18/12/12

Recomendacións para o Nadal (I): ESO

Durante esta semana poremos no blog máis información sobre os libros, películas e música que recomendamos para este Nadal. Hoxe, na primeira parte, temos as recomendacións de lectura para a ESO.

RIVADULLA CORCÓN, X. H. O noso amor será eterno. Ed. Xerais, 2011.

O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade. Sentiron que querían estar abrazados, cada un habitar nos brazos do outro, comprenderon que nada na vida tería sentido se non a vivían xuntos, xuraron que seguirían unidos, pasase o que pasase. Buserán prometeulle que a forza do seu amor non sería inútil e Frolinda aseguroulle que o seu amor sería eterno. Rocío e Ramón, veciños da mariñeira vila de Muxía, ese mascarón de proa da vella Europa, coñecerán no acantilado da furna Buserana a fermosa pero tráxica historia de amor eterno entre aquel trobador e a súa namorada. 

 CALVEIRO, Marcos. Palabras de auga. Ed. Xerais, 2012.
Premio Merlín de Literatura Infantil 2012
O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba coa esperanza de atopar unha terra mellor con auga abondosa. Dende entón, homes e mulleres camiñan, baixo un sol abrasador, a sabana poeirenta sen saber que lles pode deparar o futuro. Amadou aprenderá da súa nai a colleitar o alimento agochado nos formigueiros, mais tamén, como afouto guerreiro, haberá de se enfrontar axiña cos perigos da caza e da procura de Numba, o seu irmán maior, desaparecido no campamento dos nenos soldado. Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor.
A partir de 11 anos. 


ALONSO, Fran. A punta de pistola. Ed. Xerais, 2012.
XII Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia
A punta de pistola ábrese cunha escena de ritmo trepidante: un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un Centro de Acollida Familiar para ver os seus fillos, baixo a tutela dos servizos sociais. Unha vez alí, secuéstranos e lévanos a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida.
Ao tempo, outra historia transcorre en paralelo: a dunha camioneira emprendedora, culta e licenciada, que conduce e escribe nun blog. A camioneira, admiradora da vida da fisterrá Celia Rivas, a primeira muller en conducir un camión, en 1932, supón un contrapunto máis intimista á desenfreada fuxida que protagoniza a parella de secuestradores.
Moita acción, planos cinematográficos, novas tecnoloxías, o papel da muller e a desestruturación social, familiar e educativa son algúns dos eixos que vertebran esta novela que está baseada nun feito real e logra atrapar os lectores e lectoras.

 SEIJAS, Antonio e FERNÁNDEZ PAZ, Agustín. Cartas de inverno. Novela gráfica. Ed. Xerais, 2012.
Cartas de inverno é unha novela gráfica baseada na novela de A. Fernández Paz.
Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Mais alí, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos capaces de imaxinar. Versión en banda deseñada de Cartas de inverno, a extraordinaria novela de terror de Agustín Fernández Paz, un dos clásicos da narrativa galega contemporánea.
Di Agustín Fernández Paz: “Este Cartas de inverno de Antonio Seijas recolle a historia, os personaxes e os ambientes que creei no seu día, comezando pola omnipresente mansión onde todo sucede. Trátase da mesma historia, narrada a través da linguaxe do cómic e a través doutra mirada. A capacidade de suxerir que teñen as palabras trasládase aquí ás elipses narrativas. A tensión creada coas palabras trasládase ás imaxes e á montaxe das viñetas. Os estados de ánimo atopan a súa correspondencia na paleta de cores utilizada polo autor. Todas as pezas encaixan para conformaren unha obra con valor de seu. De aí que declare a miña alegría ante a publicación destas novas Cartas de inverno”.

 
PRADO, Miguelanxo. Ardalén. Norma Editorial, 2012.
Novela gráfica.
Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo.








MONTERO GALÁN, Daniel. Zooilógico. Bestiario de animales ilógicos. Ed. Jaguar, 2011.
Bestiario de animales ilógicos elaborado con ilustraciones en acuarela y locas explicaciones, que llevan a los lectores a épocas pasadas o a un sueño muy animado.
Las especies que forman parte de este libro no tienen nada en común. los hay con pelo y con peluca, grandes y pequeños, incomestibles y otros muy sabrosos...pero todos tienen una gran habilidad para sobrevivir en un medio reacio a su naturaleza y una forma de tomar decisiones bastante particular.


Descarga as primeiras páxinas do libro aquí
Blog do autor.



 El libro de la naturaleza. La guía visual definitiva del mundo natural. Ed. Akal, 2011.

Con más de 5.000 ilustraciones (650 páginas) de todo cuando existe en la Tierra -de granitos a vides y desde microbios hasta mamíferos-, el Libro de la naturaleza ofrece una visión espectacular de los tesoros del planeta. Recopilado por un equipo de expertos y avalado por la mundialmente reconocida Smithsonian Institution de Washington D.C., es un canto a la diversidad de la vida.


 

Ningún comentario: