Amosando publicacións coa etiqueta mercadiño b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mercadiño b>. Amosar todas as publicacións
23/03/19
08/11/16
Mercadiño de libros
Aquí vos quedan unhas imaxes do mercadiño de libros celebrado este outono na nosa biblioteca.
Os peques de Primaria disfrutaron moito coa actividade.
Os peques de Primaria disfrutaron moito coa actividade.
Gracias a todos e a todas por participar!
22/10/16
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O vindeiro luns 24 de outubro celebraremos o día das bibliotecas escolares.
Lembrámosvos que este curso o noso proxecto de centro é “Turismo e fotografía” e para esta celebración contamos coa colaboración da profesora Cristina González que fará unha presentación da viaxe que realizou este verán a Islandia. Dende aquí agradecemos de antemán a súa disponibilidade para amosarnos a beleza dunhas paisaxes únicas.
Asemade, arredor da unha da tarde celebraremos o noso tradicional mercadiño de libros que tanto éxito ten entre o noso alumnado. Animádevos a participar un ano mais!
01/11/15
Un ano máis...o mercadiño!
O pasado venres 23 celebramos unha das actividades que xa é todo un clásico na nosa biblioteca. Moitos nenos que trouxeron exemplares, poideron levar outros que lles gustaron e que poderán disfrutar nas súas casas, coas súas familias.
Grazas a todos por participar.
Agora algunhas fotos de recordo!
18/10/15
Non o esquezades!
O día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares así que, coma todos os anos, estamos a organizar o mercadiño solidario. Animádevos a participar nel!
Xa sabedes que podedes traer os libros que xa lestes e tedes xa moi vistos. Así poderedes levar outros que moitos dos vosos compañeiros aportan ao mercadiño e, de seguro, vos encantarán.
22/10/13
Mercadiño de intercambio de libros
Esta semana, como facemos cada ano no Día das Bibliotecas, teremos un mercadiño de intercambio de libros.
Podes traer libros (e DVD) de todo tipo e levar a cambio tantos como trouxeches!
Cando podo entregar os meus libros? Nos recreos, ata o xoves.
Cando é o mercadiño? O venres ás 11.30, entre o recreo de secundaria e o de primaria.
E a miña familia tamén pode participar? Por suposto! Eles tamén poden traer libros e vir coller outros ese día.
Estade atentos ó resto da programación da semana!
Haberá algunha sorpresa máis!
30/10/12
O Día da Biblioteca...
A semana pasada celebramos o Día das Bibliotecas. Como xa anunciamos, fixemos un mercadiño de libros (con moito éxito!), repartimos as mochilas viaxeiras e fixemos a proxección dun vídeo precioso que podedes ver tamén aquí.
Agardamos que todo fose do voso agrado!
![]() |
| Mercadiño de intercambio de libros e películas - outono 2012 |
| Mochilas viaxeiras 2012-13 |
Agardamos que todo fose do voso agrado!
23/10/12
Día das bibliotecas!
Mañán mércores 24 estamos de festa: é o día das bibliotecas!
Para celebralo pensábamos tomarnos o día libre, pero finalmente faremos algo para celebralo con vós ;-)
No recreo teremos o visionado dun vídeo fantástico que gañou o óscar á mellor curta de animación o ano pasado (os adeptos a este blogue xa o coñecedes).
Despois, ás 11.30, faremos todos xuntos o mercadiño de intercambio de libros. E ó longo da mañán chegarán ás aulas as mochilas viaxeiras, cargadiñas de bos libros, pelis, música e máis para todos os fogares.
Os que estades interesados no club de lectura estade atentos, que o venres haberá a primeira reunión no recreo para ultimar detalles.
Vémonos mañán no recreo!

08/11/11
Mercadiño de libros - outubro 2011
Vaia éxito! Nesta edición do mercadiño vímonos inundados de libros para intercambiar. Esperamos que todos levarades algo que vos gustase!
Que: mercadiño de intercambio de libros
Quen: alumnado de infantil, primaria, secundaria, máis familias
Cando: 24 de outubro de 2011
Onde: novas instalacións da biblioteca do noso CPI
Como: por cada libro que traes, podes levar outro. Se traes máis de 5, levas outro de regalo.
Vai haber máis? Por suposto. Estade atentos ás convocatorias nos corredores e nas aulas.

25/10/10
24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares
Para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, o equipo da biblioteca organizou un mercadiño de intercambio de libros que foi todo un éxito. Asimesmo, invitamos ás familias a visitar a biblioteca e coñecer o seu funcionamento, aínda que esa invitación repetirase cando veñan coñecer ós titores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)