20/12/12

Recomendacións para o Nadal (IV): cinema

Chegamos á última entrega das nosas recomendacións para o nadal por este ano. Pouco a pouco iremos poñendo os libros na sección de recomendados deste blog, pero tedes que ter un pouco de paciencia!

 La invención de Hugo
DIRECCIÓN: Martin Scorsese
GUIÓN: John Logan (baseado no libro de Brian Selznick)
MÚSICA: Howard Shore
REPARTO: Asa Butterfield, Chloë Grace Moretz, Ben Kingsley, Sacha Baron Cohen, Jude Law, Emily Mortimer
XÉNERO: Aventuras. Drama. Fantástico. Intriga | Años 30. Cine dentro del cineCine familiar. 3-D
ANO: 2011
CLASIFICACIÓN: todos públicos
 Premiada con 5 óscar, o Premio Bafta, o Globo de Oro e moitos outros.
Dispoñible en DVDBlu-Ray e 3D.

Estamos en París nos anos 30. Hugo é un rapaz orfo, reloxeiro e ladrón que vive nunha axetreada estación de ferrocarril. Ninguén sabe da súa existencia ata que o descubre unha excéntrica rapaza coa que vivirá unha increíble aventura.
A película é bastante fiel ó libro, pero ten algunhas diferencias. Dado que o libro (un libro moi, moi especial) está tendo unha boa acollida na biblioteca do centro, é outra recomendación para regalar este Nadal.
Web oficial da película.







El Hobbit. Un viaje inesperado
DIRECCIÓN: Peter Jackson

GUIÓN: Fran Walsh, Philippa Boyens, Guillermo del Toro, Peter Jackson
MÚSICA: Howard Shore
REPARTO: Ian McKellen, Martin Freeman, Cate Blanchett, Orlando Bloom, Ian Holm, Christopher Lee, Hugo Weaving, Elijah Wood
XÉNERO: Fantástico. Aventuras. AcciónEspada y brujería. 3-D
ANO: 2012
CLASIFICACIÓN: todos públicos
ESTRENO: 14 de decembro, 2012

J.R.R. Tolkien escribiu O Hobbit para os seus fillos. A historia gustoulle tanto ó seu editor que tivo que adaptala para publicala; posteriormente, escribiu O señor dos aneis como continuación das aventuras de hobbits, elfos, enanos e magos.
Peter Jackson, que xa dirixira O señor dos aneis, decidiu rodar tamén esta historia pero, a pesar de ser moito máis curta, vaina facer en tres películas. O que se estreou hai uns días é a primeira parte desta triloxía, co subtítulo Un viaje inesperado. Nela atopamos a Bilbo Bolsón, un hobbit que vive tranquilo na súa aldea e vese envolto, contra a súa vontade, nunha aventura na que terá que viaxar cos enanos ata a Montaña Solitaria para recuperar un tesouro.
Non deixedes de ler o libro, curtiño e moi entretido, e totalmente independente de O señor dos aneis. Ademais acaban de sair unhas edicións ilustradas preciosas!





La vida de Pi
DIRECCIÓN: Ang Lee
GUIÓN: David Magee, Yann Martel
MÚSICA: Howard Shore
REPARTO: Gérard Depardieu, Irrfan Khan, Suraj Sharma, Tabu
XÉNERO:  Aventuras. Drama | Aventuras marinas. Supervivencia. 3-D. Animales
ANO: 2012
CLASIFICACIÓN: todos públicos
ESTRENO: 30 de novembro, 2012

Despois dun naufraxio en medio do océano Pacífico, o xoven hindú Pi, fillo dun garda de zoo que viaxaba da India a Canadá, atópase nun bote salvavidas cun único superviviente: un tigre de bengala co que creará unha emocionante e inesperada relación.
Esta película está baseada na novela de Yann Martel, que sempre pensou que sería imposible levar o seu libro ó cine. A historia que conta é sorprendente, e o xeito de contala tamén. Por iso recomendamos que vexades o making-of  DESPOIS de ter visto a película.

Tráiler:

Making-of:

Ningún comentario: