21/12/11

Bo Nadal!





Que pasedes unhas moi boas festas e disfrutedes moito das vacacións! 


Osquelemos marchamos de vacacións ata xaneiro, e prometemos retornar con novos folgos e moitas ganas de ler. Mentras tanto, a celebrar as vacacións botando un baile coa panxoliña galega de Yo-Yo Ma e Cristina Pato!




¿Quién es Papá Noel?

Quién es Santa






20/12/11

Solsticio de invierno

 

Solsticio de invierno
por José María Merino
En el cielo del amanecer brillaba con fuerza aquel insólito lucero que la gente común contemplaba con asombro, pero el capitán sabía que era uno de los satélites de comunicaciones que permitían a su ejército mantener la supremacía en aquella guerra interminable
–Mi capitán– transmitió el cabo. –Aquí solo hay varios civiles refugiados, unos pastores que han perdido el rebaño por el impacto de un obús y una mujer a punto de dar a luz.
El capitán, desde la torreta del carro, observaba el establo con los prismáticos.
–Registradlo todo con cuidado.
–Mi capitán –transmitió otra vez el cabo–, también hay un hombre, vestido con una túnica blanca, que dice que va a nacer un salvador y otras cosas raras.
–A ese me lo traéis bien sujeto.
–Mi capitán –añadió el cabo, con la voz alterada–, la mujer se ha puesto de parto.
–Bienvenido al infierno– murmuró el capitán, con lástima.
A la luz del alba, aparecieron en la loma cercana las figuras de tres camellos cargados de bultos y montados por jinetes de raras vestiduras, y el capitán los observaba acercarse, indeciso.
–Abrid fuego –ordenó al fin. –No quiero sorpresas. 

(Fotografía de Filipe Varela)

16/12/11

Postais de felicitación de Nadal en galego I



O curso pasado dímosvos un enlace para felicitares o nadal en galego con postais electrónicas. Este ano engadimos dous máis para que non teñamos excusas:


Se eres dos que prefire enviar unha presentación en Powerpoint para felicitar o Nadal, aquí tes as gañadoras do concurso da Xunta deste ano.

(Imaxe atopada aquí)

15/12/11

Pedro e o lobo III

Para rematar coa serie de Pedro e o lobo, do que limos o conto e escoitamos a versión orquestral de Prokófiev, hoxe temos a versión que fixo Disney en 1946. Veredes que, a pesares de usar a música do compositor ruso, non segue a súa versión do conto nin a versión clásica, senón que dá a súa propia visión quitándolle parte da moralexa.
Dura 15 minutos pero pásanse voando. Ah, e é apta para todos públicos incluidos os maiores de idade. Que a disfrutedes!








14/12/11

Dez mil!



10000 visitas a esta páxina en tan só 12 meses de actividade! E iso sen contar as visitas ás páxinas de concursos, familias, profes...

Grazas por ler(nos)! Esperamos non defraudarvos :-)

Gústanos ler!

Pois si, non é ningún segredo que a Osquelemos nos gusta ler, ou! Desta traémosvos un vídeo moi chulo sobre as palabras e os libros. Podedes saltarvos os últimos trinta segundos, que son publicidade, pero o resto é moi recomendable e retrata perfectamente o que sentimos moitos de nós cando lemos: a emoción, a intriga, as ganas de chegar ó final e ó mesmo tempo non querer acabar, as aventuras, os coñecementos, as viaxes de fantasía, a sorpresa, o medo...

09/12/11

Día dos Dereitos Humanos

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

Espiritismo

08/12/11

Pedro e o lobo II

Hoxe traemos outra versión do conto que limos a semana pasada: a do compositor ruso Serguéi Prokófiev, que adaptou o conto (con bastantes cambios) e fixo unha composición para narrador e orquestra (tes toda a información no enlace).

A obra é un pouquiño longa (uns 30 minutos), pero hoxe festivo seguro que tedes tempo abondo para vela ;-) Aí van as dúas partes, en versión da Orquestra Sinfónica de RTVE con Rafael Taibo como narrador:



06/12/11

A constitución

Hoxe, 6 de decembro, celebramos o Día da Constitución porque tal día, fai xa 33 anos, os cidadáns aprobamos nun referendo a constitución que nos rixe a tod@s, convertíndonos nunha monarquía parlamentaria.
Osquelemos somos moi noviños, pero aínda lembramos a campaña que se fixo na tele e na radio para que todo o mundo votara no referendo previo á constitución (porque primeiro, en 1976, houboque decir si ó cambio político, e xa en 1978 aprobar definitivamente a nova constitución):



Por suposto, esta non foi a primeira constitución que tivemos: a primeira foi aprobada en Cádiz en 1812 pero, a pesar de ser a máis famosa e a máis longa (con 384 artigos), non durou apenas nada (6 anos, e de xeito intermitente). De aí vén a expresión "¡que viva la Pepa!": dous anos despois de ser aprobada, Fernando VII aboliuna e incluso prohibiu mencionala; e como fora promulgada o día de San Xosé, a xente, que non podía berrar "¡viva a Constitución!", berraba "¡viva a Pepa!".

Para non prolongarnos sobre a historia das nosas constitucións e as súas características, recomendamos que vexades este enlace.

Ler a Constitución é moi interesante e moi enriquecedor, pero pode ser un pouco ardua para vós. No seu lugar, recomendámosvos que leades esta versión para rapaces que preparou o Goberno de Canarias: é moi clara e non se perde con "palabros" raros. As ilustracións que ten son un pouco infantís, pero o contido e a lingua que usa non ten nada de infantil!

Ah, por certo: feliz Día da Constitución a tod@s!


05/12/11

Coiro de cacique

Despois de seis anos sen gravar, Leilía saca por fin á venda o seu quinto disco, ConSentimento, homenaxe a tódalas mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. De feito, no disco colaboran varias poetisas galegas (Marilar Aleixandre, Ana Romaní, Iolanda Castaño...).

 Leilía é un grupo de 6 mulleres que alá polo ano 1989 decidiu que a música tradicional galega de voz e pandeireta ben merecía ser recuperada, actualizada e gravada. Dende entón teñen colleitado numerosos éxitos e premios.

Deste novo disco chamounos a atención a letra da canción Coiro de cacique, da zona de Ames (A Coruña), que parece que foi escrita hoxe aínda que leva rulando moitos anos:

(Letra: Tradicional + Felisa Segade - Música: Tradicional)
"Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Ti gobernas el goberna
todos queren gobernar
ou o goberno ten mel
ou non mo sei explicar.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

E de aí que moitos digan
déixame andar e veremos
que o mundo dá moitas voltas
e como fagan faremos.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Quen é o que manda aquí
a quen queren engañar
nin fan todo o que din
nin din todo o que fan.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.

Se non chegan ó goberno
non lles teñas compaixón
sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.

Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda."

Na sección de audiovisuais da biblioteca tedes algún disco de Leilía, e neste enlace de youtube podedes escoitar varias das súas cancións para que vos fagades unha idea. Atentos ás letras, que son moi boas!

02/12/11

Culturgal



Dende hoxe ata o domingo, temos no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a gran feria da cultura galega. Alí teremos exposicións, actividades, obradoiros... de libros, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías.

Tedes toda a información na web de Culturgal e unha boa reseña coas actividades máis destacadas no portal culturagalega.org.

No campo literario, a grande novidade da edición 2011 de Culturgal é a proposta de realizar unha novela en directo. O escritor Camilo Franco entrevistarase cos asistentes interesados en se converter en personaxes literarios. Ao longo do evento, o autor irá escribindo e subindo á rede a narración segundo a vaia elaborando. Outra proposta tamén de letras pero menos etérea será o primeiro Xantar Literario, que se celebrará o domingo 4 no restaurante Rúas (entre a Praza da Leña e a Praza da Verdura). Pepe Cáccamo, Fina Casalderrey, Xabier P. Docampo e Xesús Fraga elaborarán as receitas que realizaron para os libros Cociñando ao pé da letra e 50 recetas con moras.


01/12/11

Onde a lingua sabe a pan

Din que hai un sitio en Galicia que ten un pan tan rico, tan rico que ata o que falan sabe a pan. Non imos entrar na discusión de cal é o mellor pan galego, que se o de Cea, o de O Porriño, o de Carral, o de Carballo... pero o que queda claro, mentras non se demostre o contrario, é que o pan galego é o mellor do mundo!
O pan está moi presente na sabiduría popular, como se ve nestes ditos e cantigas:
  • A auga de san Xoán, tolle o viño e non dá pan.
  • A choiva no abril dá millo e dá pan.
  • A falta de pan, bo é pantrigo.
  • Á mesa sin pan non te poñas a xantar.
  • A pan de quince días, fame de tres semanas.
  • A pan duro, dente agudo.
  • A galiña pon o ovo/ pra o proveito da muller:/ o home vai pra o monte/ ¡come broa si a quer!.
  • Caseime no mes de agosto/ porque había moito pan,/ o forno da miña sogra/ cría o fiollo no vran.
  • Catro cartos para pan,/ tres e medio para viño,/ un carto para tabaco,/ alá vai un realiño.
  • Mariquiña da forneira,/ a túa nai onte coceu,/ dáme un anaco de bola/ pola nai que te pareu.
  • Mariquiña da forneira/ se coceres faime un bolo,/ se mo fas, faimo de trigo,/ que centeo non cho como.
  • Marzo, espigarzo;/ abril, penduril;/ maio, granado;/ san Xoán, curado./ Na santa Mariña/ metelo na arquiña.
  • Dam’un bocado de pan/ pol-a nai que te pareu,/ que ch’hei de dar un xurêlo/ cando veña de Buêu.
  • Toma meu cego a limosna/ e non me tóme-la man./ - Perdone miña señora,/ pensei que todo era pan.
Pero falta nesa lista unha das cantigas máis coñecidas:

Se vas ó San Benitiño
non vaias ó de Paredes,
que hai outro máis milagreiro,
San Benitiño de Lérez.

San Benitiño do ollo redondo
hei de ir alá, miña nai, se non morro
e hei de levar unha bota de viño
e unha bola de pan do Porriño.

Por certo, esta competencia entre os dous San Benitiños éche curiosa, non?

E a que vén todo isto? Pois vén a que o CPI Virxe da Saleta, de Cea, fixo un lipdub no que participa todo o alumnado coa música de Sweet Home Alabama e letra inspirada en Álvaro Cunqueiro. Esa canción sonaravos porque tivo unha versión moi famosa dos Siniestro Total: Miña terra galega. Segundo di a súa letra, en Cea ata a lingua galega sabe a pan:



A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

Sabedes máis ditos ou cantigas que falen do pan? Enviádeos ó noso correo (biblio.cpi.ribeira@gmail.com) ou deixádeos nun comentario nesta entrada... e igual vos gañades algo de pan con chourizo, ou con xamón, ou... ;-)