21/01/15

Unha maqueta de Hogwarts feita con Lego



Alice Finch, unha nai de Seattle, tardou un ano enteiro en facer esta completísima maqueta de Hogwarts, a escola de maxia de Harry Potter, con 400.000 pezas de Lego.

Alice, ademais de fixarse con moita atención no colexio tal e como aparece nos libros e nas películas, incluso fixo o tour de Harry Potter en Londres (que inclúe unha maqueta de Hogwarts) para coller máis ideas. Cando rematou a primeira fase da maqueta, o comedor de Hogwarts ocupaba a habitación enteira, polo que tivo que facer todo a unha escala máis pequena.

Aquí vos deixamos fotos con máis detalles da maqueta e o enlace ó flickr de Alice Finch, con aínda máis fotos. A que recoñecedes algunha escena das películas e dos libros?










Ningún comentario: