el lugar para llevar a la práctica los principios pedagógicos que la Escuela Moderna había desarrollado en Barcelona a comienzos del siglo XX.
Una novela sobre los sueños que nos mantienen vivos, los viejos ideales que nunca se olvidan y la fuerza de los niños para cambiar el mundo". Reseña en Los libros de Dánae.
BOTAS, Víctor. Un millón de gotas. Destino, 2015.
Un intenso thriller con traizón, vinganza e acción a medio cabalo entre a II Guerra Mundial e a actualidade. Unha grande historia de ideais traizoados, de vidas zarandeadas por un destino implacable, unha visceral historia de amor e unha vinganza longamente postergada.
"Gonzalo Gil es un abogado metido en una vida que le resulta ajena, en una carrera malograda que trata de esquivar la constante manipulación de su omnipresente suegro, un personaje todopoderoso de sombra muy alargada. Pero algo va a sacudir esa monotonía.Tras años sin saber de ella, Gonzalo recibe la noticia de que su hermana Laura se ha suicidado en dramáticas circunstancias. Su muerte obliga a Gonzalo a tensar hasta límites insospechados el frágil hilo que sostiene el equilibrio de su vida como padre y esposo. Al involucrarse decididamente en la investigación de los pasos que han llevado a su hermana al suicidio, descubrirá que Laura es la sospechosa de haber torturado y asesinado a un mafioso ruso que tiempo atrás secuestró y mató a su hijo pequeño. Pero lo que parece una venganza es solo el principio de un tortuoso camino que va a arrastrar a Gonzalo a espacios inéditos de su propio pasado y del de su familia que tal vez hubiera preferido no afrontar. Tendrá que adentrarse de lleno en la fascinante historia de su padre, Elías Gil, el gran héroe de la resistencia contra el fascismo, el joven ingeniero asturiano que viajó a la URSS comprometido con los ideales de la revolución, que fue delatado, detenido y confinado en la pavorosa isla de Nazino, y que se convirtió en personaje clave, admirado y temido, de los años más oscuros de nuestro país.Una gran historia de ideales traicionados, de vidas zarandeadas por un destino implacable, una visceral y profunda historia de amor perdurable y de venganza postergada; un intenso thriller literario que recorre sin dar respiro la historia europea". Reseña en Todo Literatura.
Todos estes libros están xa na biblioteca listos para levar!
2º ciclo da ESO:
FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. A neve interminable. Xerais, 2015.
Un equipo de guionistas –tres mulleres e dous homes– recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno Le as primeiras páxinas aquí.
LORENZO, Fran P. Cabalos e lobos. Xerais, 2015. Premio Blanco Amor 2014
Vigo. Setembro de 1972. Paula acaba de atravesar unha cidade tomada pola
policía franquista e colapsada pola folga. Na súa casa, no alto do
edificio de Gran Vía nº 2, agárdaa unha revelación. Ten quince anos e
acaba de decatarse de que non coñece a súa nai, a herdeira dunha
influente estirpe de empresarios alemáns asentados no porto vigués a
finais da I Guerra Mundial. O que ela descobre esa tarde é o primeiro
segredo dunha rede de mentiras e silencios que, xa no presente, se verá
obrigada a destecer para o seu fillo. Nese relato achará as claves de
quen é a súa familia. Un colar de rubís, unha carta sen resposta, un
país bombardeado, trens que parten cara ao frío e, sobre todo e contra
todo, o amor prohibido que unirá de por vida o seu tío Álvaro co
inquietante Bruno. Cabalos e lobos, a primeira e magnífica novela do
xornalista Fran P. Lorenzo, é o retrato íntimo da historia dun século
marcado pola guerra, o totalitarismo e a barbarie. Unha fotografía, con
Vigo ao fondo, do combate individual que os seus protagonistas libran
por aquilo que desexan, nese preciso lugar en que a cidade se funde cos
seus soños.
ÁLVAREZ, Bautista. Cuarto minguante. Xerais, 2015.
Ismael, o coxiño, o fillo da Rosaura da casa dos Boullosas, pasou aos
catorce anos da escola de Andrade á de Santomé, onde aprendeu o manexo
da tesoira e da agulla, habilidades propias do oficio de xastre. O
enterro do seu avó, a quen lle preparou o primeiro traxe, foi o
escaparate que lle permitiu comezar a contar con clientes na súa
parroquia e despois tamén nas aldeas limítrofes. A cousa non empezaba
mal. Porén, a división da herdanza familiar, obrigouno a coller outro
camiño. O 5 de agosto de 1955, saíu do porto de Vigo a bordo do
transatlántico Santa María rumbo ao porto da Guaira de Caracas. Iniciaba
así Ismael o seu percorrido emigrante que o levaría despois a Brasil e
Arxentina e, máis tarde, de regreso á outra beira do Atlántico, a aquela
primeira Suíza dos galegos. Nunha prosa gozosa e vibrante, labrada cunha
lingua de inequívoca estirpe popular, e cunha presenza constante dun
humor sutilmente retranqueiro, Bautista Álvarez reconstrúe nesta súa
novela alboral os vieiros da emigración galega da segunda metade do
século XX, unha epopea colectiva merecente de ser rescatada do
esquecemento.
MOURE, Teresa. A casa dos Lucarios. Xerais, 2014.
Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, María Celeste,
aparecida morta no seu berce na segunda semana de vida, decidiron
instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa
cociña grande daqueles tempos, pegada á corte, e dous cuartos máis para
acubillar á xente miúda, ademais dun faiado fermoso onde gardaren mazas e
millo e soños dos que escorregan polas fendas da madeira. Despois,
Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite
apertaba o fol da súa gaita grileira, e onde tamén Rosa acrecentaba,
contra vento e marea, as súas industrias de vendedora de pezas do
enxoval. A vida ía manando paseniño, coa correspondente ración de dores e
alegrías, como mudaba a casa dos Lucarios. Teresa Moure ofrece nesta
novela curta, escrita nunha prosa engaiolante, enchida de humor e
sensualidade, a historia dunha familia a través das mudanzas e
transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas. Un
texto memorable dunha das nosas grandes escritoras contemporáneas.
BLUE JEANS. Algo tan sencillo como tuitear te quiero. Planeta, 2015.
Un grupo de rapaces no seu primeiro ano na universidade e na residencia de estudantes. Novatadas, soidade, novas relacións, tentacións... pero sobre todo amor e amizade.
«El primer año en la universidad marca la vida de muchas personas. Te enfrentas a nuevos retos, nuevas ilusiones y a numerosos cambios que, por mucho que tengas previstos no dejan de sorprenderte. Todo esto se multiplica si, además, ese primer año lo pasas en una residencia de estudiantes. Vives veinticuatro horas, los siete días de la semana, con los que terminan convirtiéndose en tus mejores amigos. Abres los ojos de par en par y surge el amor, llegan las decepciones, descubres la pasión, te persiguen las tentaciones, conoces a fondo tus miedos...todo intensifi cado y a un ritmo que da vértigo. Los chicos de la Benjamin Franklin afrontan esa época repletos de sueños y también de dudas. Las cosas no siempre son lo que parecen ni salen como uno desea. Pero tienes que lanzar la moneda para saber si sale cruz o cara». Le aquí as primeiras páxinas.
TINTERA, Amy. Reiniciados. Océano, 2015.
Un virus mortal causa millóns de vítimas, pero a tecnoloxía desta sociedade futura permite “reiniciar” aos adolescentes para convertelos en despiadados soldados.
"Una adictiva novela de acción futurista, situada en el Estado de Texas. La trama muestra cómo la población ha sido atacada por un virus mortal que se ha cobrado millones de vidas. Sin embargo, la tecnología permite revivir o reiniciar a los adolescentes para convertirlos en despiadados soldados. Cinco años atrás, la joven Wren Connolly recibió tres disparos en el pecho, ahora ha regresado como una Reiniciada Reboot. Es una guerrera más fuerte, más rápida, capaz de curarse a sí misma y con menos sentimientos. A medida que los Reiniciados pasan más tiempo muertos, vuelven con menos atributos humanos. Wren 178 es la reiniciada que más tiempo ha estado muerta en la República de Texas. Ahora, con diecisiete años de edad, trabaja como soldado para la Corporación para el Progreso y la Repoblación Humanas". Reseña do libro en Ciudad de los libros.
ESLAVA GALÁN, Juan. Misterioso asesinato en casa de Cervantes. Espasa, 2015. Premio Primavera 2015.
Unha novela de intriga baseada nun feito real: o escritor Miguel de Cervantes e as súas irmás son acusados de asasinato. Dorotea, unha muller culta e intelixente, recibe o encargo de investigar os feitos, para o que deberá facerse pasar por home.
"A las puertas de la casa de Miguel de Cervantes ha aparecido el cadáver del hidalgo Gaspar de Ezpeleta, al que han apuñalado. Una vecina beata acusa al escritor y a sus alegres hermanas, las Cervantas, de estar implicados en el asunto y acaban encarcelados. La duquesa de Arjona, gran admiradora de Cervantes, requiere los servicios de la joven Dorotea de Osuna para que acuda a Valladolid e investigue el caso, conocedora de sus habilidades en este campo.
A través de la investigación detectivesca de Dorotea para defender la inocencia del autor de El Quijote asistimos a un retablo de la España del Siglo de Oro: un país agotado por las guerras, anegado de clases ociosas e improductivas, nobles y clérigos, lleno de prejuicios, con una legión de mendigos, veteranos de las guerras tullidos, pícaros, busconas y criadillos. Una auténtica corte de los milagros en la que la mujer se rebela y lucha denodadamente por escapar del papel secundario al que la sociedad la relega".
Xa podes levar prestados todos estes libros para o verán!
1º ciclo da ESO:
FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. O segredo da Illa Negra. Xerais, 2015.
Sara vive nunha aldea da beiramar, onde a pesca é o único medio de vida. Un día os barcos comezan a vir baleiros, só hai peixes nas proximidades da Illa Negra, onde habita unha cruel Serea. Uriel, o irmán de Sara, vai botar as redes nesas augas e alí cae prisioneiro da Serea. Entón Sara decide navegar ata a illa para liberar a Uriel, coa única axuda de tres buguinas máxicas.
CANOSA, María. Rubicundo. Xerais, 2015. Finalista Premio Merlín 2014
Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos
DAHL, Roald. Voando só. Sushi books, 2015.
A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell. A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante.
Le as primeiras páxinas aquí e a páxina 99 aquí. ESMORÍS, Érica. Ulises e as cronoamigas. Surfistas en California. Sushi books, 2015.
Por culpa de Caraempanada, que me suspendeu Historia, vou ter que pasar o verán no campamento da Illa do Tempo. Alí convivimos rapazas de diferentes décadas do século XX. Dáme que este verán imos viaxar no espazo... e no tempo. Acompáñasnos?
GARCÍA-ROJO, Patricia. El mar. SM, 2015. Premio Gran Angular 2015.
Unha aventura de cazadores de tesouros nunha cidade submerxida baixo o mar que demostra que o mundo non é o que parece e que fai falta moi pouco para ser feliz.
Rob sobreviviu a un tsunami e agora vive nun tellado, caza tesourosno seu barco de cortiza branca e está toliño por Lana. Nunha das súas excursións en busca de novos tesouros mariños, atopa unha pedra máxica que lle permite transformarse en calquera persoa que desexe. Este descubrimento pon a súa vida bocarriba. GALLEGO, Laura. Todas las hadas del reino. Montena, 2015.
Un conto de fadas contado pola fada madriña, pero moi distinto dos de sempre. Unha novela de maxia, aventuras e intriga que te sorprenderá xusto cando penses que sabes o que vai pasar.
Opinións dos lectores:
NIVEN, Jennifer. Violet y Finch. Planeta, 2015.
Se che gustou Bajo la misma estrella, a historia de amor de Violet y Finch chegarache ao corazón.
Violet está rota. Finch está roto. ¿Poden dúas metades rotas reconstruirse? Esta é a historia dunha rapaza que aprende a vivir dun rapaz que pretende morrer; de dous mozos que se atopan e deixan de contar os días para empezar a vivilos. Reseña do libro.
DAHL, Roald. Voando só. Cangas do Morrazo: Sushi Books, 2015. ISBN
978-84-15920-54-0.
Contracuberta: A primeira parte deste libro retoma a autobiografía de Roald Dahl iniciada en Boy (Relatos de infancia). Comeza coa viaxe á África oriental para desempeñar o seu primeiro traballo na petroleira Shell.
A segunda parte do libro trata do tempo que estivo voando coa RAF, as
forzas aéreas do exército británico, durante a Segunda Guerra Mundial, e
no que cada acontecemento resultou totalmente fascinante. "O Gladiator estaba armado con dúas metralladoras fixas que disparaba as súas balas a través da hélice en movemento. Para min, aquel era o mellor truco de maxia que vira na miña vida. Non daba comprendido como dúas metralladoras que disparaba miles de balas por minuto podían sincronizarse para que os proxectís pasasen por entre unha hélice que xiraba a miles de revolucións por minuto sen golpear as súas aspas. Dixéronme que tiña algo que ver cun tubiño de aceite e que o eixe da hélice conectaba coas metralladoras é enviar uns impulsos a través del, pero non sei dicir máis nada. En Ismailía, un tenente de voo bastante altivo sinalou un Gladiator estacionado na pista e díxome: —Ese é o meu. Mañá levarao ata a súa escuadrilla. —Quen me vai ensinar a pilotalo? —pregunteille, tremelicando. —Non sexa estúpido —respondeu—. Como lle vai ensinar ninguén se só dispón dunha cabina? Non ten máis que subir nel, faga un par de circuítos e probas de impacto e deseguida lle collerá o xeito. Será mellor que practique todo o que poida, porque, antes de que se decate, xa andará a xogar polo aire con algún mañoso italianiño que intentará derrubalo. Recordo que naquel momento pensei que seguramente aquela non era a forma apropiada de facer as cousas. Investiran oito meses e unha gran cantidade de cartos a adestrarme para voar e, de socato, acabábase todo. En Ismailía ninguén ía ensinarme nada sobre os combates aéreos e certamente non ían perder o tempo en instruírme cando me incorporase a unha escuadrilla operativa xa activa. Non hai dúbida de que nos lanzaron ó baleiro sen a preparación axeitada para o combate aéreo e, na miña opinión, esa foi a causa das enormes perdas de pilotos novos que sufrimos alí. Eu mesmo salveime polos pelos". Podes ler as primeiras páxinas nesta ligazón.
Un dos libros que recomendamos para este verán é en realidade un libro-disco multilingüe (sobre todo, galego-inglés): Sira e o robot, de Mark Wiersma e Miguel Mosquera.
O libro conta as aventuras de Sira, unha rapaza galega, nunha especie de Eurovisión intergaláctica. Este é o resumo que trae a contraportada do libro:
Galicia, ano 2050. O inglés acaba de ser declarado lingua oficial xunto
co galego. Os humanos compórtanse como robots e os robots son aparellos
choromicas que posúen o don da música.Sira, unha rapaza de dez anos
cunha forte personalidade e moi imaxinativa, non acaba de atopar o seu
lugar nesta sociedade. Un venres, totalmente aburrida da vida terrestre,
ve un anuncio na televisión sobre un festival intergaláctico da canción
que se vai celebrar en Titán, a sexta lúa do planeta Saturno. Na
compaña de William, o seu inseparable e medroso robot, busca o modo de
viaxar a Titán para participar no certame. Alí descubrirá un mundo novo
que lle vai cambiar a súa forma de ver a vida para sempre.Ao estilo dos
musicais clásicos, as cancións intercálanse de maneira natural na
narración, conformando esta aventura espacial chea de humor e misterio.
Unha historia para ler e escoitar.
E velaiquí a reseña que fan no blog de Rede Lectura:
As ilustracións de Iván Sende
resultan moi adecuadas, especialmente as máis panorámicas como a do
colexio e destaca pola súa orixinalidade como a da nave espacial en
forma de hórreo que nos lembra aquela serie de nome Anamarciana de Alberto Varela, na que no firmamento, entre os planetas aparecían as vacas.
Para ler e escoitar, para cantar acompañando as voces a modo de galeoke
A modo de teatro
radiofónico, as voces do narrador e a narradora así como a de cada un
dos personaxes, condúcennos a unha visión imaxinativa.
Referencias a
Luar, a catedral de San Google, Leo Arremecaghona ou a clase de twitter
sitúannos na máis salvaxe actualidade. E os valores a pé de obra, eses
valores realmente plurais que non agachan imperios encubertos. Grazas
pola frescura!
DEL ÁRBOL, Víctor. Un millón de gotas. Barcelona: Ed. Destino, 2014. ISBN 9788423348138.
Contracuberta:
Gonzalo Gil es un abogado metido en una vida que le resulta ajena, en
una carrera malograda que trata de esquivar la constante manipulación de
su omnipresente suegro, un personaje todopoderoso de sombra muy
alargada. Pero algo va a sacudir esa monotonía.Tras años sin saber de
ella, Gonzalo recibe la noticia de que su hermana Laura se ha suicidado
en dramáticas circunstancias. Su muerte obliga a Gonzalo a tensar hasta
límites insospechados el frágil hilo que sostiene el equilibrio de su
vida como padre y esposo. Al involucrarse decididamente en la
investigación de los pasos que han llevado a su hermana al suicidio,
descubrirá que Laura es la sospechosa de haber torturado y asesinado a
un mafioso ruso que tiempo atrás secuestró y mató a su hijo pequeño. Pero
lo que parece una venganza es solo el principio de un tortuoso camino
que va a arrastrar a Gonzalo a espacios inéditos de su propio pasado y
del de su familia que tal vez hubiera preferido no afrontar. Tendrá que
adentrarse de lleno en la fascinante historia de su padre, Elías Gil, el
gran héroe de la resistencia contra el fascismo, el joven ingeniero
asturiano que viajó a la URSS comprometido con los ideales de la
revolución, que fue delatado, detenido y confinado en la pavorosa isla de
Nazino, y que se convirtió en personaje clave, admirado y temido, de
los años más oscuros de nuestro país.Una gran historia de ideales
traicionados, de vidas zarandeadas por un destino implacable, una
visceral y profunda historia de amor perdurable y de venganza
postergada; un intenso thriller literario que recorre sin dar respiro la
historia europea.
"—¿Cómo dices?
—A Laura. Las atrapaba al vuelo y las apuntaba en una pequeña libreta de canutillos que solía llevar en el bolso. Luego las repetía una y otra vez, como si las masticase o quisiera domarlas.
—¿Qué clase de palabras?
—Palabras salvajes. Buscaba el significado en el diccionario y lo subrayaba con un rotulador fluorescente. Si al cabo de un tiempo volvía al vocablo y descubría que ya lo había buscado antes, se enfadaba como una cría.
—No lo sabía —dijo Lola tocándole levemente la cabeza, como si ya hubiese hecho lo que podía para consolarle. Gonzalo parpadeó como si hubiese descubierto en ese instante algo insoportable. Durante unos segundos tanteó el rostro de su mujer con la mirada.
—En realidad, yo tampoco sabía ya gran cosa de ella. Diez años de distancia son muchos años.
—No fue culpa tuya. Fue ella la que decidió alejarse.
Gonzalo asintió mecánicamente, sin llegar a la evidencia de aquella certeza. Contempló el perfil de Lola, como si quisiera cerciorarse de que los ojos no le mentían. La luz de la lamparita se reflejaba en su rosto y lo convertía en una impresión difusa, como esos perfiles que se adivinan tras una ventana los días de lluvia.
Lola se alisó el pelo y se estiró la carne de las mejillas.
—Creo que necesito un café.
Preparó el desayuno en silencio; hacía años que no se molestaba en calentarle a Gonzalo el café o en exprimir un par de naranjas con una cucharada de azúcar. Gonzalo la dejaba hacer, observando con la mente en blanco cómo iba de un lado a otro de la cocina. Su esposa vino a sentarse a su lado con una taza humeante y vivificadora.
—¿Has hablado últimamente con Javier?
—Al menos lo he intentado —concedió Gonzalo, que miraba a su esposa esperando que terminara la frase".
Biosbardia. O país dos libros en galego é unha revista electrónica con contidos moi interesantes sobre literatura e que vos recomendamos.
Reproducimos a continuación a entrevista de César Lorenzo Gil a Elena Gallego Abad que eles publican:
Elena Gallego Abad: “A historia de ‘Dragal’ dá para tres triloxías”
Elena Gallego xunto á árbore que dá libros da serie ‘Dragal’ nas súas diversas edicións.
César Lorenzo Gil.
Unha historia de dragóns, escrita case como un reto familiar, cambioulle a vida a Elena Gallego Abad (Teruel, 1969). Dragal, a serie de narrativa xuvenil fantástica que edita Xerais chega agora ao seu cuarto volume: A estirpe do dragón.
Falamos coa autora sobre este fenómeno que xa vendeu máis de dez mil
exemplares e que está a piques de converterse en película e en cómic
interactivo en liña.
Empecemos polo primeiro capítulo da historia. Cando ideou Dragal xa contaba con que fose unha serie?
Non. Teño contado moitas veces como empezou todo. Hai seis ou sete
anos eu era a nai dun adolescente de quince anos, Adrián, que tiña o
cuarto empapelado con imaxes de dragóns, que pasaba o día enteiro a ler
historias de fantasía con dragóns polo medio, historias de mundos
paralelos e portas cara a dimensións descoñecidas. Falando co meu fillo,
fun consciente de que ignoraba moitas cousas das propias tradicións
galegas e logo de discutirmos sobre as posibilidades da cultura nosa
para crear un universo fantástico apegado ao terreo e verosímil, púxenme
a escribir unha historia. Ía ser simplemente un conto para demostrarlle
que se podía facer unha boa aventura con dragóns pero a medida que ía
escribindo, a cousa foi medrando e converteuse nun libro. Adrián leuno e
gustoulle, así que un día, case por casualidade, lin as bases do Premio
Caixa Galicia (hoxe Jules Verne) de literatura xuvenil que convocaba
Xerais e dixen para min: “o non xa o tes, é só gastares un pouco en
fotocopias e correos”. Nese momento todo cambiou. Aínda que o libro non
gañou o premio, o xurado fixo unha mención especial, unha recomendación
para que a editorial publicase o libro.
Recordo que aquel ano en San Simón falábase tanto do seu
libro coma da gran gañadora da tarde, Rosa Aneiros, que levou xuntos o
devandito Caixa Galicia e mais o Xerais de novela. Que pasou despois?
Na primeira reunión que tiven con Manuel Bragado, director de Xerais, xa me amosou o gran problema do libro: “Dragal non
termina; continúa”. Eu respondinlle que así era pero que non sabía se a
cousa unicamente daría para engadirlle corenta páxinas máis, que
quizais o plan era escribir unha triloxía. Ía un tanto de farol, pensei
na triloxía porque é moi común que se fagan series así na fantasía pero
até ese momento non fora tan ambiciosa. “Vale. Pois ponte a escribila”,
contestoume Bragado. E así aquela historia para Adrián acabou tomando o
rumbo dun proxecto moito máis grande.
O instinto de Xerais era atinado. O primeiro libro triunfou.
Xa vai pola oitava edición. Coido que foi fundamental a recepción nos
centros de ensino. Lembro especialmente as palabras dun profesor que
falou comigo sorprendido de que un alumno seu que nunca lera nada, de
socato estaba o día enteiro cun libro na man; incluso nas clases lía ao
escuso. Cando averiguou que libro estaba a ler, interesouse e encontrou
en Dragal calidades suficientes para recomendalo, para
aproveitalo nas súas clases. A cousa ía medrando xa sen que eu
intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos
propios profesores; cando ía a algún centro dar unha charla encontrábame
as paredes decoradas con motivos do libro. A rapazada non paraba de
preguntar como continuaba a historia.
A cousa ía medrando xa sen que eu intervise. Circulaban guías didácticas sobre o libro feitas polos propios profesores.
E así chegaron a segunda e a terceira entregas. E o fenómeno
deixou de ser unicamente galego. O libro xa ten edición catalá, inglesa e
española. Como foi o proceso de expansión?
Primeiro, naceu dun complexo propio. Recordo chegar a Madrid, a unha
desas librarías de enorme superficie e decatarme de que había un cento
de libros sobre dragóns e que o meu non estaba. Decateime de que tiña
que esforzarme por conseguir estar nun nivel diferente e púxenme á
tarefa.
Ten vostede axente literario?
