
Leilía é un grupo de 6 mulleres que alá polo ano 1989 decidiu que a música tradicional galega de voz e pandeireta ben merecía ser recuperada, actualizada e gravada. Dende entón teñen colleitado numerosos éxitos e premios.
Deste novo disco chamounos a atención a letra da canción Coiro de cacique, da zona de Ames (A Coruña), que parece que foi escrita hoxe aínda que leva rulando moitos anos:
(Letra: Tradicional + Felisa Segade - Música: Tradicional)
"Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Ti gobernas el goberna
todos queren gobernar
ou o goberno ten mel
ou non mo sei explicar.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
E de aí que moitos digan
déixame andar e veremos
que o mundo dá moitas voltas
e como fagan faremos.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Quen é o que manda aquí
a quen queren engañar
nin fan todo o que din
nin din todo o que fan.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Que xa non te quero porque
xa non vales nada e anda
que xa non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Se non chegan ó goberno
non lles teñas compaixón
sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda.
Sarna con gusto non pica
nin hai mel sen aguillón.
Anda, que non te quero porque
non me dá a gana e anda."
Na sección de audiovisuais da biblioteca tedes algún disco de Leilía, e neste enlace de youtube podedes escoitar varias das súas cancións para que vos fagades unha idea. Atentos ás letras, que son moi boas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario