21/12/12

O fin do mundo... e das clases!

Din algúns que hoxe será o fin do mundo segundo o calendario Maia. Se estades lendo isto, é que non rematou, pero o que si que rematan seguro son as clases... ata xaneiro!
O mundo rematarase algún día, por suposto, e ó paso que vamos pode que sexa máis cedo que tarde, pero dubidamos moito que o vexamos nós... En calquera caso, si nos gustaría que rematase ESTE mundo, que cambiase radicalmente e fose un lugar mellor para tod@s en vez desta chapuza na que uns morren de fame ou non teñen nin os dereitos máis básicos mentras outros mercan xoias dun millón de euros e beben champaña de 4000€. A que si?
Niso pensamos e iso desexamos cando escoitamos esta canción de REM: It's the end of the world as we know it (É o fin do mundo tal e como o coñecemos).


Hai quen leva anos empeñado en cambiar este mundo a base de poñer graíños de area, como a Fundación Rais. Estes días saíron na prensa porque o músico Rafa Sánchez púxose en contacto con eles para facer uns obradoiros de música para persoas sen teito. O resultado é Fábrica de canciones e o disco Ni genios ni artistas, no que 5 persoas sen fogar cantan as súas vivencias e os seus desexos de futuro xunto a artistas como Raimundo Amador, Sole Giménez, Clara Montes, Carolina Muños, Miguel Campello, Pedro Guerra y Dani Reus.


Nós tamén podemos poñer o noso grao de area de moitos xeitos para facer un mundo un pouquiño mellor, e imos mencionar só 3 exemplos cercanos:
 - mercando o disco de Fábrica de Canciones
 - comprando os nosos regalos de nadal na tenda de ACEESCA e Mercado Solidario no Centro Comercial Praza Elíptica en Vigo (ata o 5 de xaneiro, de 10 a 14 e de 16 a 22), con obradoiros incluidos
 - colaborando co banco de alimentos de SOS Porriño (R/ Domingo Bueno, 98 - tlf. 607 33 44 12)




E así, con desexos dun mundo mellor e máis xusto para tod@s, despedímonos ata xaneiro. Que pasedes unhas moi boas festas e QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!


Ningún comentario: