19/12/12

Crebinsky - A película da semana


DIRECCIÓN: Enrique Otero
GUIÓN: Enrique Otero, Miguel de Lira
MÚSICA: Pablo Pérez
REPARTO: Miguel De LiraSergio ZearretaLuis TosarCelso BugalloYolanda MuiñosFarruco CastrománOliver Schultz
XÉNERO: Comedia | II Guerra MundialAños 40
ANO: 2011
CLASIFICACIÓN: todos públicos


Estamos nalgún lugar da costa galega alá por 1944, nas vésperas do desembarco de Normandía (na Segunda Guerra Mundial). Os irmáns Feodor e Mijail Crebinsky viven case aillados do mundo coa única compañía da súa vaca Mucha. Os irmáns chegaron alí despois de que a súa aldea fora asolagada polas chuvias torrenciais cando eran nenos. Despois de tantos anos sós, o seu xeito de falar e de vivir son bastante peculiares, pero sobre todo chama a atención como aproveitan os recursos que teñen a man (as crebas, as cousas que o mar trae á praia). Na trama mestúranse os nazis (na procura de volframio, ou tungsteno, para fabricaren armas) e os americanos (e aí veredes a Tosar falando un inglés bastante decente!). 
A película é divertida e moi orixinal, moi distinta ás comedias que adoitamos ver nos cines e na televisión. E, ademáis, é moi galega tanto no seu sentido do humor coma nos personaxes e nas localizacións (rodouse en  Espasante (Ortigueira), PortomarínMañón, e Santiago de Compostela). É unha mágoa que as distribuidoras de cine en España apenas traballen con películas como esta...
Recomendadísima!

Na biblioteca tedes tamén a banda sonora interpretada pola banda Universo Crebinsky.





Ningún comentario: