DIRECCIÓN: François Truffaut
GUIÓN: François Truffaut, Jean-Louis Richard
MÚSICA: Bernard Herrmann
REPARTO: Oskar Werner = Guy Montag, Julie Christie = Linda / Clarisse, Cyril Cusack, Anton Diffring, Jeremy Spenser
ANO: 1966
CLASIFICACIÓN: todos públicos
Fahrenheit 451 está baseada na novela do mesmo nome de Ray Bradbury (da que xa falamos cando este morreu o ano pasado e da que xa limos un fragmento). Fahrenheit 451 (uns 233º C) é a temperatura á que empeza a arder o papel. Nesta sociedade ficticia, o goberno non quere que a xente lea libros (e, xa postos, que non lea nada) porque estes fannos pensar e danlles información e cultura, xusto o contrario do que debe ter un bo e sumiso cidadán que pasa o día enganchado á tele. E neste contexto, o corpo de bombeiros non se adica a apagar lumes senón a queimar libros. Un destes bombeiros é Montag, o protagonista, que andando o tempo sinte a tentación, gracias á súa nova amiga mestra, de ler un dos libros que debería queimar. A partir dese momento, a súa vida cambia.
Esta película xa ten uns anos (é de 1966), pero realmente da igual cando a ves porque está ben feita e plantexa cuestións que siguen intrigando en 2012. Como curiosidade queremos resaltar que, aparte dos libros que se queiman, non hai absolutamente nada escrito visible en toda a película, nin siquera os títulos de crédito (iso, de feito, é o primeiro que chama a atención).
Neste enlace tedes un fragmento da película e, na biblioteca, a película e a novela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario