17/05/12

Rapeando a Pondal

Hoxe é do Día das Letras Galegas, si, e medio mundo (bueno, cecais algo menos) está a falar de Valentín Paz Andrade, o homenaxeado deste ano.

Ben, pois nós, non. Hoxe queremos celebrar que as nosas letras siguen estando vixentes, que a súa sonoridade, a súa rima, o seu ritmo pertencen ás novas xeracións como antes pertenceron a outras. Hoxe queremos compartir con vós o himno galego, ese que coñecedes e que ten como letra un poema de Eduardo Pondal (de 1890), en versión hip-hop de El Puto Coke. Aí queda iso! E como El Puto Coke ten moito que dicir sobre a nosa lingua, o orgullo e os complexos, e moitas outras cousas, vai de regalo outro vídeo del.

Que disfrutedes as nosas letras e o noso día!







OS PINOS
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,

non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
esperta do teu sono
Fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,

mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das idades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;

pois, onde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
Nazón de Breogán.

PONDAL, Eduardo (1890). Queixumes dos pinos





Logo Letras Galegas atopado aquí.

16/05/12

Valentín Paz Andrade






CANDO TI VOLVAS

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...

Valentín Paz Andrade, de Pranto matricial,
adicado a Castelao

14/05/12

A educación


Proverbios
Un viejo proverbio enseña que mejor que dar pescado es enseñar a pescar.
El obispo Pedro Casaldáliga, que no nació en América pero la conoce por dentro, dice que sí, que eso está muy bien, muy buena idea, pero ¿qué pasa si nos envenenan el río? ¿O si alguien compra el río, que era de todos, y nos prohíbe pescar? O sea: ¿qué pasa si pasa lo que está pasando?
La educación no alcanza.


Eduardo Galeano

10/05/12

A historia das cousas, ou os 10.000 millóns de Bankia

Vimos con sorpresa nas noticias que o goberno pensa darlle entre 7.000 e 10.000 millóns de euros a Bankia, un dos bancos españois (é dicir, un negocio privado) que está en apuros. Casualmente, todos os recortes que están a facer en sanidade e ensino suman un aforro de 10.000 millóns de euros. Aumentar o número de estudantes por aula e as tasas de matrícula da universidade, e ter que pagar polas receitas médicas e as sillas de rodas, e todas esas cousas que imos ter que facer dentro de pouco, van servir para que unha empresa privada vaia mellor e os seus accionistas non perdan cartos. Sorprendente, non?

Ó escoitar a noticia lembrámonos deste documental, no que explican que os gobernos están a servir ás grandes empresas e non ó pobo, que lles preocupa o benestar das corporacións multinacionais pero non o dos cidadáns que os elixiron nas furnas.
É un documental fantástico que fala de comercio, medio ambiente, economía, sostenibilidade e, sobre todo, das persoas que estamos detrás de todo, e que nos abre os ollos á realidade. O título está traducido como "A historia das cousas", pero ben podería ser "Como funciona o noso mundo". Disfrutádeo!


09/05/12

Lúa... chea?



O astronauta André Kuipers fixo esta foto dende a Estación Espacial Internacional. O que vedes é a superlúa do 5 de maio pero, debido a que a atmósfera da Terra curva a luz procedente da lúa, aparece totalmente achatada.

Na súa conta de flickr veredes máis fotos espectaculares súas do espacio, da Terra e da Estación Espacial. Nós quedámonos con esta do volcán Etna:


Fotografías de André Kuipers con dereitos reservados.

08/05/12

Be water, my friend






Todos recordamos este anuncio no que Bruce Lee fala da auga e remata dicindo "be water, my friend!". O que poucos saben é que Lee está a falar de filosofía Tao (esa que fala do ying e o yang entre outras moitas cousas). Os dous grandes pensadores do tao foron Confucio, que case todos coñecemos, e Lao-Tze*, autor do famoso Tao Te Ching*.

Este é un extracto do Tao Te Ching no que fala precisamente da auga, tal e como fai Bruce Lee no vídeo:

Capítulo 78:
Nada hay en el mundo más blando y dócil que el agua.
Sin embargo, en moldear la dura roca, nada puede superarla.
Por eso nada puede sustituirla.
Lo flexible vence a lo duro.
Lo suave vence a lo fuerte.
Todo el mundo sabe esto.
Sin embargo, nadie lo pone en práctica.

Lao-Tze, tradución de Ángel Fdez. Castro

Para ler máis deste libro, tedes o texto enteiro no wikisource.


*Usamos a grafía que aparece na edición bilingüe do Tao Te Ching publicada por Ediciones Tao.

07/05/12

Doodle para Valentín Paz Andrade

Hai unha iniciativa para pedir que o logo de Google estea adicado ás letras galegas e a Valentín Paz Andrade o 17 de maio.
Se queredes asinar para apoiar esta iniciativa, podedes facelo aquí.

Esta é a carta de petición:

O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega presentaron nesta institución unha proposta histórica: que se declarase o dia 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas" como data para "recolle-lo latexo material da actividade intelectual galega".
Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego, expuñan que "con motivo de se celebrar aquel ano o centenario da publicación dos CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro", a Academia debería consagrar, con carácter de perdurabilidade, o simbolismo da data nunha celebración anual.
Estimaban que o libro rosaliano editado en 1863 "foi a primeira obra maestra coa que contou a literatura galega contemporánea" e que "a súa aparición veu a lle dar prestixio unviersal á nosa fala como instrumento de creación literaria", concluíndo que representa "un fito decisivo na historia da renacencia cultural de Galicia".
Propuñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, por ser nese dia cando Rosalía llo adicou á tamén poeta Fernán Caballero.
Francisco Fernández del Riego (da Real Academia Galega), lembra deste xeito aquel momento histórico: "Fixen un escrito que asinaron comigo don Manuel Gómez Román e don Xesús Ferro Couselo, e sometémolo á aprobación da Real Academia Galega. A Academia aprobouno por unanimidade, e cursou a pretensión á autoridade competente”.
E naquel momento foi instituida como festa anual do Día das Letra Galegas o 17 de maio. Escolleuse esta data porque CANTARES GALLEGOS foi o primero libro galego que tivo unha significación universal.
Este ano 2012 vai estar adicado a Valentín Paz Andrade, avogado, empresario, político, poeta e xornalista.
Nacido en Lérez (Pontevedra) no ano 1898, Paz Andrade escribiu en galego e castelán ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. Como poeta pertenceu á Xeración de 1925.
Para facerlle ver a Google o apoio popular a esta iniciativa, pedimos a vosa firma.
Gracias de antemán.

04/05/12

O lobishome de Candeán - Páx. 99

CARBALLEIRA, Paula. O lobishome de Candeán. Vigo: Galaxia, 2009. ISBN 978-84-9865-217-8.

A SEÑORA BALBINA

Elvira cruzárase só un par de veces coa señora Balbina en toda a súa vida, pero se lle preguntasen podería falar moito da súa casa, porque alí xogaba de pequena. Ían ela, Silvia, Bruno e unha rapaza que veraneaba alí daquela: Luísa. Á tardiña, achegábanse sen facer ruído para ver cociñar a señora do pano negro. Aos ollos de Elvira, Balbina sempre fora igual de vella. Tiña sona de rara, mesmo dicían que o do pano Elvira non o tiña tan claro. A casa era moi grande e podía gardar segredos terribles, ou iso imaxinaban eles, que Balbina cociñaba receitas máxicas e alimentaba a súa cociña con ósos do cemiterio. A Silvia e a Elvira divertíalles meterlle medo a Bruno, que parecía devorar cada palabra para despois contarllo á súa nai. "Non lles fagas caso, Bruno", dicíalle a nai á orella, "a señora Balbina non é ningunha bruxa", pero Bruno non quería crer iso, Bruno quería crer que a señora Balbina sabía de feitizos, e que as portas da súa casa grande agochaban marabillas.
A señora Balbina soreprendera as cativas unhas cantas veces agochadas entre as árbores da horta. Elvira era a que máis se arriscaba, a que máis se achegaba á casa. A señora Balbina deixábaas, ela non tiña nada que esconder.
Cando Ulises e Penélope, os cans, deixaron de ser cachorriños, remataron as visitas por sorpresa, e a señora Balbina sorprendeuse botando de menos os ollos escuros de Elvira, a súa cara por detrás dos cristais. Víuna medrar de lonxe, aínda que Elvira sempre a saudaba coma unha antiga coñecida.
Desde que Elvira morrera, a señora Balbina procuraba non mirar os cristais, non fose atopar a cara da nena alí, saudándoa como facía sempre.



03/05/12

Carteis de conto

Rowan Stocks-Moore, un deseñador de Liverpool, ten feito uns preciosos carteis minimalistas e moi modernos de contos clásicos (e das películas de Disney correspondentes). Podes ver os once carteis neste enderezo, pero aquí queda unha mostra:

"Bambi", por Rowan Stocks-Moore

"Brancaneves", por Rowan Stocks-Moore

"A sereíña", por Rowan Stocks-Moore

02/05/12

Táboa periódica interactiva


En Ptable.com temos unha marabillosa táboa periódica dinámica e interactiva. Os datos poden incluso gardarse no ordenador para usala sen conexión a internet. Na foto non se aprecia todo o que nos ofrece, así que recomendamos que a visitedes ou que vexades este vídeo de demostración:



01/05/12

Tadufeu

Hoxe traemos unha curta de animación que nos leva a unha época moi lonxana, cando os homes de Cro-Magnon e os Neandertais compartían, supostamente, as frías terras europeas.
Os Cro-Magnons atopan lume e o disfrutan mentras os Neandertais pasan frío. Pero a diferencia entre o cerebro das dúas especies nótase de seguida:



A convivencia entre Cro-Magnon e Neandertal tamén é o tema dun libro que xa vos recomendamos: El clan del oso cavernario.

30/04/12

Ler por rebeldía



Pep Bruno, autor, editor, contacontos e especialista en lectura, revélanos as razóns polas que le, neste artigo publicado no Boletín da Red de Bibliotecas Municipales de Salamanca (nº. 55, decembro 2011). 
Lédeo ata o final porque paga ben a pena!


LA REVOLUCIÓN SILENCIOSA: LEER COMO ACTO DE REBELDÍA

 

 Podría decir que leo por costumbre, pues leer es un hábito que arraigó en mí desde bien niño y que he seguido cultivando a lo largo de mi vida.
También podría asegurar que leo por placer: son muchas las páginas que disfruto intensamente, muchas las que me han dado un gozo inolvidable.
Incluso podría afirmar que leo por puro egoísmo, porque leer es una experiencia honda, íntima, que me alimenta y calma mi sed.
En verdad todo esto podría decir. Y decirlo sin mentir: porque leo por hábito, leo por placer, leo por egoísmo.
Pero pienso que el motivo último de mi militancia en el equipo de los lectores recalcitrantes es porque leer, hoy en día, se ha convertido en una actividad revolucionaria. Leer es un modo de rebeldía, un frente abierto contra el conformismo, una guerra de guerrillas contra los días grises y las noches frías.

Leer frente al ritmo.

Vivimos de manera trepidante, con los bofes fuera, siempre a la carrera y sin un instante para recuperar el resuello. Estos son los días que dicen que nos han tocado: días de frenético tejer/destejer, de agotamiento crónico y de velocidad sin tregua.
Días en los que no hay tiempo para el cese del movimiento, la parada, la quietud: mirar cómo las hojas amarillean y caen de los árboles, ver cómo el viento las arrastra, palpitar con el atardecer, sentarse en la calle y sentir cómo el frío se clava en la piel. Sentir, mirar, parar.
Frente al ritmo atropellado de los días leer se convierte en un acto de rebeldía: sentarse y abrir un libro es detener el reloj, es abrir una puerta que da a otro tiempo, a otros días, a otras vidas.
Leer es un insólito acto de rebeldía, un palo entre las ruedas del engranaje incesante, un torpedo en la línea de flotación de la maquinaria que alimenta la cinta sinfín bajo nuestros pies.
Leer es romper el espejo, hacerlo añicos, y cruzar al otro lado.

Leer frente al ruido.

Estos días que vivimos no tienen cabida para el silencio: el ruido, todo él, habita entre nosotros. Ruido en la calle, ruido en las casas, ruido en los corazones; pantallas que hablan, motores que suenan, ascensores que desafinan... no hay un hueco de silencio entre la mañana y la noche ni entre la noche y la mañana.
El perpetuo ruido se ha incrustado en nuestra cabeza, como un taladro ha llegado al centro de todo y allí se ha convertido en un zumbido constante, severo, contumaz.
Es más: el ruido que hemos tragado y tragado y tragado ahora nos habita y mana, incluso, de nosotros. Ni siquiera bajo el agua es uno capaz de sentir la blanca estepa del silencio, de percibir la sólida presencia del silencio, de dejarse acariciar por el teciopelo suavísimo del silencio.
El ruido es el rey de nuestros días.
Y frente al ruido incontenible leer se convierte en un acto de rebeldía: sentarse y abrir un libro es acallar todas las voces estridentes, es quebrar la continuidad del ruido, meterlo en un saco y lanzarlo al fondo del pozo y entonces permitir que, de nuevo, aparezca el silencio.
Abrir un libro es tumbarse en una pradera en calma, territorio fértil para soñar historias, para imaginar, para escuchar y escucharnos.
Abrir un libro es llenar el mundo de silencios, de esos silencios imprescindibles para la emoción, para sentir que respiramos, que cerramos los ojos, que somos.

Leer frente al dogma.

Son tiempos de uniforme, son tiempos de globalizar(nos), son tiempos de cáscaras brillantes y fondos someros. Son tiempos de pocas preguntas y mucho dogma: este es el mundo que nos ha tocado vivir, resignación.
Y estos son los días que vivimos, días de idénticos gustos, de idénticos deseos, de idénticos pensamientos, días en los que la fábrica de ideas alumbra eslóganes futiles y vistosos para alimentar nuestras bocas y rellenar de palabras prefabricadas nuestros sueños. El deseo, nuestro deseo, está en manos del mercado y en este teatrillo nosotros somos los títeres que habitan en un sueño. O en una pesadilla.
La doctrina entra por el ojo y la oreja y se agarra firme adentro. El mercado nos hace iguales: somos carne de tarjeta visa.
Y frente al adoctrinamiento exitoso leer se convierte en un acto de rebeldía: sentarse y abrir un libro es alimentarse de palabras, es rumiar ideas, es discutir y reflexionar y pensar y crecer y criticar.
Así pues, leer es un enorme acto de rebeldía que nos hace críticos, inconformistas, diferentes, preguntones, inquietos... Leer es romper la maquinaria de los moldes iguales, de las identidades manipulables, de la carne de mercado. En especial leer esos libros que no alimentan las calderas de ese mercado.
¡Si hasta se pueden leer libros gratis cogidos en préstamo en las bibliotecas públicas! ¡Dónde se ha visto acción tan revolucionaria en el reinado del consumismo y la globalización!

Leer frente a la inacción.

Son tiempos incomprensibles, nos dicen. Pasan cosas inevitables, insisten. Nada podemos hacer, afirman. Y mientras tanto nos invitan a sentarnos y ver pasar los días: resiste, aguanta, agacha la cabeza, un poco más, resiste, aguanta, mira la televisión... tú aún eres de los afortunados, te recuerdan. Resiste. Aguanta.
Y quieto, no vayas a mover ni un dedo, ni pestañees, no sea que se altere el universo, se rompa el equilibrio, se abran las compuertas y te arrastre la corriente hasta lo hondo.
Frente a la quietud humillante leer un libro se convierte en un acto de rebeldía: coger un libro activa el músculo, activa el ojo, activa el cerebro, activa la voluntad de ser partícipe, la responsabilidad, la implicación de quien lee. El libro exige al lector, da por ciento lo que exige pero exige. Pide ¡calla!, pide ¡escucha!, pide ¡atento!... y el lector participa y se hace responsable de eso que sucede en ese instante de lectura. Ser responsables y protagonistas de lo que nos sucede es, sin lugar a dudas, la mayor de todas las rebeldías imputables al libro.


Sí, podría decir que leo por hábito, que leo por placer, que leo por egoísmo.
Pero cada vez estoy más convencido de que leo porque pertenezco a la Resistencia, porque soy un rebelde. Y pienso que hay muchas cosas todavía que deben cambiar. Con un libro en la mano soy peligroso: pienso, sueño, hago preguntas, soy responsable, habito el tiempo... inicio la revolución silenciosa que hará otro mundo mejor.

Seguro.


Pep Bruno

27/04/12

Merlín e familia - Páx. 99

CUNQUEIRO, Álvaro. Merlín e familia. Vigo: Galaxia, 2003. ISBN 84-8288-637-1.

"Mi amo respondeulle que pensase noutras cousas, que aínda se iba rir unha hora amosándolla ao señor bispo de Lamego. E que si tocaban a morrer, millor que chiscarlle o ollo a un pernil francés era poñerse a formar as contas da ialma. Chegou daquela de Meira o sobriño do Liaño coa triaca prepósita i as píldoras de mel sedativa, e menciñou o señor Merlín ao suízo, e deixámolo nunha siestiña pra ir xantar. E cando rematamos, i houbo tanta familia pra ver enxogar a boca a meu amo e lavalas mans como pra ver as bólas de neve, rubimos acarón do suízo, e xa estaba desperto, cos ollos vivos, peiteando a perilla.
- Paréceme, meu señor mago, que vou curado -díxolle a mi amo.
- Tamén eu estou niso, e non é miragre, que a triaca prepósita está en tal virtú, que ou revira a un dunha vez contras as apariencias diste mundo, ou de contado sana ao doente. E demos gracias al Señor por ter chegado a tempo.
Todo isto i outras razós en francesa fala púxolle mi amo ao suízo, i adiantoulle, según soupen, unha onza pra seguir camiño, i o mosiú Simplom agasallou ao señor Merlín cunha bóla de neve, e don meu amo mandoume escoller, i eu puxen de preferida a do cabaleiro pasando o monte, polo moito que me gostaba o baionciño i a música de axóuxeres que tiña a bóla na caixa de pé. E como anoitece doado en outono, determiñou o señor Merlín regresar a Miranda, pasando o Pontigo de día, que entre San Lucas e Santos xa ouvea o lobo en aquelas cavadas, e mandoume montar tras il a mullerengas, e trotamos tan vivo que parecía que se alongaba a serán."


25/04/12

Nicanor Parra, premio Cervantes


 O chileno Nicanor Parra, matemático, físico e poeta (ou antipoeta, como diría el), foi o gañador do Premio Cervantes este ano. Sirvan estes versos seus como mostra da súa obra:






NO ME EXPLICO SEÑOR RECTOR (2001)
Las razones que pudo tener el Jurado
Para asignarme a mí
Que soy el último de la lista
Premio tan contundente como éste

Hay x lo menos una docena de candidatos
Que con razón se sienten postergados

Irregularidades como ésta
No debieran volver a repetirse

Yo x mi parte me querellaré
Contra quienes resulten responsables





EL PREMIO NÓBEL
El Premio Nóbel de Lectura
me lo debieran dar a mí
que soy el lector ideal
y leo todo lo que pillo:

leo los nombres de las calles
y los letreros luminosos
y las murallas de los baños
y las nuevas listas de precios

y las noticias policiales
y los pronósticos del Derby

y las patentes de los autos

para un sujeto como yo
la palabra es algo sagrado

señores miembros del jurado
qué ganaría con mentirles
soy un lector empedernido
me leo todo - no me salto
ni los avisos económicos

claro que ahora leo poco
no dispongo de mucho tiempo
pero caramba que he leído

por eso pido que me den
el Premio Nóbel de Lectura
a la brevedad imposible




CAMBIOS DE NOMBRE
A los amantes de las bellas letras
Hago llegar mis mejores deseos
Voy a cambiar de nombre a algunas cosas.
Mi posición es ésta:
El poeta no cumple su palabra
Si no cambia los nombres de las cosas.
¿Con qué razón el sol
Ha de seguir llamándose sol?
¡Pido que se le llame Micifuz
El de las botas de cuarenta leguas!

¿Mis zapatos parecen ataúdes?
Sepan que desde hoy en adelante
Los zapatos se llaman ataúdes.
Comuníquese, anótese y publíquese
Que los zapatos han cambiado de nombre:
Desde ahora se llaman ataúdes.
Bueno, la noche es larga
Todo poeta que se estime a sí mismo
Debe tener su propio diccionario
Y antes que se me olvide
Al propio dios hay que cambiarle nombre
Que cada cual lo llame como quiera:
Ese es un problema personal.

24/04/12

Abrir un libro e deixarse levar

Seguimos a celebrar o Día Mundial do Libro! Agustín Fernández Paz, un dos vosos autores favoritos, escribiu este texto, "Os ríos da vida",  como agasallo ás bibliotecas escolares galegas no Día do Libro:

OS RÍOS DA VIDA


Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada día. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! Só hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo río das palabras, esas que fan nacer dentro de nós outros mundos e outras vidas.

Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emoción do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancián da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pousóns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; o espanto ante os perigos que a escuridade agocha, nun bosque inmenso ou no corredor da nosa casa; a soidade e as dúbidas de cando temos quince anos; as vidas de hai mil anos, cando o mundo era doutro xeito; ou as de dentro de mil anos, nun planeta que agoniza; a fascinación polas estrelas, que nos envían a súa luz desde os abismos do espazo-tempo; o desespero de sentirse só entre ríos de xente; o nacemento dunha persoa, a morte doutra; os seres máxicos e os deuses terribles…

Abrir un libro e deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir.

Agustín Fernández Paz



Non queremos deixar pasar a ocasión de dar os nosos parabéns ó señor Fernández Paz polo premio Antón Losada Diéguez á creación literaria pola súa novela Non hai noite tan longa.

Fotografía: Fall, de Ursula I Abresch

23/04/12

Manifesto para promover a lectura na escola

Hoxe, Día Mundial do Libro, queremos sumarnos ó manifesto redactado por Luis Arizaleta, especialista en lectura, que nos recorda os principais aspectos necesarios para promover a lectura dende e na escola.

 Para un ambiente de lectura na escola

23 de abril de 2012, Día do Libro


1º Educar unha actitude favorable
A disposición persoal que vincula íntima e favorablemente á comunicación mediada por textos configúrase ao fío de experiencias significativas nutridas de emoción, metáforas e imaxes.

2º Gozar a comunicación
Os textos pódense compartir desde idade moi temperá e gozar xunto a outras persoas en situacións agradables e pracenteiras que crean climas propicios para o xogo, a expresión e o diálogo.

3º Xerar unha motivación persoal

A actitude persoal favorable convértese en motivación autónoma conforme vai sendo interiorizada por quen sente a comunicación mediada por textos como unha fonte de pracer estético e intelectivo, un camiño para a indagación e o descubrimento, unha vía de conexión co mundo e de proxección imaxinaria nel.

4º Recoñecer a diversidade
Cada persoa orienta a súa motivación de acordo a preferencias e intereses diversos como diversas e plurais son a vida, as expectativas individuais, as relacións. Por iso os lectores deben poder elixir as súas lecturas entre unha ampla variedade de rexistros culturais e de tipoloxías textuais.

5º Favorecer a liberdade de lectura

Ser lector é crecer en liberdade. A educación da lectura en liberdade ten que ser capaz de amparar a diferenza, os valores diverxentes, a crítica das aparencias ou a incorrección transgresora que cada lector reelabora no seu mundo imaxinario.

6º Apreciar a calidade literaria

En todas as tipoloxías textuais existen textos de calidade literaria, non estereotipados e accesibles para lectores de distinta idade, cuxa recepción alimenta os procesos de educación literaria que traen consigo aprecio da beleza, discernimiento entre fondura e banalidade, diálogo cun mesmo, recoñecemento da alteridade.

7º Exercer a mediación entre os lectores e os textos

O adulto que exerce o papel de mediador entre os textos e os seus receptores activa a educación literaria e acompaña o desenvolvemento de afeccións á lectura recoñecendo a diversidade, favorecendo a liberdade de lectura, apreciando a calidade literaria. Estimula temperá e continuadamente a disposición á emisión/recepción de textos, narra e le en voz alta, comparte experiencias de lectura, recibe recomendacións dos outros lectores, selecciona e recomenda lecturas que gozou e que valora como accesibles e interpretables para o lector con quen dialoga.

8º Desenvolver a competencia comunicativa
A interacción satisfactoria cos outros nunha contorna textual, escoitar e dicir textos, escribir textos para ser lidos por un interlocutor e ler en voz alta, dialogar sobre os textos, favorece a maduración da competencia para a comunicación lingüística e o crecemento persoal.

9º Vincular pracer lector e comprensión
Pracer lector e comprensión lectora van da man: esta é a conclusión do Informe PISA 2009 acerca da asociación entre o rendemento en comprensión lectora, a motivación persoal cara á lectura e o pracer de ler:
“En todos os países, os alumnos que gozaban máis coa lectura tiveron un rendemento significativamente máis alto que aqueles que dixeron que non lles gustaba ler… Os alumnos que non len por diversión son os que, xeralmente, non gozan lendo. O goce pola lectura é, de acordo con PISA 2009, unha condición previa da motivación cara á lectura… Ler por pracer e rendemento son factores positivamente asociados. O baixo rendemento en comprensión lectora nos alumnos que din non ler por diversión parece aconsellar a difusión de medidas de fomento da lectura, pero animar aos alumnos a ler máis horas non significa necesariamente que melloren a súa comprensión lectora. Existe un limiar que indica que a diferenza estriba en que lean diariamente por diversión, non na cantidade “bruta” de tempo que pasan lendo.”
“PISA 2009. Informe español”. Ministerio de Educación, 2010
http://www.educacion.gob.es/dctm/ministerio/horizontales/prensa/notas/2010/20101207-pisa2009-informeespanol.pdf?documentId=0901e72b806ea35a

10º Distinguir entre reprodución e produción

O diálogo sobre os distintos significados extraídos polos lectores tras as súas lecturas, a interpretación compartida, permite profundar no sentido dos textos indo máis aló das pautas que miden a mera capacidade para reproducir significantes pero non desenvolven a competencia para producir novos significados.

11º Alentar a afección e a dedicación
A motivación autónoma e o desenvolvemento da competencia comunicativa alentan a procura de novos retos textuais cada vez máis complexos, que requiren afección, dedicación e esforzo, e vense recompensados con novos achados de pracer lector.

12º Caracterizar a Biblioteca como lugar para o pracer lector

A Biblioteca escolar é o lugar privilexiado da Comunidade Educativa para as interaccións en torno aos textos, un recurso para o traballo do profesorado que desexa compartir o pracer de ler e un ambiente idóneo para desenvolver o gusto pola lectura e para articular estratexias de educación lectora e literaria coherentes.

*Luís Arizaleta (educador literario, Pamplona). Seve Quella (escritor, Bilbao). José García Guerreiro (coordinador de bibliotecas escolares, Málaga). Miguel Anxo Mendo (escritor, Madrid). Emilio Roca (profesor de Educación Secundaria, A Coruña). Jordi Rodríguez Artés (mestre de Educación primaria, Barcelona).


20/04/12

Ser, ou non ser?

Quixo a casualidade que o 23 de abril de 1616 morreran tres grandísimos escritores: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega. En 1995 a UNESCO decretou que o aniversario da súa morte ía adicarse cada ano ós libros e á lectura. Actualmente, máis de 100 países celebran con nós o Día do Libro cada 23 de abril.

Este venres, en lugar da clásica páxina 99 dalgún libro, convidamosvos a ler o fragmento máis famoso de Hamlet (que á súa vez é quizais a obra de teatro máis coñecida no mundo occidental), que W. Shakespeare escribiu arredor de 1600.



Este monólogo ten lugar cando Hamlet descobre que o seu pai foi asasiñado polo seu tío (é dicir, o irmán do seu pai) para usurpar o trono de Dinamarca, e que a súa nai estivo metida tamén no allo. Hamlet enfróntase á posibilidade de suicidarse ou non, pero tamén á posibilidade de matar ó seu tío. A acción transcorre nun contexto medieval aínda que Hamlet xa é un home renacentista, menos violento que os que o rodean e máis inclinado ó pensamento e ás artes.



"To be, or not to be: that is the question:
Whether 'tis nobler in the mind to suffer
The slings and arrows of outrageous fortune,
Or to take arms against a sea of troubles,
And by opposing end them? To die: to sleep;


No more; and by a sleep to say we end
The heart-ache and the thousand natural shocks
That flesh is heir to, 'tis a consummation
Devoutly to be wish'd. To die, to sleep;
To sleep: perchance to dream: ay, there's the rub;


For in that sleep of death what dreams may come
When we have shuffled off this mortal coil,
Must give us pause: there's the respect
That makes calamity of so long life;


For who would bear the whips and scorns of time,


The oppressor's wrong, the proud man's contumely,
The pangs of despised love, the law's delay,
The insolence of office and the spurns
That patient merit of the unworthy takes,
When he himself might his quietus make
With a bare bodkin?"

"Ser, ou non ser: tal é a cuestión. ¿Cál é máis nobre acción do ánimo: sufrir os tiros e dardos da cruel Fortuna, ou empuñar as armas contra o océano dos males e darlles cara e acabar con eles? Morrer: durmir, non máis. E pensar que cun soño damos fin á mágoa e aos mil naturais reveses que forman o patrimonio da carne... É un final desexable e tentador. Morrer. Durmir... Durmir... ¡Tal vez soñar! Si, aí está o obstáculo; pois considerar que soños nos poderán invadir ao abandonar este corpo perecedoiro e durmirnos na morte é abondo para nos deter. Velaí o temor que dá longa vida ás nosas calamidades; pois sen el, ¿quen soportaría os aldraxes e achaques da idade, a violencia do tirano, o insulto do soberbio, a anguria dun amor desairado, as dilacións da xustiza, a insolencia do funcionario e o desdén que o paciente mérito sofre do home indigno, cando poderíamos atinxir a nosa propria calma con só un puñal?
Tradución: Inés Montenegro (baseada en Borges)






Hai moitas versións de Hamlet libres de dereitos que podedes ler de balde en internet ou en dispositivos electrónicos. Na biblioteca tamén a atoparedes.

Imaxe de Hamlet atopada aquí.

19/04/12

El príncipe

Cuando el príncipe se pasea
en su radiante caballo
2/8 de caritas
tras los visillos se asoman,
3/8 de doncellas
por las esquinas rondan,
1/8 de princesas
a la conquista se lanzan,
y 2/8 de mujeres cultas
que pasean por la plaza
lo saludan muy amablemente
con sonrisas falsas.
¿Cuántas son las admiradoras del príncipe?

                                             María Pilla Michelli 
 ---
Co gallo do Día do Libro, o alumnado da ESO que conteste acertadamente esta adiviña poético-matemática recibirá de regalo un libro de pasatempos matemáticos. A data límite para as vosas respostas é o propio día do libro ata a noite (luns 23 de abril). Podedes enviar un correo aquí ou contestar nun comentario a esta entrada (que non se publicará ata o luns para que ninguén copie a resposta).

18/04/12

O nacemento dun libro

Vaise achegando o día do libro! E sabedes como se fai un libro? Poderíamos falarvos de signaturas, tapas e libros intonsos... pero case mellor que o vexades. Neste vídeo tedes o proceso de confección dun libro de xeito tradicional. Por desgracia, non todos os que chegan ás nosas mans están feitos así (soen intervir moitas máis máquinas e menos mans humanas).




Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.
 


Nestes tempos nos que estamos rodeados de teléfonos móbiles intelixentes que programan o forno e activan a alarma, de televisións con disco duro e acceso a internet, de camisetas con leds integrados, de iPads e iPods e ata iJams (si, dixemos ben: o iJam "cut & play"! Non volo perdades!), e para moitos a lectura empeza encendendo un aparello e premendo uns cantos botóns, osquelemos presentan a mellor e máis revolucionaria das tecnoloxías para a lectura interactiva de libros: o BOOK.





Xa sabedes onde atopar miles destes revolucionarios aparellos chamados books, así que alí nos veremos!

17/04/12

Calendario de exames de pendentes!

A xefatura de estudos vén de publicar na web do centro o calendario dos exames de recuperación de materias pendentes para a ESO.
Tomade nota deles!

Apadriñando!

Como xa dixemos no noso blogue adicado ás familias, o 2 abril foi o Día Internacional do Libro Infantil. Xa que ese día estábamos de vacacións, á volta fixemos unha actividade moi bonita para celebralo: os apadriñamentos lectores. Xoves e venres os rapaces de 4 e 5 anos recibiron a visita dos seus "padriños e madriñas" de secundaria que lles leron un conto. Próximamente serán varias das nosas ex-alumnas (que están a estudar bacharelato) as que apadriñarán ós de 3 anos.
Seica a experiencia foi moi boa tanto para narradores como para ouvintes, así que seguro que o próximo ano repetiremos!




E así apareceu a noticia no blogue dos pequechos ribeiráns.

Non esquezades que para celebrar o Día do Libro (23 de abril) voltaremos facer as lecturas cruzadas para que os maiores lean ós pequenos e os pequenos ós maiores!

16/04/12

Unha nova biblioteca?

Hai bibliotecas, e bibliotecas. A nosa sufriu unha transformación considerable este ano, e podemos estar ben orgullosos dela, non si? Non estaría mal poder contar cun edificio novo e facer algo así:

Biblioteca de Stuttgart


Librería Selexyz en Masstricht, Holanda

 Que vos parece? Gustaríavos? Estades invitados a pasar pola biblio e contarnos se vos gustan e por que, ou comentalo nesta entrada.

13/04/12

El clan del oso cavernario - Pág. 99

AUEL, Jean M. El clan del oso cavernario. Madrid: Maeva, 2008. ISBN 978-84-96231-63-4.

Esta é a primeira novela da saga Los hijos de la tierra, formada por 6 libros ambientados no paleolítico. A protagonista, Ayla, é unha rapaza cro-magnon criada por neandertais tras morrer a súa familia e que logo debe deixalos. Ó longo das súas aventuras convirtese nunha experta cazadora, descubre un novo xeito de facer lume, sobrevive ás experiencias máis duras e domina a curación con herbas mediciñais.

"La compañera de Brun fue buena con ella cuando se trasladó para vivir con la familia del jefe, sentándose con ellos y caminando tras Ebra mientras buscaban una cueva. Pero Brun la asustaba. Era más serio que el compañero de su madre; su responsabilidad pesaba duramente sobre sus hombros. La principal preocupación de Ebra era Brun, y nadie disponía de mucho tiempo para dedicárselo a la huérfana mientras viajaban. Pero Broud la había visto sentada sola y contemplando tristemente las llamas una noche. Oga se sintió abrumada de gratitud cuando el orgulloso muchacho, casi un hombre, que raras veces le había prestado atención anteriormente, fue a sentarse a su lado y le rodeó los hombros con su brazo mientras ella desahogaba su pena. Desde aquel momento, Oga vivió con un solo deseo: cuando se convirtiera en mujer, deseaba ser entregada a Broud como su compañera.

El sol del atardecer era cálido en aquel ambiente inmóvil. Ni una leve brisa agitaba una sola hoja. El silencio expectante era perturbado únicamente por el zumbido de las moscas, que se saciaban con los restos de comida, y el ruido de las mujeres que cavaban un foso para asar. Ayla estaba sentada junto a Iza mientras la curandera buscaba la bolsita roja en su bolso de piel de nutria. La niña había andado tras ella el día entero, pero ahora Iza tenía que efectuar con Mog-ur ciertos ritos como preparación para el importante papel que debería desempeñar al día siguietne en la ceremonia de la cueva, ahora que ya estaban seguros de que habría uno. Condujo a la niña que la seguía hacia el grupo de mujeres que excavaban un produndo hoyo no lejos de la boca de la cueva. Sería forrado con piedras y se encendería dentro un gran fuego que habría de arder toda la noche. Por la mañana, el bisonte desollado y descuartizado, envuelto en hojas, sería bajado al foso, lo cubrirían con más hojas y una capa de tierra, y se quedaría asándose en el horno de piedras hasta el crepúsculo.
La excavación era un trabajo lento y fastidioso. Usaban palos agudos de cavar para romper la tierra, que era depositada a puñados en un manto de cuero que después se sacaba del foso y se vaciaba. Pero una vez cavado, el foso podría servir muchas veces; lo único que se necesitaría sería quitar las cenizas de vez en cuando. Mientras las mujeres cavaban, Oga y Vorn, bajo la mirada vigilante de Ovra, la hija no emparejada de Uka, recogían la leña y traían piedras desde el río."

Blogue oficial da saga Los hijos de la Tierra.





11/04/12

Como citar un libro

Para facer referencias bibliográficas (é dicir, para citar un libro e dar os seus datos) hai unhas normas que debemos coñecer e observar. O malo é que non hai un só xeito de facelo, senón varios estilos. Aquí tedes os dous máis comúns:

Estilo  1: ENDE, Michael. Momo. Madrid: ed. Alfaguara, 2011.
(APELIDO DO AUTOR, Nome do autor. Título. Lugar de edición: editorial, ano)

Estilo 2: Ende, Michael (2011). Momo. Madrid: ed. Alfaguara.
(Apelido e nome do autor. (Ano). Título. Lugar de edición: editorial)

Como verás, a diferencia está no lugar onde poñemos o ano de edición. O segunto estilo emprégase moito para obras científicas, o primeiro máis para literatura, pero realmente da igual cal destes estilos adoptamos: o importante é ser consecuentes e usar sempre o mesmo.

Se citar un libro é bastante sinxelo, a cousa complícase un pouco máis se temos que citar un capítulo dun libro, ou un artigo dunha revista, ou mesmo unha páxina web. Para practicar todo isto, tes un titorial boísimo nesta web con prácticas incluídas (aínda que en castelán).

10/04/12

Fotografía acuática

"Cloud Study", da serie Chromatics, por Barbara Cole (2006)

Aínda que estamos acostumados a ver cadros hiperrealistas que semellan fotografías, non é tan común que vexamos forografías que semellan cadros, neste caso acuarelas. A fotógrafa autodidacta Barbara Cole leva traballando con esta idea dende fai bastantes anos. Na súa serie Chromatics, Barbara fotografía dende arriba modelos metidas na auga, xogando con reflexos e cores e tentando facer todos os efectos coa cámara e non con programas de retoque fotográfico. O resultado é unha conxunto de imaxes máis que interesante e certamente sorprendente.

Invitámosvos a ver esta selección de nove obras ou visitar a súa web, onde poderemos disfrutar desta serie e do resto da súa obra (a través do menú da esquerda).

"Three by four", da serie Chromatics, de Barbara Cole (2006)

30/03/12

El valle de los lobos - Pág. 99

GALLEGO GARCÍA, Laura. Crónicas de la torre. El valle de los lobos. Madrid: SM, 2010. ISBN 978-84-675-3967-7.

" Dana llegó a su cuarto y se sentó junto a la ventana, para pensar.
Plenilunio. ¿Significaba aquello que solo podría ver al unicornio bajo la luna llena? A pesar del tiempo transcurrido, Dana recordaba muy bien la advertencia del Maestro de no salir de la Torre de noche. "Pero entonces yo era una niña", pensó la chica. "Y ahora ya domino tres elementos y conozco muchas formas de vencer a una jauría de lobos hambrientos".
- Sé que podría enfrentarnos a ellos -murmuró a media voz.
- ¿Enfrentarte a quién?
Dana no necesitaba volverse para saber que se trataba de Kai, que acababa de entrar.
- A los lobos.
Kai se reunió con Dana en la ventana, y ella le contó enseguida todo lo que había averiguado. Inmediatamente en los ojos verdes del muchacho se encendió una chispa que Dana conocía muy bien: el ansia de aventuras.
- ¡Qué bien, un misterio! La vida en este sitio empezaba a ser demasiado aburrida. ¿Cuándo es el próximo plenilunio?
- Aguarda un momento, Kai. Antes que nada deberíamos averiguar quién es esa mujer y desde dónde se pone en contacto con nosotros. Tal vez sea una trampa.
- ¿Lo crees así?
En el tono de voz de Kai había un cierto matiz irónico. Dana suspiró, rendida. Su amigo la concoía demasiado bien.
- De acuerdo, no -admitió-. No parece malvada. Pero, entonces, ¿por qué se oculta del Maestro?"


29/03/12

Especial reforma laboral

Hoxe hai convocada unha folga xeral en protesta pola reforma laboral do actual goberno. Tomádevos o día con calma, procurade distintas visións do tema e, sobre todo, non esquezades o humor (que, a este paso, será das poucas cousas que nos queden ós traballadores!).








O Bichero: Outra volta de tuerca


28/03/12

Vidas xitanas



Fai uns días inaugurouse en Granada a exposición Vidas gitanas, que reúne máis de 400 documentos (fotografías, vídeos, obxectos cotitidianos...) para amosarnos como foi a vida para os xitanos españois dende que chegaron á Península en 1425. En especial queren desmontar mitos e ensinarnos que o mundo xitano actual é moi heteroxéneo e non se reduce ó tópico de vidas marxinais.

Como afirman os responsables da exposición, "España tamén é xitana. A cultura española é, nunha grande medida, debedora do xitano". En Torneiros, con 80 alumnos desta etnia, non nos cabe ningunha dúbida de que non podemos entender a nosa cultura e a nosa historia sen Camarón, Lorca, Carmen Amaya, Julio Romero de Torres e tantos outros.

Se por casualidade pensades ir a Andalucía en Semana Santa, non deixedes de ver esta exposición e contarnos todo, todo, todo! Para máis información, este enlace. E aquí tedes unha mostra das fotografías que hai expostas.






Na biblioteca, Cuentos tradicionales gitanos e triple CD de Camarón á vosa disposición, para paios e xitanos, rubios e morenos, altos e baixos, e os femininos deses adxectivos.

Fotografía: "Jiménez", de Inés Montenegro

27/03/12

Táboa periódica de vídeos

Neste enlace, a táboa periódica de elementos dun xeito moi curioso: cada elemento aparece representado nun vídeo no seu estado normal, ou explotando, ou... Facede clic neles para ir véndoos.

Está feita pola Universidade de Nottingham. A pregunta que vos facemos é: cal é o vídeo máis interesante? E o máis sorprendente? E o máis friqui?