Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta solidariedade. Amosar todas as publicacións

21/12/12

O fin do mundo... e das clases!

Din algúns que hoxe será o fin do mundo segundo o calendario Maia. Se estades lendo isto, é que non rematou, pero o que si que rematan seguro son as clases... ata xaneiro!
O mundo rematarase algún día, por suposto, e ó paso que vamos pode que sexa máis cedo que tarde, pero dubidamos moito que o vexamos nós... En calquera caso, si nos gustaría que rematase ESTE mundo, que cambiase radicalmente e fose un lugar mellor para tod@s en vez desta chapuza na que uns morren de fame ou non teñen nin os dereitos máis básicos mentras outros mercan xoias dun millón de euros e beben champaña de 4000€. A que si?
Niso pensamos e iso desexamos cando escoitamos esta canción de REM: It's the end of the world as we know it (É o fin do mundo tal e como o coñecemos).


Hai quen leva anos empeñado en cambiar este mundo a base de poñer graíños de area, como a Fundación Rais. Estes días saíron na prensa porque o músico Rafa Sánchez púxose en contacto con eles para facer uns obradoiros de música para persoas sen teito. O resultado é Fábrica de canciones e o disco Ni genios ni artistas, no que 5 persoas sen fogar cantan as súas vivencias e os seus desexos de futuro xunto a artistas como Raimundo Amador, Sole Giménez, Clara Montes, Carolina Muños, Miguel Campello, Pedro Guerra y Dani Reus.


Nós tamén podemos poñer o noso grao de area de moitos xeitos para facer un mundo un pouquiño mellor, e imos mencionar só 3 exemplos cercanos:
 - mercando o disco de Fábrica de Canciones
 - comprando os nosos regalos de nadal na tenda de ACEESCA e Mercado Solidario no Centro Comercial Praza Elíptica en Vigo (ata o 5 de xaneiro, de 10 a 14 e de 16 a 22), con obradoiros incluidos
 - colaborando co banco de alimentos de SOS Porriño (R/ Domingo Bueno, 98 - tlf. 607 33 44 12)




E así, con desexos dun mundo mellor e máis xusto para tod@s, despedímonos ata xaneiro. Que pasedes unhas moi boas festas e QUE A FORZA VOS ACOMPAÑE!


04/12/12

SOS Porriño


Dende xullo funciona en Porriño esta organización que alimenta a centos de familias do concello. Está atendida por voluntarios aínda que a súa posta en marcha partiu da Concellería de Benestar Social.

O CPI da Ribeira vai colaborar con eles. Dende onte ata o día 15 recolleremos no noso centro alimentos non perecederos coa intención de que este nadal ninguén pase fame. Podedes traer arroz, lentellas, aceite, polvoróns, latas... nas bolsas que xa vos dimos nas aulas.

E o resto do ano podedes seguir colaborando con SOS Porriño ben entregando comida, ben traballando como voluntarios na súa sede.

Non vos esquezades! Coa que está a caer, necesitamos axudarnos unos ós outros!