18/04/13

Saritísima!



O pasado 8 de abril morreu ós 85 anos a actriz e cantante Sara Montiel. Sara foi unha diva, a nosa Liz Taylor, a actriz española de máis éxito nos Estados Unidos, cunha abundante filmografía e, tamén, unha abultada lista de amores e amoríos. Sara foi quen de vivir como lle petou incluso na época de Franco, rachando coa imaxe e a compostura que toda muller debía gardar, de aí que moitos a adoren por ter sido unha revolucionaria e unha adiantada á súa época.

Apenas un mes antes de morrer, Isabel Gemio rendiulle homenaxe en Onda Cero polo seu 85 aniversario. Esta é probablemente a última entrevista longa de Sara, na que repasa toda a súa vida:



Ningún comentario: