15/03/13

¡Vaiche boa! - Páx. 99

JENNINGS, Paul. ¡Vaiche boa! Vigo: Galaxia, 2007. ISBN 978-84-8288-717-3.

Contracuberta:
Unha barra de labios que volve tolas as rapazas, uns calzóns que proporcionan cualidades prodixiosas a quen os pon, o esterco dun xardineiro afeccionado que produce unha praga de moscas, unha cola milagrosa que despois de catro horas deixa de funcionar, un esqueleto no retrete e ósos que camiñan pola praia… ¡Vaiche boa! Prepárate, le e verás. estas alucinantes historias hai que gozalas con cautela: producen adicción á lectura…

 "Pouco tempo despois ca tiñamos listos dous bidóns de Crema de Bosta de Vaca. O fedor aumentaba. E, malia as náuseas que sentía, eu tiña claro que o meu deber era seguir co traballo. Preparabamos os bidóns de un en un. Cando xa tiñamos diez, a peste era tan forte que nos vimos obrigados a parar.
—Non podemos continuar —dixo meu pai—. Esmaiarei se non me afasto deste cheiro.
—¡Eh! —berrei, de súpeto—. ¡Xa podo verte!
Por primeira vez albiscaba a figura de meu pai embutido no seu traxe de apicultor. Xa non había tantas moscas no aire. A Crema de Bosta de Vaca estaba a facer o seu traballo.
Mirei cara ao chan. Estaba cuberto de moscas. Algunhas xa estaban mortas, pero outras, boca arriba, aínda espernexaban. A relva toda estaba tapizada por unha alfombra de moscas. Apalpei a cabeza. Tiña o pelo cheo de cadáveres de moscas. Caían mortas en pleno voo. Estaba a chover moscas.
—¡De présa! —dixo meu pai—. ¡Imos á casa! Se non apuramos, soterraremos vivos.
Fomos á casa ás carreiras. As moscas caían arredor de nós. A cantidade de cadáveres era tal que non nos deixaba movernos libremente. Primeiro alcanzaba os nocelos; despois, os xeonllos. Papá foi o primeiro en chegar á porta. Abriuna dun empurrón e deixouse caer dentro.
—¡Socorro! —berrei eu—. ¡Estou atrapado!
A capa de moscas mortas chegábame ata os cóbados; ¡e seguían caendo! Non quería afogar naquel océano de moscas. E non podía avanzar nin retroceder".

Ningún comentario: