16/04/13

Fracking

Fotografía de Mark Thiessen
O National Geographic deste mes ten un artigo sobre unha nova técnica de extracción de gas, chamada fractura hidráulica ou "fracking", que a Xunta está a discutir se permite empregar en Galicia. Hai unha forte oposición por parte dos ecoloxistas e dos científicos (non só aquí senón en todo o mundo), que teñen medo do impacto medioambiental desta técnica. Algúns países (Irlanda, Canadá, Francia...) téñena prohibida, mentres outros están aínda pensando que facer (coma nós). En Estados Unidos veñen usando o "fracking" dende hai uns 30 anos, e precisamente de alí veñen as alertas: pode provocar sismos, contaminar as augas soterradas, contaminar o aire e liberar sustancias do subsolo. Iso xusto é o que lle ocorre a Sherry Vargson, a muller da foto: dende que usaron a fractura hidráulica nos seus terreos, a auga do grifo contén tanto metano que arde ó achegarlle un misto; Sherry di que sempre teñen 3 ventanas abertas, verán e inverno, para que a casa non estoupe (como xa ocorriu nunha casa de Ohio). Por desgraza, non é un caso aillado.

A fractura hidráulica consiste en inxectar no subsolo auga a presión con area e diversos produtos biotóxicos para liberar o gas atrapado na pizarra. Tedes unha explicación moito máis completa (e fácil de entender) aquí,









Diagrama, vídeo e logo do grifo extraídos da web Fractura Hidráulica No

Ningún comentario: