05/03/13

Parabará - James Horner e a música no cine

 O compositor James Horner, que compuso as bandas sonoras de películas tan coñecidas como Spiderman, Avatar, O neno do pixama a raias e centos máis, ten unha sinatura facilmente identificable: en tódalas súas bandas sonoras aparece, nun momento ou outro, un "parabará" típico. Este "parabará" está baseado en Rachmaninov: son as primeiras notas da súa Sinfonía nº 1:



Como podedes apreciar neste vídeo, úsao moito en Avatar, A tormenta perfecta, Troya... e en realidade en tódalas pelis para as que fai música; como dicíamos antes, é a súa "sinatura":


O máis curioso do caso é que outros compositores están copiando o famoso "parabará"; neste vídeo veredes a melodía orixinal de Rachmaninov e varias películas de James Horner, e no medio bandas sonoras de Michael Kamen e Angelo Milli nas que usan o "parabará":


Se vos pasa como a mín, escoitaredes o "parabará" en moitas pelis. O malo é que non saberemos se a música é de James Horner ou dun imitador ata que vexamos os títulos de crédito...

Ningún comentario: