Dirección: Phyllida Lloyd
Guión: Abi Morgan
Música: Clint Mansell, Thomas Newman
Reparto: Meryl Streep, Jim Broadbent, Anthony Head, Richard E. Grant, Roger Allam, Olivia Colman,
Xénero:Drama | Biográfico. Política. Histórico.
Ano: 2011
Premios: Óscars á mellor actriz e á mellor caracterización (2012), Premio AACTA á mellor actriz (2012), Premio BAFTA á mellor actriz e mellor caracterización (2012), Globo de Ouro á mellor actriz (2012) e outros.
Clasificación: recomendada a maiores de 13 anos
Hoxe escollemos esta película porque se celebra en Londres o enterro de Margaret Thatcher, a que fora Primeira Ministra británica de 1979 a 1990, e que morreu o pasado 8 de abril. "A Thatcher", a quen todo o mundo chamaba "a dama de ferro", foi unha muller moi controvertida na súa época; aínda hoxe hai quen chora a súa morte e quen a celebra con champán. Ó seu favor hai que recoñecerlle a súa capacidade, o seu liderazgo e ter sido a única muller en dirixir o Reino Unido. Pola contra, Margaret Thatcher fixo unha política implacable que provocou que o país tivese máis parados que nunca e estes tivesen menos axudas que nunca.
A película arranca cunha Margaret Thatcher xa maior e con signos de demencia, e céntrase sobre todo na persoa e no alto prezo persoal que tivo que pagar pola súa carreira política. A dama de ferro era unha muller de orixe humilde que tivo que loitar contra tódolos prexuizos que lle impedían chegar alto nesa carreira: ser muller e ser pobre. Non falta quen critica que a súa imaxe na película é demasiado favorecedora, pero iso vai en gustos.
A actuación de Meryl Streep é estupenda, así coma o maquillaxe (como atestiguan os moitos premios que recibiron).
Non deixedes de vela se queredes afondar un pouco máis nunha das figuras máis influíntes do século XX e, a ser posible, en versión orixinal para comprobar o magnífico traballo que fai Meryl co acento e a dicción!
Tráiler:
Ningún comentario:
Publicar un comentario