Non teño. Eu convertinme na miña propia axente literaria. Contactei
con editores de fóra e ofrecinlles a historia. Nalgúns casos tiven que
insistir moito, ofrecerme ao cento por cento, convencelos de que é unha
historia universal, que ten interese para públicos moi variados. Os
editores que lle deron unha oportunidade quedaron moi satisfeitos. A
miña editorial en catalán, Pagès Editors, cando decidiu crear unha nova
colección de libros xuvenís co gallo do seu 25º aniversario, inaugurou a
nova serie co Dragal. Aínda recordo o día que fun á Casa do Libro en Barcelona e vin o meu libro ao lado dun dos de Harry Potter. Foi unha sensación moi especial.
A receita, daquela, para os escritores galegos, é a perseveranza no traballo “comercial”?
No meu caso foi así. Non podes unicamente pensar en escribir boas
historias, tes que pensar que a túa obra é coma un fillo, que precisa
coidados, atención, que te preocupes por ela, que fagas todo o posible
polo seu benestar. Eu sempre considerei fundamental atender os lectores
nas redes sociais, visitalos nos centros de ensino, facer presentacións,
que me consideren unha persoa accesible coa que comunicarse… E por
outro lado, sempre estou intentando abrir mercado. A serie de Dragal
está en Alemaña, en Italia, no Xapón, no Brasil e en Portugal. Confío
que co tempo se publique neses países e incluso noutros. Ás veces paso
as mañás enteiras ao teléfono con editores.
Hai escritores que se queixan de que hoxe en día sexan eles os encargados deses labores, que os distraen de escribir.
Pensei moitas veces en compartir a responsabilidade de “coidar” do Dragal
pero sempre penso: a cantos escritores representa un axente? A
cincuenta? Quen me di que lle vai dedicar todo o tempo que necesita? Xa
recibín varias ofertas pero non quero asinar un talón en branco. Prefiro
manter o control sobre o proxecto ao cento por cento. Considero ese
labor de promoción intrínseco ao de creación. Cando planifico os ritmos
de escritura xa conto co tempo que lle teño que restar. Pero sendo
realistas, un escritor fai moito máis que escribir: ten que ler, ten que
ler para documentarse, ten que pensar en como resolver determinados nós
da historia, ten que formarse en teoría narrativa para contar con
ferramentas que a axuden cando se complica manter o fío…
Polo que me di, non parece vostede unha escritora metódica, das que sentan oito horas seguidas a darlle á tecla.
Nalgúns momentos concretos si que o fixen. Fixeime obxectivos de
páxinas por xornada e cumprinos pero polo xeral coido que son algo máis
anárquica. E penso que esa forma de ser e de facer é a que me fai
atractivo o traballo de escribir.
Seguro que ten reflexionado sobre cal é a “fórmula” do éxito de Dragal.
Coido que pode haber varias razóns pero a miña análise non é previa;
non nace dun deseño. Cando me poño a escribir só teño dúas cousas en
mente: que nunha saga, é imprescindible que cada novo título sexa mellor
ca o anterior e que a miña fidelidade é co lector; un lector que non se
deixa enganar, que sabe moi ben o que quere, que é esixente, que bufará
de rabia se o texto non está á altura das súas expectativas.
Fun sempre unha devoradora de libros e esas lecturas acaban por formar parte dos meus textos.
Íame dar o resultado desa análise a posteriori.
Si. Digo que visto o resultado, Dragal é unha serie que
empata moi ben con persoas que len pouco, en moitos casos rapaces que
nunca leran nada anteriormente e que encontran nestes libros os
alicientes necesarios para engancharse. Cada libro facilita esa
“dependencia”, primeiro polas técnicas que emprega: capítulos breves que
sempre rematan en alto, que “esixen” continuar a lectura. Segundo, pola
mestura de xéneros. Eu fun sempre unha devoradora de libros e esas
lecturas acaban por formar parte dos meus textos. Recoñezo que tirei
cousas d’Os Cinco, de Enid Blyton, de Viaxe ao centro da Terra, de Jules Verne… Hai aventura, hai amor, hai relato fantástico e novela histórica… E terceiro, porque a narración é realista.
Non me dirá que os dragóns existen na realidade.
É moi curioso que estean presentes en todas as culturas… Pero non é
iso o que quero dicir. Refírome a que son textos moi documentados,
rigorosos coas fontes. Todo o que se conta aparece nos textos
tradicionais da cultura galega. Todos son feitos que se poden pescudar
ben por lugares físicos ben por fontes históricas. A base de todo o
proxecto naceu do Códice Calixtino. A lenda, a historia do Dragal
forma parte da historia xacobea, a creación galega máis universal. Pero
non só iso: as partes científicas están explicadas con verosimilitude. É
ficción pero o lector non se encontra con disparates. Decátase de que
todo flúe sen estridencias.
E Dragal xa non só é unha colección de libros. Prepárase unha película sobre a serie. Cónteme.
O proxecto audiovisual naceu dun encontro casual. Coñecín o produtor
Xulio Casal, de Ficción Producciones, quen estaba a buscar unha historia
pensada para o público xuvenil xa que tiñan cubertos os ámbitos para
adultos e para cativos. Falando falando interesouse moito por facer algo
co universo Dragal. Xurdiu primeiro un proxecto audiovisual
educativo no que participan varios centos de alumnos e logo a idea da
película. Tamén se está a preparar un proxecto de cómic interactivo, que
explota as posibilidades do formato en liña, con videoxogos integrados…
O salto ao audiovisual foi moi importante para Dragal IV.
E iso?
Casal falaba comigo a cada pouco, pedíame ideas ou explicacións.
Chegou un momento no que lle dixen: “Mira, se teño que pórme a escribir
case que escribo outro libro da serie”. E así foi.
Antes contábame que a historia ao primeiro ía para triloxía. Xa lle ten límite?
A historia de Dragal dá para tres triloxías. A medida que
investigo, que abro a mente, doume de conta do moito que queda por
contar. É un proxecto tan amplo coma queiramos que non dou por rematado.
Como dixen antes, o único límite que me poño é que cada libro que se
publica de novo sexa mellor ca o anterior.
Non teme acabar cansa dos dragóns?
Iso poderíame pasar se esta fose unha historia unicamente de dragóns.
Non. Esta é unha historia de Galicia. É tan variado e diferente,
esíxeme tantas cousas libro a libro que estou ben lonxe de cansar. Por
exemplo, en Dragal IV tiven que aprender a sintetizar. En cada libro aprendo cousas novas; é unha das cousas máis interesantes.
De canto lle valeu esa aprendizaxe na narrativa para mozos cando publicou Sete caveiras (Xerais), unha novela negra para adultos?
De moito. Tanto no proceso de escrita coma no de promoción. Sete caveiras
foi un libro que me fervía e escribino moi rápido. Funcionou moi ben.
Xa vai pola terceira edición e estou en negociacións cunha editorial
para lanzar unha versión en francés. Serviu ademais para rachar certos
preconceptos sobre Dragal. Como é unha serie pensada para o
público mozo, moitos lectores adultos tiñan reparos en achegarse. Logo
de leren a miña outra novela foilles máis fácil.
Vistos os resultados, seguro que haberá máis libros para adultos.
Seguramente. De feito, xa teño unha novela rematada. Publicarase proximamente.
Vostede, no momento de publicar o primeiro volume de Dragal, traballaba como xornalista. Agora dedícase a tempo completo á escrita de ficción?
Non teño tempo nin disposición para traballar para algún medio de
comunicación. En poucas semanas saio para Catalunya para facer
promoción. É posible que estea na Feira do Libro de Madrid, quizais
noutros eventos literarios no estranxeiro… Quixen arriscalo todo nesta
aventura. Se as cousas se torcen, sempre podo voltar ao xornalismo.
É moi difícil falar cunha escritora que vive do que escribe en Galicia.
Eu aíndo non estou nesa categoría. Estou sementando para conseguilo.
Non lle dan as contas?
Aínda non. Se sumo os gastos de promoción, desprazamentos, contactos…
non compensan as vendas. Pero coido que este é o único camiño para
lograr poder vivir da literatura. Quen dos que se dedicaron ao
xornalismo algunha vez pero que tiñan inquedanzas literarias non soñou
nunca poder vivir de escribir? Eu tamén o soñaba e aínda que me parecía
moi difícil, nunca estiven máis perto. Teño que seguir camiñando para
facelo posible.
Que leu recentemente que lle gustaría recomendar?
As dúas novelas de Pedro Feixoo: Os fillos do mar e A memoria da choiva (ambos publicados por Xerais). É un dos grandes narradores do noso tempo.