14/02/14

Un amor de novela



ANEIROS, Rosa. Ámote, Leo A. Destino Xalundes.

A sorpresa foi maiúscula, por dicir algo.
E Leo non soubo reaccionar. Tivo abondo con tirar do alento e afogar a taquicardia que, de súpeto, viñera estrugarlle o peito.

Ámote Leo A.

Iso foi o que Leo leu nun graffiti xigantesco pintado no muro do paseo. Refregou os ollos e mirou outra vez.

Ámote Leo A.

Con spray vermello e trazos ben rectos, a pintada dicía, sen lugar a dúbidas:

Ámote Leo A.

O mesmo que lle parecera ler no cartel de entrada á cidade de Cádiz. A velocidade do camión fixéralle crer que era tan só unha alucinación! Caligrafía e tinta ben diferente pero a mesma mensaxe:

Ámote Leo A.

Leo lembraría aquela noite durante o resto da viaxe. Os trazos exactos da caligrafía, as curvas das letras, a cor do spray, o airiño morno zarrapicado de salitre, a lúa minguante, as gaivotas falangueiras, a humidade do xabre. Todo.



RIVEIRO COELLO, Antón. Laura no deserto.

—Que che pasa?
—Nada. O teu corpo fíxome esquecer o de Rocío e, non sei moi ben por que, síntome un pouco culpable, desleal.
Non sei se isto é bo ou malo e non digo nada. O medo sobe polo estómago e anóase na gorxa cando vexo que se ergue e se apoia no peitoril da fiestra. Está espido e a lúa radiografía as formas do seu corpo. Estou asustada e agardo con ansia polas súas palabras.
—Dende a súa morte, día a día, estiven a buscar algo dela nos demais e a súa ausencia ocupou unha parte importante da miña vida. Ti, con todo, desprazaches esa necesidade. Apenas levamos unhas horas xuntos e teño a impresión de que algo nos ata dende hai moito tempo.
—Eu no quero que esquezas a Rocío. Ela forma parte de ti, da túa memoria e eu prefírote con todo o teu pasado. Son feliz así, canda ti. Non quero competir cos mortos.




FERNÁNDEZ-VIDAL, Sonia. Quantic love.

 —¿Es por eso por lo que te marchas a Japón? —le pregunté esperanzada—. No puedes huir de ese modo, Brian. No puedes culparte eternamente por unas investigaciones que dejaste colgadas precisamente por razones éticas.
—No me marcho por eso, Laila —me dijo mientas tomaba mi mano con suavidad—. Me voy porque necesito curarme.
—¿Curarte de qué? —le pregunté con lágrimas en los ojos.
—Curarme de ti.
Me quedé petrificada, tratando de asimilar aquellas palabras. Una cálida luz se había encendido en mi interior, aunque tenía miedo de que fuese una falsa esperanza y acabara más destrozada aún de lo que estaba.
—No me malinterpretes —añadió—. Me siento feliz de haber venido al CERN, ya que he tenido la oportunidad de conocerte. Aunque no ha sucedido nada entre nosotros, nunca he sentido por nadie lo que siento por ti. Al mismo tiempo, soy consciente de que es imposible.
Me había quedado sin aliento. Quise gritar para explicarme. No iba a permitir que se marchase al otro lado del mundo al suponer que pertenecía a Alessio. Pero Brian fue más rápido que yo.





LOURENZO GONZÁLEZ, Manuel. O xardín das pedras flotantes.

A noite de Fin de Ano era, ao parecer, a ocasión agardada para o seu primeiro bico de amor. Ningún signo especial se fixo notar no ceo nin no abismo, non houbo unha palabra máxica na boca de ningún ser dotado de poderes, non sentiu ningún dos dous un arrebato espasmódico revelador. Sinxelamente, chegou. E ambos sabían o que debían facer.
Tal como tiñan planificado, fuxiran das súas casas ás agachadas tras as respectivas ceas para que se mesturaren coa multitude en festas no casco antigo. Contaxiados da ledicia colectiva, beberan e bailaran e riran ata que, avanzada a noite, acabaron por se refuxiar na soidade da capela de San Roque. A algún ocorréuselle subir ao tellado a través das pólas do carballo, e foron sentar no campanario para seren testemuñas privilexiadas do primeiro amencer que se abría sobre a Terra. Antes de se decataren, estaban selando o seu pacto de amor sen fronteiras cun beixo que tamén era o primeiro e era tan claro e tan limpo coma aquela luz que asomaba tras as montañas.





FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. O único que queda é o amor.

Un día, El chegou a casa anegado de tristeza. Creo que foi a única vez que non me fixo caso, nin tan sequera reparou en min. Pechouse no cuarto e alí estivo durante moito tempo, mentres eu, preocupado e desconcertado, non sabía que facer. Intuía que algo grave pasara, mais non era capaz de adiviñar qué podería ser. Acabei indo laiar ao pé da súa porta, non me sentía con forzas para soportar máis tempo aquela situación. Abriuna algo despois e entón si que reparou na miña presenza. Abrazouse a min e chorou, chorou todo canto quixo, era a primeira vez que o vía así.
Foron días terribles. Nunca souben ben qué sucedera, pero si cheguei a entender que se rompera a relación con Ela, que Ela nunca máis viría pola casa, que tampouco nós volveriamos visitar a súa, que non habería máis paseos pola praia ou polo campo. A tristeza instalouse de xeito permanente no noso piso, a música deixou de encher o aire, os paseos fixéronse máis curtos e máis aburridos. Que días máis amargos! Agora El facíame máis caso, deixábame estar cantas horas quixer tombado ao seu carón, pero eu non me sentía máis contento, pois a súa tristeza expandíase pola casa enteira e alcanzábame tamén a min.





MOCCIA, Federico. Esta noche dime que me quieres.

Entonces, de repente, sin ningún motivo, Tancredi se volvió. Fue como si hubiera notado algo. Pero no había sido nada. O quizá todo. Desde la oscuridad de la nave, a pocos pasos de él, entre la penumbra más densa, ella dio un paso adelante. De pronto aquellas llamas iluminaron su rostro. Tancredi se quedó boquiabierto. Aquel delicado perfil, aquellos ojos entre azules y verdes, aquellas ligeras pecas, aquel pelo castaño encendido por reflejos rubios, aquella mujer, aquella belleza, los labios entreabiertos, los dientes blancos, perfectos. Tancredi parpadeó como si no creyera en lo que estaba viendo, como si fuera una aparición. Pero, sobre todo, se sintió sorprendido: su corazón latía veloz.




ALONSO, Fran. Cartas de amor.

Ola Luís Alberto.
Todo para nós segue sendo moi difícil aquí. Os meus pensamentos viven atrapados na obsesión polo Uruguai. ¡Estraño tanto! A miña casa, as miñas amigas e amigos, o meu barrio, os cheiros, os ritmos, as súas, a cidade… E a ti. A ti bótote moitísimo de menos. A túa ausencia supuxo para min unha desesperación durante este ano que levo en Galicia. E, así e todo, debo confesarche que o teu último correo me asustou moito, porque me fixo consciente de moitas cousas. Entre elas, da imposibilidade do noso amor. E non porque eu non te queira. Non penses iso, por favor. Precisamente por todo o contrario, porque te quero demasiado. Porque me estou deixando arrastrar a un pozo do que é moi difícil saír. Por iso o noso amor é imposible. Entre nós interponse un océano de auga gorda que separa os continentes en que vivimos.




LEVY, Marc. Ojalá fuera cierto.

—Sí, es verdad, tienes un mundo. Todos tenemos nuestro universo. Para que dos seres vivan el uno del otro, no basta con que se quieran; es preciso que sean compatibles, es preciso que se encuentren en el momento oportuno. Y no es ése precisamente nuestro caso.
—¿Te he dicho yo que te quiero? —preguntó él con aire tímido.
—Me has dado pruebas de que me amas —respondió Lauren—, que es mucho mejor.
Ella no creía en el azar. ¿Por qué era él la única persona del planeta con la que podía hablar, comunicarse? ¿Por qué se habían entendido tan bien? ¿Por qué tenía la sensación de que él se lo adivinaba todo?
—¿Se puede saber por qué me das lo mejor de ti, cuando recibes tan poco de mí?
—Porque de repente tú estás aquí, existes, porque un momento tuyo es inmenso. Ayer es pasado, mañana todavía no existe; lo que cuenta es hoy, el presente.





BORRÁS, Alicia. O mar é noso.

Eu quixera ser merliño
e ter o pico encarnado
para facer o meu niño
no teu cabelo dourado…

Non sei os anos que tiña cando coñecín a Marisol, pero creo que non máis de 15. Recordo que ao mirala sentín coma se un paxaro perdido andara a pasear polo meu ventre.
Eu estaba na lonxa amañando as patelas de peixe co meu pai, e cando chegou ata nós pensei que viña do mar coma as sereas porque o seu corpo abaneaba dun lado a outro coma unha onda salvaxe, e o seu cheiro fresco e salgado facíame cóxegas no nariz.



BLUE JEANS. ¡Buenos días, princesa!

—Qué casualidad. Y hoy es la primera vez que me has dicho «te quiero».
—¿Y te ha gustado que te lo haya dicho?
—Creo que ha sido el mejor momento de mi vida.
—¿Te lo digo otra vez?
—Estoy deseando escucharlo.
—Te quiero.
—Repítelo.
—Te quiero.
—Me gusta cómo suena de tu boca. —Sonríe—. Yo también te quiero.
El abrazo que se dan está lleno de sentimientos. A los dos les había falta experimentar algo así. Puede que él tuviera prisa por buscar a alguien con quien estar formalmente antes de los dieciocho. Y puede que ella esté ahora desahogándose de un año de silencio acumulado. Pero la verdad es que, cuando se abrazan, se miran o se besan, comprueban que están hechos el uno para el otro. Y que, tal vez, con otras personas no sería lo mismo.

Tódolos graffitis desta entrada son de Alex Senna

Na biblioteca tes todas estas e moitas máis historias de amor e desamor. Non vas querelas nin sequera un pouquiño?


12/02/14

Ciencia na biblioteca: a táboa periódica



Xa temos publicado outras entradas sobre táboas periódicas interactivas ou distintas (telas neste enlace), pero vimos de atopar outra táboa que tamén nos deixou coa boca aberta pola calidade e pola cantidade da información que ten, ademais da súa alta interactividade e de servir para aprender, para repasar, para avaliar o que sabemos, para xogar...


Non deixedes de visitala neste enlace!

11/02/14

A despedida de Berrogüetto


A semana pasada saltou a noticia de que Berrogüetto, un dos mellores grupos galegos de tódolos tempos, separabase despois de 18 anos de boa música xuntos. Eles explícarono así na súa web:

Facémolo cun sorriso, satisfeitos polo traballo realizado e polos obxectivos acadados.

Logo de 5 discos e un libro-disco editados e un bo feixe de inesquecibles concertos, poñemos fin á nosa carreira como grupo, conscientes e orgullosos do compromiso mantido sempre coa música e a cultura do país, guiándonos únicamente polo noso afán creativo e o noso propio e inconformista universo musical.

Non podemos nin queremos deixar de agradecer o apoio recibido por parte da crítica e, de xeito especial, das nosas familias e do noso público. Todos eles fixéronnos sentir o seu alento e apoio ao longo de todos estes anos de andaina musical, nos bos e nos malos momentos.

Tentaremos corresponder á vosa incondicional fidelidade da maneira que mellor sabemos, cunha pequena xira de despedida por algunhas das vilas máis importantes do país, que anunciaremos no seu momento.
Moitas grazas a todas e a todos!
Unha aperta. BERROGÜETTO

Osquelemos queremos desexarlles o mellor nesta nova etapa... pero tamén que sigan facendo música para que nós sigamos disfrutando.



Na biblioteca tedes o seu último traballo: O pulso da terra, un libro-disco (que atoparedes cos libros de música) que contén a súa biografía, o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.


Deixámosvos a súa canción Xente, escrita por Guadi Galego e Guillermo Fernández e inspirada nun texto de Manolo Maseda, nunha montaxe con imaxes das xentes da nosa terra:

Olla a rúa de atrás
Olla o chan oe o mar
Olla os que xa non están
Oe o bardo cantar

Oe o son do andar
Son os que veñen sen pan
Saen do seu despertar
Collidos da túa man

Óllame óllate
Olla os ollos dos ven
Ven de ti ven de min
Óllame óllate

Xente que vai soa
Xente vai embora
Xente que namora a
xente

Xente diferente
Xente intelixente
Xente intermitente
Xente

Xente divertida
Xente distendida
Xente á túa medida
Xente

Xente que comprende
Xente que sorprende
Xente que non se vende
Xente

10/02/14

Orde na sala

Este vídeo, realizado pola biblioteca do IES A Xunqueira II, lémbranos como están organizados os libros na biblio e que significan algunhas das cousas que están na etiqueta do lombo.

Tede en conta, sen embargo, que estas son as cores das distintas materias no noso centro:




Orde na sala! from bibliototem on Vimeo.

07/02/14

O neno can - Páx. 99

CASALDERREY, Fina e CASTRO, Francisco. O neno can. Vigo: Galaxia, 2012. ISBN 978-84-9865-431-8.

Contracuberta:

Fina Cadalderrey e Francisco Castro escriben xuntos un libro sorprendente. Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altatir, Leila, Carlos… Relatos sobre nenos e nenas coma os demais, pero aos que se lles nega o dereito ao máis básico. Un libro, tamén, sobre a esperanza.


(Páx. 43)
"Lembra o instante exacto en que aquel home de grandes bigotes apareceu para tratar con seu pai o seu futuro.
—É nova e bonita. Darame moitos fillos —oíralle dicir.
Dende ese día, Leila tivo que deixar os xogos e prepararse para a voda. E dende ese día, non houbo, ata hoxe, unha soa noite en que non chorase.

Pola porta aparecen cinco mulleres dando palmas e cantando a berros cantigas de festa:

No día da túa voda
vímoste felicitar.
Bonita e rica moza
hoxe mesmo vas casar.

 Leila agocha a cabeza baixo a manta para non oílas. Unha das mulleres retíralla axiña e dálle unha palmada no cu mentres soltan unha esaxerada gargallada.
—Esperta, que o teu marido agarda!
Entra de novo súa nai coas roupas de noiva na man, e todas calan. A cerimonia comeza.
—Está preparada a miña flor? Xa pode comezar o baile?
En canto diga 'si', todo o mundo aplaudirá e lanzará aturuxos de xúbilo.
Leila sábeo, xa llo explicaron. Fóra escóitase a música. As dúas familias e toda a veciñanza agardan expectantes".

06/02/14

Para xogar ó Tangram



O Tangram é un xogo chinés moi antiguo que consiste en formar figuras con sete pezas concretas (5 triángulos rectángulos, un cadrado e un paralelogramo). Actualmente hai publicados varios centos de figuras que se poden formar no tangram.


O tangram non é tan só un entretemento, pois mellora as nosas capacidades psicomotrices (=as relacionadas co movemento) e as intelectuais.


Para xogar en internet, gustounos moito esta web:


05/02/14

24 symbols



Cos malos tempos que corren, non vén mal ter a man libros dixitais para ler de xeito gratis e legal. Ademais dos enlaces que tedes na nosa páxina de ebooks, volvemos recomendar ós moi lectores unha web moi interesante: 24 symbols.

En 24 symbols tes unha chea de libros gratuitos (polo momento, 2000; son os que teñen a icona dun libro verde na esquina inferior dereita) de todo tipo, modernos e clásicos, de ficción e non ficción. Tes tamén algúns libros (os que teñen un ollo azul abaixo) dos que podes ler gratis o 10%, para ter unha idea de se che gustan ou non. E finalmente tes tamén libros só para os suscritores, o que eles chaman as contas "premium". As contas de pago custan a partir de 5€ ó mes (60€ anuais, 21€ trimestrais ou 9€ mensuais), segundo o tempo que contrates.

O que diferencia 24 symbols doutras webs con libros electrónicos é que aquí non descargas nada: a lectura é sempre online, e podes ler dende distintos dispositivos, esteas onde esteas... con conexión a internet. Para ler libros sen conexión, precisas unha conta de pago.

Non hai dúbida de que a conta gratuita é unha moi boa idea para todos os que temos conexión no noso móbil, tableta ou ordenador. A conta de pago, especialmente a anual, pensamo que compensa se les moito.

Se todo isto non vos chega, aquí tedes un par de vídeos que vos explican como vai 24 symbols:




04/02/14

O vento que zoa

Xa levamos uns cantos temporais seguidos e o vento zoa que mete medo, non si?
Nesta páxina tedes unha animación impresionante que nos dá o vento que hai agora mesmo en calquera punto do globo:



03/02/14

Os erros máis comúns en inglés

Artigo publicado en El Confidencial:

Los errores más comunes que los españoles cometen 

con el inglés


Durante los últimos 20 años, Cambridge University Press ha reunido, investigado, analizado y actualizado en una extensísima base de datos el uso real del inglés por parte de los hablantes nativos y no nativos. Este pormenorizado análisis ha dado lugar a Cambridge English Corpus, el mayor software lingüístico de errores en inglés en el mundo. Una herramienta única que da una definida imagen del uso actual de la lengua en cada país.

Con motivo del 20 aniversario del Corpus, la editorial inglesa ha decidido dar a conocer los 20 errores más comunes de los españoles en el uso de la lengua de Shakespeare. Gracias al análisis de los exámenes PET, First o Advance que los españoles han realizado en las últimas década, sabemos de nuestra capacidad para comernos letras, cambiarlas  de posición o incluso añadir alguna letra de más. También hemos descubierto que nos resulta más fácil escribir correctamente sustantivos que verbos y que el tradicional “escribo como suena” sigue totalmente vigente. Para llegar a estas conclusiones ha sido necesario codificar 42 millones de palabras obtenidas del análisis de los exámenes de más de 200.000 estudiantes

Son muy típicas las confusiones de los llamados “falsos amigos”, palabras que se escriben de forma muy similar o idéntica en ambas lenguasLas palabras “wich” (en vez de “which”, cuál o cual en español)  “confortable” (en vez de “comfortable”, confortable, pero también agradable, un típico false friend) y “becouse” (en vez de “because”, porque) el top ten de nuestros errores lo completan “accomodation”, “posible”, “belive”, “diferent”, “bycicle”, “enviroment” y “beatiful”. Además de estos errores gramaticales, los españoles fallamos sobre todo a la hora de escribir la preposición o determinante correcto en cada frase.

Son muy típicas las confusiones de los llamados “falsos amigos”, palabras que se escriben de forma muy similar o idéntica en ambas lenguas, pero que significan cosas distintas. Entre estos, los más frecuente son: “assist” (aunque puede emplearse con el sentido de asistir a un evento, su traducción más habitual es ayudar), “actual” (de hecho, no actual), “comprehensive” (completo y no comprensivo),  “sympathetic” (significa compasivo y no simpático) y “fabric” (es tejido, no fábrica).

El rojo es el color favorito de los ingleses

El Corpus de Cambridge no sólo analiza el uso de la lengua inglesa por parte de los no nativos. A través del análisis del uso del lenguaje natural, académico, de negocios y online, tanto oral como escrito, se toma el pulso a la evolución de la lengua inglesa para conocer el uso real del idioma.
Un 'bussines' cambiando la 's' de lugar está condenado al fracasoTras analizar 1.800 millones de palabras sabemos que los ingleses prefieren escribir “no one” y decir “nobody”; que cuando hablan de alimentos su adjetivo preferido es “good” y que, siguiendo las enseñanzas de Hamlet y su calavera, el verbo más frecuente es “to be”. El color que más usan es el “red”, “people” es el tercer sustantivo más utilizado y, si hablamos de pasiones, utilizan siete veces más “love” que “hate”.

Teniendo en cuenta que el 93% de los españoles encuentran interesante un método inglés basado en nuestros errores más frecuentes, quizás así consigamos aprender que un coffe con una sola “e” no es
más que achicoria, o que un bussines cambiando la “s” de lugar está condenado al fracaso.

Los 20 errores más comunes de los españoles

Los investigadores de Cambridge han llegado a la conclusión de que los españoles somos capaces de escribir “because” de 237 maneras diferentes, ninguna de las cuales es correcta. También es muy frecuente que los españoles añadamos una “e” antes de las palabras que empiezan con “s”. Las palabras más comunes en las que esto pasa son: specific, spectacular, specialized. Al margen de esto, estas son las 50 palabras mal escritas que más utilizamos en los exámenes:
  1. Wich (en vez de “which”, cuál o cual en español).
  2. Confortable  (en vez de “comfortable”, confortable, pero también agradable, un típico false friend)
  3. Becouse (en vez de “because”, porque).
  4. Accomodation (en vez de “accommodation”, con doble “c” y doble “m”, alojamiento)
  5. Posible (en vez de “possible”, con dos “s”, posible)
  6. Belive (en vez de “believe”, creer)
  7. Diferent (en vez de “different”, diferente)
  8. Bycicle (en vez de “bicycle”, bicicleta)
  9. Enviroment (en vez de “environment”, medio ambiente)
  10. Beatiful (en vez de “beautiful”, bello)
  11. Recomend (en vez de “recommend”, recomendar)
  12. Begining (en vez de “beginning”, empezar)
  13. Responsability (en vez de “responsibility”, responsabilidad)
  14. Demostration  (en vez de “demonstration”, valido como demostración pero más usado para manifestación)
  15. Recived (en vez de “received”, recibido)
  16. Oportunity (en vez de “opportunity”, oportunidad)
  17. Advertisment (en vez de “advertisement”, anuncio)
  18. Until (lo escribimos correctamente, pero lo utilizamos mal)
  19. Ruber (en vez de “rubber”, goma)
  20. Bussiness (en vez de “business”, negocios)

31/01/14

Cadeas - Páx. 99


LÓPEZ LÓPEZ, Xabier. Cadeas. Vigo: Xerais, 2013. ISBN 978-84-9914-564-8.
Premio Xerais de Novela 2013


Contracuberta:

Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Transición. O músico dunha orquestra e a camareira dun ambigú establecen unha engaiolante historia de amor... 
Cadeas é unha novela de novelas. Un baúl de historias que denotan unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar. A novela iníciase a partir da anécdota dun escritor que descobre na praia unha muller nova que le unha novela súa. Entre ambos os dous establécese unha curiosa e incómoda relación que nos conduce a un debate sobre a identidade do que é ou non é hoxe unha novela. Desde o fragmentarismo dun narrador que ás veces é pop e ás veces é culto, Cadeas paséanos por diferentes atmosferas, rexistros e historias con gran sentido do humor e cunha áxil ironía. 
Esta é a novela dun ventrílocuo, alguén capaz de enredarnos a través de diversos xogos textuais que pretenden evidenciar para o narrador a imposibilidade de contar, problematizando as dificultades da escrita.


 "Pois ben. A primeira idea que pasou pola cabeza de X. T. R. (e referirémonos a el coma encarnación ou, se se prefire, abstracción da propia Asociación Cultural E. V.) foi pensar nunha errata —en puridade un lapsus calami— trasladada dende o propio opúsculo B. Honra os seus mártires, ou poida que mesmo dende máis atrás, dende os primeiros borradores que o vello Beade deu en riscar cun lapis de carpinteiro (este último detalle é enteiramente inverificable) durante os moitos anos nos que estivo escondido. A tese cobrou máis forza cando se rescatou do esquecemento a figura de Luís Antonio Cortiñas, avogado próximoa á ORGA e máis adiante a Izquierda Republicana, en tempos compañeiro de pasantía do que foi alcalde —e un dos poucos mártires da lista que contou cando menos cun simulacro de xuízo—, o letrado socialista Tomás López Datorre. Traizoaría a agarrotada man de Beade á súa memoria prodixiosa? Querería dicir Luís ou Antonio ou mesmo Luís A. onde puxera Francisco?
Había un atranco de consideración para dar por bo este argumento. O avogado Luís Antonio Cortiñas, nado no número 4 do Campo da Feira (e coincidentemente nese 1900 que, ao igual que un cento de anos despois, moitos quixeron ver etcétera, etcétera, etcétera.) morreu octoxenario en Concepción del Urugai, unha cidade que, malia o que poida suxerir o nome, se atopa no levante da República Arxentina. Ou o erro era meirande do que se cría (isto é, dar por morto a quen viviu cincuenta anos máis na provincia arxentina de Entre Ríos) ou había que volver reconsiderar a hipótese primeira. O certo é que, se ben o Beade confundiu nos seus apuntamentos algúns apelidos e algúns nomes de pía, como quedou de manifesto no posterior estudo de X. T. R., co Francisco Cortiñas os descoidos non foron máis alá de dar por certo o 29 de novembro de 1938 como día da súa morte. (A realidade é que o seu asasinato tivo lugar o 9 de marzo de 1939, a tan só tres semanas, coma quen di, da fin da guerra.) Aínda máis: se a intriga por aquel nome non abrigase a desentenderse da letra impresa, calquera podería saber, como de certo figuraba no folleto-opúsculo-libriño e como advertiu o propio X. T. R. cando o resto dos compañeiros se arrebolaban ás máis aventuradas e fantasiosas especulacións, que este Francisco non era nin máis nin menos ca o irmán do Luís".

30/01/14

Pido a paz e a palabra


PIDO LA PAZ Y LA PALABRA

Escribo
en defensa del reino
del hombre y su justicia. Pido
la paz
y la palabra. He dicho
«silencio»,
«sombra»,
«vacío»
etcétera.
Digo
«del hombre y su justicia»,
«océano pacífico»,
lo que me dejan.
Pido
la paz y la palabra.

          Blas de Otero



TRISTES ARMAS

Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes, tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes, tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes, tristes. 

          Miguel Hernández


NO MÁS PATRIAS, NO MÁS BANDERAS

No más patrias, por favor,
no más banderas.
No más sangre alimentando
mercaderes.
No más historias falseadas
por el rencor de los mediocres.
No más futuros inventados
por los fabricantes de caínes.
No más batallas asesinas
para engordar a los traficantes
del estúpido odio entre los pueblos...
A partir de lo que hay,
un mundo abierto, sin fronteras,
un solo territorio, nuestra tierra,
un hogar para todos los humanos
(un hogar sin iconos mentirosos,
sin altares a los dioses de la guerra).
No más muerte abortando nueva vida,
no más armas, no más frentes, no más fosos:
sólo puentes entre todas las orillas.

          Blas de Otero


MUCHAS MANERAS DE MATAR

Hay muchas maneras de matar.
Pueden meterte un cuchillo en el vientre.
Quitarte el pan.
No curarte de una enfermedad.
Meterte en una mala vivienda.
Empujarte hasta el suicidio.
Torturarte hasta la muerte por medio del trabajo.
Llevarte a la guerra, etc...
Sólo pocas de estas cosas están prohibidas en nuestro Estado

          Bertolt Brecht


CONTRAOFENSIVA

Si a uno
le dan
palos de ciego
la única
respuesta eficaz
es dar
palos
de vidente.

          Mario Benedetti


VENTANA SOBRE LA UTOPÍA

Ella está en el horizonte —dice Fernando Birri—. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la
alcanzaré. ¿Para qué sirve la utopía?
Para eso sirve: para caminar.

          Eduardo Galeano


29/01/14

Lela, na zanfona

Para acompañar estas mañás tristes de chuvia, aquí tedes a Anxo Lois Pintos facendo unha interpretación preciosa da canción Lela, pero desta volta tocando a zanfona:
Watch more video from the Staff Picks channel on Frequency

28/01/14

Manipulación con imaxes na prensa

Se vos fixades ben na prensa e nas fotos que publican, veredes que os editores elixen con moito coidado a imaxe que queren dar das persoas retratadas. En realidade deberían informar obxectivamente, pero por desgraza moitos medios de comunicación son totalmente parciais e esa parcialidade tamén se observa nas fotografías publicadas. Así, algún periódico de dereitas escollería como imaxe de Alfredo Pérez Rubalcaba (PSOE) esta:



Mentras algún de esquerdas escollería esta para falar de Mariano Rajoy (PP):


Prestade atención e veredes que este tipo de fotografías aparecen con máis frecuencia do que sería razonable...

Por certo, se queredes ver máis imaxes de políticos "guapos", tédelas neste enlace.

Fonte das fotos: The Huffington Post

27/01/14

O único que queda é a poesía

No libro O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, hai numerosas citas de poemas e libros que ó autor lle gustan, arredor dos que construiu as dez historias que conforman o libro.

Aquí tedes tódolos poemas que aparecen citados:

Sé tú mi límite

Tu cuerpo puede
llenar mi vida,
como puede tu risa
volar el muro opaco de la tristeza.

Una sola palabra tuya quiebra
la ciega soledad en mil pedazos.

Si tu acercas tu boca inagotable
hasta la mía, bebo
sin cesar la raíz de mi propia existencia.

Pero tú ignoras cuánto
la cercanía de tu cuerpo
me hace vivir o cuánto
su distancia me aleja de mí mismo
me reduce a la sombra.

Tú estás, ligera y encendida,
como una antorcha ardiente
en la mitad del mundo.

No te alejes jamás:
Los hondos movimientos
de tu naturaleza son
mi sola ley.
Retenme.
Sé tú mi límite.
Y yo la imagen
de mí feliz, que tú me has dado.

          José Ángel Valente. La memoria y los signos

 

Barcarola

Si solamente me tocaras el corazón,
si solamente pusieras tu boca en mi corazón,
tu fina boca, tus dientes,
si pusieras tu lengua como una flecha roja
allí donde mi corazón polvoriento golpea,
si soplaras en mi corazón, cerca del mar, llorando,
sonaría con un ruido oscuro, con sonido de ruedas de tren con sueño,
como aguas vacilantes,
como el otoño en hojas,
como sangre,
con un ruido de llamas húmedas quemando el cielo,
sonando como sueños o ramas o lluvias,
o bocinas de puerto triste;
si tú soplaras en mi corazón, cerca del mar,
como un fantasma blanco,
al borde de la espuma,
en mitad del viento,
como un fantasma desencadenado, a la orilla del mar, llorando.

Como ausencia extendida, como campana súbita,
el mar reparte el sonido del corazón,
lloviendo, atardeciendo, en una costa sola,
la noche cae sin duda,
y su lúgubre azul de estandarte en naufragio
se puebla de planetas de plata enronquecida.

Y suena el corazón como un caracol agrio,
llama, oh mar, oh lamento, oh derretido espanto
esparcido en desgracias y olas desvencijadas:
de lo sonoro el mar acusa
sus sombras recostadas, sus amapolas verdes.

Si existieras de pronto, en una costa lúgubre,
rodeada por el día muerto,
frente a una nueva noche,
llena de olas,
y soplaras en mi corazón de miedo frío,
soplaras en la sangre sola de mi corazón,
soplaras en su movimiento de paloma con llamas,
sonarían sus negras sílabas de sangre,
crecerían sus incesantes aguas rojas,
y sonaría, sonaría a sombras,
sonaría como la muerte,
llamaría como un tubo lleno de viento o llanto
o una botella echando espanto a borbotones.

Así es, y los relámpagos cubrirían tus trenzas
y la lluvia entraría por tus ojos abiertos
a preparar el llanto que sordamente encierras,
y las alas negras del mar girarían en torno
de ti, con grandes garras, y graznidos, y vuelos.

¿Quieres ser fantasma que sople, solitario,
cerca del mar su estéril, triste instrumento?
Si solamente llamaras,
su prolongado són, su maléfico pito,
su orden de olas heridas,
alguien vendría acaso,
alguien vendría,
desde las cimas de las islas, desde el fondo rojo del mar,
alguien vendría, alguien vendría.

Alguien vendría, sopla con furia,
que suene como sirena de barco roto,
como lamento,
como un relincho en medio de la espuma y la sangre,
como un agua feroz mordiéndose y sonando.

En la estación marina
su caracol de sombra circula como un grito,
los pájaros del mar lo desestiman y huyen,
sus listas de sonido, sus lúgubres barrotes
se levantan a orillas del océano solo.

          Pablo Neruda. Residencia en la tierra


O poeta desexa os panos do ceo

 Se eu tivese eses panos bordados do ceo,

Traballados con luces de ouro e de prata,
Eses panos azules, e foscos, e escuros,

Os da noite, e o día, e a media claridade,
Eu tendería os panos debaixo dos teus pés:
Mais como son tan pobre só teño os meus soños;
Tendín estes meus soños debaixo dos teus pés;

Camiña docemente, que andas sobre os meus soños.


          W. B. Yeats. Tradución de Plácido Castro




Outro poema dos dons

 Gracias quero dar
pola noite e a chuvia
que nos devolven a memoria da nai,
e pola muller
que dá forma á beleza.
Gracias polo sexo
que une nunha soa carne
dúas soidades
e polo soño que nos permite
a viaxe á morte
e o regreso.
Gracias polo vento
que nos fai estraños de nós mesmos
e pola pedra
que aspira a soñar a eternidade.

Gracias quero dar polos nenos
que non coñecen nin a culpa nin a morte,
e pola música,
alma en epifanía trascendida.
Gracias pola luz
que nos devolve o mar nos ollos da amada
e polo aire, vivificante e saudábel.
Gracias pola beleza,
que nos enche e acovarda,
e polo mencer
que nos ofrece a ilusión
da primeira vez.

Gracias
pola xuventude e polos sentidos.
Polo loureiro e o trigo,
polo viño que nos sume
nun transo sen dolor,
pola herba, máis tenaz que o tempo,
e pola arte
que nos sobrevive.
Gracias quero dar
polos días que compartes comigo,
pola caricia e polo beixo.
Gracias polo mar, absoluto e poderoso.
Gracias polo silencio e polo verso.


          Xulio López Valcárcel. Memoria de agosto



Elegía (fragmento)

 Si después de morir nos levantamos,
si después de morir
vengo hacia ti como venía antes
y hay algo en mí que tú no reconoces
porque no soy el mismo,
qué dolor el morir, saber que nunca
alcanzaré los bordes
del ser que fuiste para mí tan dentro
de mí mismo,
si tú eras yo y entero me invadías
por qué tan ciego ahora esta frontera,
tan aciago este muro de palabras
súbitamente heladas
cuando más te requiero,
te digo ven y a veces
todavía me miras con ternura
nacida sólo del recuerdo.

Qué dolor el morir, llegar a ti, besarte
desesperadamente
y sentir que el espejo
no refleja mi rostro
ni sientes tú,
a quien tanto he amado,
mi anhelante impresencia

                  José Ángel Valente. Fragmentos de un libro futuro




 El amor está en lo que tendemos...

El amor está en lo que tendemos
(puentes, palabras ).

El amor está en todo lo que izamos
(risas, banderas).

Y en lo que combatimos
(noche, vacío)
por verdadero amor.

El amor está en cuanto levantamos
(torres, promesas).

En cuanto recogemos y sembramos
(hijos, futuro).

Y en las ruinas de lo que abatimos
(desposesión, mentira)
por verdadero amor.


          José Ángel Valente. Breve son

Ilustracións de Pablo Auladell para O único que queda é o amor. 

24/01/14

Endogamia 0.2 - Páx. 99

CARIDE, Ramón. Endogamia 0.2. Vigo: Xerais, 2013. ISBN 978-84-9914-494-8.

Contracuberta:

Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer?

Como xa fixera en Exogamia 0.3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica.

"—Pois logo, aínda lles habería que explicar a eses humanistas daquela parte que, con Alzheimer ou sen el, eses velliños que tanto lles chistan, séguennos votando igual.
—Non sei onde iremos parar, Xoel. Éche mellor que pasemos a cousas serias... Por certo, vas mañá ao campo de golf?
—Xa sabes que non falto un sábado, presidente, non sendo causa de forza maior.
—Pois veña, vémonos mañá logo. Vai á casa e descansa, que te quero en forma, estes dias mellorei o meu swing a golpe de ximnasio e vouche dar unha malleira.
—Non me digas, escoita. Aínda temos un asuntiño pendente, pero se andas ocupado deixámolo.
—Ocupado para ti, Xoel? Nin de broma, ti es o home do día. Pide por esa boquiña.
—É o asunto do meu irmán, o alcalde de Louzós. Xa sabes.
—Si, home, o das túas sobriñas, Xoel. Está feito; o día cinco entran en nómina. Polo de agora teñen que ir á escala B, mais por promoción interna, nun par de anos, xa as ascendemos. Uns cursiños restrinxidos e feito. Agora, contade con que as prazas no Boletín non poden saír publicadas ata despois das eleccións. Con isto da crise, daría mala imaxe. A túa sobriña maior que fixo?
—Ten un ciclo medio, coido. Deses de augas e limpeza urbana.
—Caralludo, metémola de técnica auxiliar de medio ambiente. Así de paso, aseguramos que o informe da depuradora saia como ten que saír. E a outra, ten título?
—Rematou o bacherelato.
—Vale, pois administrativa de Administración Xeral. Pero o teu cuñado tenme que garantir a maioría absoluta en Louzós, eh, Xoel? Non me veñades con caralladas de última hora.
—Iso está feito, presidente. Veña, chócaa que vou durmir que boa falta me fai.
—Vémonos nos Carballos mañá ás nove, non?
—Sen falta, estarei alí coma un cravo".


23/01/14

A imaxinativa arte de Javier Pérez

Javier Pérez é un deseñador gráfico ecuatoriano cunha grande creatividade. Javier mestura obxectos correntes e debuxos sinxelos para facer obras moi orixinais.

Ademais da mostra que podedes ver aquí, recomendamos visitar o seu proxecto 364 (1 idea ó día durante todo o ano) e as súas coleccións de experimentos aquí e aquí.











22/01/14

O dúo dos dous gatos

Il Duetto buffo di due gatti (traducción literal: O dúo humorístico de dous gatos) é unha composición que soe cantarse como "bis" nos concertos. Normalmente dise que é de Gioachino Rossini (1792-1868), autor cun grande sentido do humor, pero en realidade é unha compilación de fragmentos da súa ópera Otello feita por outro compositor (descoñecido).

Esta versión, das moitas que podedes atopar en internet, é unha das mellores:

21/01/14

Ledicia Costas: cuestionario Proust

O blogue literario Caderno da Crítica, de Ramón Nicolás, vén de publicar un cuestionario que lle fixo á autora Ledicia Costas (Unha estrela no vento, O corazón de Xúpiter, Recinto gris). Este cuestionario é unha adaptación do famoso cuestionario Proust, que no seu momento foi un xogo de salón que, con 38 preguntas ben seleccionadas, pretendía ser un divertimento pero tamén un xeito de coñecer a alguén a fondo. Tes tódalas preguntas e a interpretación do tipo de respostas neste enlace.

E estas son as respostas de Ledicia con algúns enlaces engadidos por nós:


1.– Principal trazo do seu carácter?
- O inconformismo.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
- A integridade.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Que comprendan a miña vea tola, que me queiran e que me fagan rir.
4.– A súa principal eiva?
- A introversión.
5.– A súa ocupación favorita?
- Escribir, recitar e durmir. Cústame escoller.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Que as persoas que quero estean ben.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
- A perda dun ser querido.
8.– Que lle gustaría ser?
- Gústame ser Ledicia Costas. Aínda que confeso que me encantaría ser actriz fixa das pelis de Tim Burton.
9.– En que país desexaría vivir?
- Inglaterra, aínda que non a cambiaría por Galicia.
10.– A súa cor favorita?
- Negra.
11. – A flor que máis lle gusta?
- As mimosas.
12.– O paxaro que prefire?
- Os bufos.
13.– A súa devoción na prosa?
- Non son moi devota… Saramago, Michael Ende, Boris Vian.
14.– E na poesía?
- Sylvia Plath, Alejandra Pizarnik.
15.- Un libro?
- O ensaio sobre a cegueira. [de J. Saramago]
16.– Un heroe de ficción?
- Son Goku.
17.– Unha heroína?
- Pipi Langstrum.
18.– A súa música favorita?
- Badalamenti, Mike Olfield.
19.– Na pintura?
- Tamara de Lempicka, Salvador Dalí.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Só un? Mary Wollstonecraft.
21.– O seu nome favorito?
- O do meu avó Marciano.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A prepotencia, o exceso de ego.
23.– O que máis odia?
- A violencia en xeral e a machista en particular.
24.– A figura histórica que máis despreza?
- Adolf Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
- Os tratados de paz.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
- Sempre quixen ter o don da teletransportación, aínda que empezo a crer que ía producirme un exceso de estrés.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
- Durmindo. Ou soñando, para ser aínda máis concreta.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
- A Ledicia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- O despiste, a desorde, a impulsividade.
30.– Un lema na súa vida?
- Non son de lemas. Sorrirlle á vida, sen máis.

Cuestionario realizado e publicado por Caderno da crítica. 
Fotografía de Ledicia Costas no CPI da Ribeira realizada por Inés Montenegro.

20/01/14

Sopas galegas


Se vos gusta xogar ás sopas de letras nos vosos ratos libres, tedes que probar este xogo para Android (2.2 e superiores). Contén máis de 750 palabras en 15 categorías, e ademais permite buscar palabras directamente no Google, na Wikipedia ou no dicionario da Real Academia Galega.


A disposición das palabras nunca se repite e podes adaptalo ó tamaño da pantalla coa que estás xogando:



Tédelo dispoñible para descarga na tenda de Google Play ó fantástico prezo de 0€.


17/01/14

Ámote Leo A. Destino xalundes - Páx. 99

ANEIROS, Rosa. Ámote Leo A. Destino xalundes. Vigo: Xerais, 2013. ISBN 978-84-9914-621-8.
Contracuberta: 

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? 

Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.


"—Non estou de acordo —protestou Andrés—, se xa sabes todo antes de chegar a un sitio, logo o único que ías é certificar, coma se foses un notario, que todo o que xa admiraches e liches nas guías ou nos foros é verdade. Así non ves, así só engoles as experiencias dos outros.
—Se non sabes nada do que vas ver podes perder moitas cousas! —retrucou Mayra.
—E que máis dá? Quen di o que é importante e o que non? Cada cidade amósalle unha cara diferente a cada persoa dependendo da estación do ano e tamén do propio humor e circunstancias da persoa que mira. Non é o mesmo chegar aquí, coma nós, ávidos de aprender e coñecer, que vir porque vés estudar por uns anos ou porque tes que operarte a corazón aberto no hospital, poñamos por caso —engadiu Claudia—. Cadaquén ten que marcar os seus propios pasos polos lugares, non seguir aqueles que xa veñen marcados por outros. Pareceriamos ovellas ou a pequena Dorothy polo carreiro dourado do mago de Oz…
—Non se trata de ovellas, Claudia —dixo Edmundo—, pero si tes que ter certa información sobre o destino ao que vas. Por exemplo, imaxina que vas a México D.F. e deambulas e deambulas polas rúas… Cando xa pensas que o viches todo, os mercados, a catedral, decides marchar. Tempo despois alguén che fala da casa museo de Frida Kahlo en Coyoacán e ti botas as mans á cabeza porque non fuches. Perderías a oportunidade de contemplar cadros orixinais que nunca poderías ver en ningún outro lugar do mundo! E ese azul anil das paredes que se mete no sangue e non hai quen o quite…
—Ahhh…, Frida Kahlo, esas son palabras maiores —subliñou Mayra.
Ruth ladrou coma se tamén quixese participar no debate, o que lle deu oportunidade a Edmundo de sumar un novo apoio á súa proposta de que era mellor a información ca a ignorancia á hora de visitar un lugar novo.
—Védelo? Ruth tamén considera que é mellor preparar ben un destino antes de visitalo. Polo de agora a partida vai empatada, tres contra tres. Tócalle a Leo sentenciar. Que dis?
—Pois…
—Veña, di, di —apremouna Lía—. Xa verás como gañamos".

16/01/14

Chistes lingüísticos


En la panadería:
-Deme una barra de pan y, si tiene huevos, que sean dos docenas.
Y el panadero le saca 24 barras de pan

***

Vndo tclado con un pquño dfcto.

 ***

Cuando entras en un lugar sin cobertura, ¿te estás metiendo donde no te llaman?

  ***



 ***
 
—¿Cuál es la fórmula del agua bendita?
—H.Dios.O
 
***


—¿Vendes el piso?
—Alquilo.
—¿Y cuanto pesa?

***




Tengo tres llamadas perdidas de mi oftalmólogo. El de ver me llama.

***

—Mi novia me dejó, y para colmo, se fue con mi mejor amigo.
—Te entiendo perfectamente.
—¿Te pasó a ti lo mismo?
—No, pero hablo castellano.
 


***

—Me siento solo.
—Yo también, sentarse es fácil.




***





***

—Hola, ¿es aquí el club de imbéciles?
—Sí, pero... ¿qué hace con todo ese estiércol?
—Porque vengo a abonarme.
—Dios santo, pase, será el líder.

***


—Defínase en 2 palabras.
—Va-go.

***

—Me da miedo ese deporte de las espadas.
—¿Esgrima?
—No, no, más bien es miedo.

15/01/14

As rebaixas



Que tal andades no cálculo de porcentaxes? Agora que estamos en plenas rebaixas non vén mal practicar un pouco para estar seguros do que nos rebaixan, non si?

Neste enlace tedes un xogo para practicalo. A xogar!


14/01/14

Calle de abrazados


Columnata de árboes
o nada / sombras sobre piedras
herméticos zaguanes
o nada / hojas en el viento

la llaman calle de abrazados
no exactamente porque las parejas
se refugien allí a falta de otros
espacios de amor gratis

la llaman calle de abrazados
porque en las noches de domingo
hay dos tan solo dos
una mujer y un hombre
desentendidos misteriosos
que se citan allí como dos náufragos
y cada náufrago se abraza
al otro cuerpo salvavidas

la llaman calle de abrazados
como tributo a un solo abrazao
desesperado recurrente
tan azorado y tan estrecho
como si fuese siempre el último

y esto a pesar de qeu en su isla
el hombre y la mujer ignoren
que ese destino en que se abrazan
se llama calle de abrazados

Mario Benedetti
Inventario Dos. Poesía 1986-1991.
Imaxe atopada aquí.

13/01/14

Calendario do libro e a lectura 2014

Neste ano recén estreado, os lectores temos unha morea de datas que commemorar. Aí tedes o calendario editado pola Xunta para que non vos perdades nada: