Rosalía de Castro. Retrato ó óleo de Máximo Ramos (1914) |
Hoxe é o día de Rosalía, pois Rosalía de Castro naceu un 24 de febreiro hai 177 anos en Santiago de Compostela. Como ben sabedes, ós 26 anos publica Cantares Gallegos, obra que significou unha nova etapa na historia da poesía galega e que hoxe lembramos coa celebración do Día das Letras Galegas.
A maioría dos poemas de Cantares Gallegos están baseados nas cantigas populares, como este que traemos hoxe.
Recomendámosvos que visitedes as entradas que xa temos publicadas sobre Rosalía, en especial a dedicada á homenaxe que lle fixemos o curso pasado.
San Antonio bendito,
dádeme un home, | ||
anque me mate, | ||
anque me esfole. | ||
Meu santo San Antonio | ||
daime un homiño, | ||
anque o tamaño teña | ||
dun gran de millo. | ||
Daimo, meu santo, | ||
anque os pés teña coxos, | ||
mancos os brazos. | ||
Unha muller sin home... | ||
¡santo bendito!, | ||
e corpiño sin alma, | ||
festa sin trigo, | ||
pau viradoiro, | ||
que onda queira que vaia | ||
troncho que troncho. | ||
Mais en tendo un homiño, | ||
¡Virxe do Carme!, | ||
non hai mundo que chegue | ||
para un folgarse; | ||
que, zambo ou trenco, | ||
sempre é bo ter un home | ||
para un remedio. | ||
Eu sei dun que cobiza | ||
causa miralo, | ||
lanzaliño de corpo, | ||
roxo e encarnado; | ||
carniñas de manteiga, | ||
e palabras tan doces | ||
cal mentireiras. | ||
Por el peno de día, | ||
de noite peno, | ||
pensando nos seus ollos | ||
color de ceo; | ||
mais el, xa doito, | ||
de amoriños entende, | ||
de casar pouco. | ||
Facé, meu San Antonio, | ||
que onda min veña | ||
para casar conmigo, | ||
nena solteira; | ||
que levo en dote | ||
unha culler de ferro, | ||
catro de boxe, | ||
un hirmanciño novo | ||
que xa ten dentes, | ||
unha vaquiña vella | ||
que non dá leite... | ||
¡Ai, meu santiño! | ||
Facé que tal suceda, | ||
cal volo pido. | ||
San Antonio bendito, | ||
dádeme un home, | ||
anque me mate, | ||
anque me esfole. | ||
Que, zambo ou trenco, | ||
sempre é bo ter un home | ||
para un remedio. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario