Amosando publicacións coa etiqueta club. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club. Amosar todas as publicacións

12/03/13

Charla con Eduardo Santiago

No club de lectura vimos de rematar o segundo libro deste curso: 2044, do autor Eduardo Santiago. A verdade é que o libro gustou a uns máis que a outros (e a algúns gustoulles moito!), xa que a ciencia-ficción non é para tódolos gustos, non si?
O caso é que Eduardo Santiago tivo a xenerosidade de compartir un anaco con nós para falar do seu libro. A cita foi o xoves pasado, 7 de marzo, no horario habitual do club de lectura, xusto á hora da sobremesa (que esta semana fixo Alba). Con Eduardo falamos da orixe da súa novela, do novo libro que está a escribir (unha especie de segunda parte de 2044), da situación da muller na sociedade actual e na futura e de moitos outros temas. Por suposto, tamén asinou no libro de visitas e adicounos un par de exemplares do seu libro.

Aquí tedes o testemuño gráfico da reunión:


Moitas grazas, Eduardo!

23/10/12

Día das bibliotecas!

Mañán mércores 24 estamos de festa: é o día das bibliotecas!
Para celebralo pensábamos tomarnos o día libre, pero finalmente faremos algo para celebralo con vós ;-)


No recreo teremos o visionado dun vídeo fantástico que gañou o óscar á mellor curta de animación o ano pasado (os adeptos a este blogue xa o coñecedes).



Despois, ás 11.30, faremos todos xuntos o mercadiño de intercambio de libros. E ó longo da mañán chegarán ás aulas as mochilas viaxeiras, cargadiñas de bos libros, pelis, música e máis para todos os fogares.



Os que estades interesados no club de lectura estade atentos, que o venres haberá a primeira reunión no recreo para ultimar detalles.


Vémonos mañán no recreo!

06/06/12

Rematamos o clube de lectura!

Coa excursión ás Illas Cíes este luns, rematou oficialmente o noso primeiro clube de lectura. Todos os interesados/as din que foi unha experiencia máis que boa e que hai que volver repetila!

Para os despistados, resumiremos en que consistiu este clube de lectura: un grupo de alumnos e alumnos de 6º e 1º e 2º da ESO foron lendo o libro A chave da Atlántida, de Anxo Fariña, e xuntáronse cada dous martes para falar do libro á hora de comer; as semanas que non había reunión, tiñan "reunión virtual" en edmodo.com. Nestas reunións non só se falaba, claro: damos fe de que a comida e, sobre todo, as sobremesas foron de primeira calidade! Para rematar, foron todos xuntos de excursión ás Illas Cíes (e non imos dicir por que, para non fastidiarlle o libro ós que non o leron).
En resumo, 12 semanas de lectura compartida e entretemento que todos queren repetir!

Deixámosvos un par de fotiños das reunións e a invitación para que o voso ano tamén vos unades.




12/03/12

Inauguramos o clube de lectura!

Foto: Inés Montenegro


Mañán martes inauguramos o novo clube de lectura do noso centro! As responsables da biblioteca estamos encantadas coa acollida que tivo a proposta entre o alumnado do último curso de Primaria e o primeiro ciclo da ESO: nada menos que 22 lector@s! Tendo en conta o que oímos doutros centros, a verdade é que non esperabamos máis de media ducia (con sorte), así que xa vos podedes imaxinar a alegría :-)

Como é a primeira vez que o facemos non nos atrevimos a meternos en moitos fregados, pero se a experiencia sae ben o vindeiro curso teremos clube tamén para o segundo ciclo da ESO.

Un clube de lectura é simplemente un grupo de xente que le o mesmo libro simultaneamente e se xunta de cando en vez para comentar o que leron. Iso facémolo constantemente entre amigos e compañeiros, non si? A diferencia é que o clube vai marcando datas para xuntarse e o que hai que ler para ese día. No noso caso, xuntaremonos catro martes de 14 a 16 no cole, cada dúas semanas, e ademáis teremos tamén reunións virtuais no noso grupo privado de Edmodo.com (unha plataforma social de internet) cada dúas semanas. E ó final... haberá unha viaxe para todos os participantes!

O libro que eliximos vai gustarvos a todos: A chave da Atlántida. É unha novela na que se busca a chave que permite acceder a Atlántida, unha civilización en hibernación que o autor sitúa moi pretiño de nós. Como podedes ver, é unha historia de ciencia ficción que ademáis ten un ritmo trepidante e que engancha na súa lectura.

Se queredes ler un fragmento da novela, podedes facelo neste enlace.


15/11/10

Un club de lectura virtual

Sabes que é un club de lectura? Pois é simplemente un grupo de xente que se pon de acordo para ler un libro e logo falar del e comentalo. É unha experiencia bastante divertida, e oirás máis dela próximamente na nosa biblioteca ;-)

Mentras tanto, para facer boca, presentámosvos este club de lectura virtual no que lectores galegos comparten letras dende a distancia. Está baseado na Coruña e organizado polos encargados das súas bibliotecas públicas, pero pode participar no blogue (e, polo tanto, no club) quen queira.


Ciberclub

_