O caso é que Eduardo Santiago tivo a xenerosidade de compartir un anaco con nós para falar do seu libro. A cita foi o xoves pasado, 7 de marzo, no horario habitual do club de lectura, xusto á hora da sobremesa (que esta semana fixo Alba). Con Eduardo falamos da orixe da súa novela, do novo libro que está a escribir (unha especie de segunda parte de 2044), da situación da muller na sociedade actual e na futura e de moitos outros temas. Por suposto, tamén asinou no libro de visitas e adicounos un par de exemplares do seu libro.
Aquí tedes o testemuño gráfico da reunión:
Moitas grazas, Eduardo!
2 comentarios:
Xenial, ata a música me gusta, estas alumnas e alumnos xa poden estar orgullosas das súas profes eh...
Fernando
Moitas grazas, Fernando! Sen vós non sería posible :-)
Publicar un comentario