TÍTULO: El factor humano
AUTOR: John Carlin
EDITORIAL: Seix
barral 2010
A fascinante historia de como Nelson Mandela conseguiu o milagre da
reconciliación entre negros e brancos en Sudáfrica. En 1985, Nelson Mandela, no cárcere por preto de vinte
e tres anos, propúxose conquistar aos seus inimigos sen loitar contra eles.
Despois de gañar a presidencia de Sudáfrica , o país foi elixido para acoller a
Copa do Mundo de Rugby.
TÍTULO: La pequeña comunista que no sonreía
nunca.
AUTOR: Lola Zafón.
EDITORIAL:
Anagrama
A través dun intercambio fabulado de correos e conversas telefónicas coa
propia Nadia Comaneci, Lola Zafón tece una especie de documental de ficción que
enche «os silencios da historia e os da protagonista». E así pode falarnos
sobre a ditadura que reina sobre o corpo feminino, sempre sometido a esixencias
de eterna xuventude.
AUTOR: Carrie Snyder.
EDITORIAL:
Alfaguara 2015
Ninguén parece lembrar as fazañas de Aganetha hoxe, a súa medalla de ouro
para o Canadá nos Xogos Olímpicos de 1928, o primeiro no que as mulleres
puideron participar en probas de longa distancia. Ata que veñen visitala ao
asilo dous estraños mozos que queren saber máis sobre a súa carreira deportiva.
É así como Aganetha volta á granxa onde naceu e recorda a súa infancia no
Canadá rural e a súa loita por converterse nunha muller independente na súa
chegada á gran cidade. Pola súa memoria pasan a devastadora Guerra Mundial, a
gripe española e a terrible década dos trinta...
Por primeira vez na historia do fútbol, unha selección de nenos vai
enfrontarse a unha selección dos mellores xogadores do mundo. O motivo: recadar
fondos para as vítimas dun terremoto. O xogo ten lugar no Estadio Azteca en
México e, por suposto, os nenos non teñen oportunidade ningunha de gañala ...Ou
si?
TÍTULO: La media
distancia.
AUTOR: Alejandro
Gándara.
EDITORIAL: Alfaguara 2008
Un corredor de 1.500 metros coñecido como O Charro chega a Madrid dende Salamanca,
fichado por un equipo da capital, pero os seus días de triunfo parecen comezar
un lento declive. A súa propia vida da a impresión de estar tamén a baixar
escalóns. Ante os ollos do narrador discorre o mundo da España dos anos 70, un
tempo a medio camiño de todo, o do pasado do protagonista intentando explicarse
ou atopar algunha luz.
Marc tén só
dezasete anos e entrea seriamente para ser un atleta profesional. Quere
participar nos Xogos Olímpicos, como o fixo o seu pai, quen estuvo a unha
centésima de segundo para gañar a medalla de ouro. Vinte e cinco anos máis
tarde, descubriuse que nesa competición moitos participantes subiron ao podio
grazas ao dopaxe. Marc loitará para indagar os feitos e recuperar o ouro que
pertence ao seu pai.
TÍTULO: Cuentos y leyendas de los Juegos
Olímpicos.
AUTOR: Gilles Massardier.
EDITORIAL: Anaya
2003
Son recollidas neste libro historias e lendas que teñen en común o deporte
e, en particular, os Xogos Olímpicos. Algúns dos contos son enmarcados dentro
da ciencia ficción, outras lendas céntranse en anécdotas históricas e todas
elas conseguen facer unha grande homenaxe a este evento deportivo. Son
historias curtas que recrean perfectamente a atmosfera deportiva dos Xogos
Olímpicos.
TÍTULO: Stilton en los Juegos Olímpicos.
COLECCIÓN: Geronimo Stilton.
EDITORIAL: Planeta 2012.
O tempógrafo do profesor Voltio detectou que os gatos piratas retrocederon
no tempo ata a primavera de 1896, en
Atenas coa intención de ser os gañadores dos primeiros Xogos Olímpicos da era
moderna. Unha delegación de atletas da illa de Ratonia encabezada por Geronimo
Stilton tamén participará nas probas para que os gatos malvados non se saian
coa súa.
TÍTULO: Astérix y Los Juegos Olímpicos
AUTOR: RENÉ GOSCINNY; ALBERT UDERZO
EDITORIAL: Salvat
2008
Todos os homes do xefe da aldea gala diríxense cara a Atenas para participar nos Xogos. As expectativas son moi boas grazas á poción máxica. Pero cando chegan, danse conta que non poden usala debido ás estritas regras dos gregos.
COLECCIÓN: Geronimo Stilton.
EDITORIAL: Planeta
2012
"Esta vez, o meu amigo
Metomentodo Squitt meteume de novo nun estraño caso que transcorre nin máis nin
menos que durante os Xogos Olímpicos! Mentres retransmitíamos as competicións, caemos
na conta de que había un equipo que gañaba todas as probas olímpicas. E tamén
reparamos en que os atletas dese equipo se parecían demasiado os uns aos outros..."
TÍTULO: Goleadoras en la liga.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 3
EDITORIAL: Planeta
2009
Comeza a liga, e esta vez
tamén para as nenas! Sara e as súas amigas xa se inscribiron pero,
desgraciadamente, quedan moitas cousas por resolver ... Nin sequera teñen
camiseta do equipo! Con tantas dificultades hai pelexas e desercións, pero
tamén xorden amizades verdadeiras e aliados desinteresados. Ou non tanto?
TÍTULO: Creando equipo.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 1
EDITORIAL: Planeta
2009
Sara está moi farta de quedarse sempre fóra do equipo de
fútbol ... non é xusto! Furiosa, ten como obxectivo convencer ás súas amigas (e
calquera outra rapaza na escola que se deixe) para formar un equipo feminino.
Non só iso: ela quere prantar cara aos nenos e retalos a un partido ... Vai ser
unha mera pataleta ou vai seguir adiante?
TÍTULO: El fútbol y el amor son
incompatibles.
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 4
EDITORIAL: Planeta
2010
Alguén roubou a proba de
ciencias. O profesor pode suspender a todos e as pistas apuntan a Sam. Pero
Sara rexeita crer que foi el e tentará descubrir a verdade axudada polas
Goleadoras, que andan un pouco nerviosas porque se acerca San Valentín e teñen un
tremendo lío de tarxetas en forma de corazón!
AUTOR: Laura Gallego
COLECCIÓN: Sara y las goleadoras. Libro 2
EDITORIAL:
Planeta 2009
A poucos días do partido
contra os nenos, os problemas para Sara e o seu equipo medran coma os fungos.
Precisan practicar, pero non teñen adestrador nin un lugar para facelo sen
sufrir as burlas dos nenos! Cando están a piques de tirar a toalla e aceptar a
derrota, aínda sen ter xogado ... alguén ten un plan. E se funciona?
TÍTULO:
Como son os xogos olímpicos e paralímpicos de verán.
AUTOR: Pepe Carreiro
EDITORIAL: A nosa Terra 2008
SERIE: Os
bolechas queren saber.
Un libro para os
máis pequerrechos do cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario