Contracuberta:
Fina Cadalderrey e Francisco Castro escriben xuntos un libro sorprendente. Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altatir, Leila, Carlos… Relatos sobre nenos e nenas coma os demais, pero aos que se lles nega o dereito ao máis básico. Un libro, tamén, sobre a esperanza.
(Páx. 43)
"Lembra o instante exacto en que aquel home de grandes bigotes apareceu para tratar con seu pai o seu futuro.
—É nova e bonita. Darame moitos fillos —oíralle dicir.
Dende ese día, Leila tivo que deixar os xogos e prepararse para a voda. E dende ese día, non houbo, ata hoxe, unha soa noite en que non chorase.
Pola porta aparecen cinco mulleres dando palmas e cantando a berros cantigas de festa:
No día da túa vodavímoste felicitar.Bonita e rica mozahoxe mesmo vas casar.
Leila agocha a cabeza baixo a manta para non oílas. Unha das mulleres retíralla axiña e dálle unha palmada no cu mentres soltan unha esaxerada gargallada.
—Esperta, que o teu marido agarda!
Entra de novo súa nai coas roupas de noiva na man, e todas calan. A cerimonia comeza.
—Está preparada a miña flor? Xa pode comezar o baile?
En canto diga 'si', todo o mundo aplaudirá e lanzará aturuxos de xúbilo.
Leila sábeo, xa llo explicaron. Fóra escóitase a música. As dúas familias e toda a veciñanza agardan expectantes".
Ningún comentario:
Publicar un comentario