Se queres saber que é o cuestionario Proust, le esta entrada do noso blog.
1.– Principal trazo do seu carácter?
-A vehemencia.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A mentira.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Levarlles a contraria.
4.– A súa principal eiva?
-A falsa modestia.
5.– A súa ocupación favorita?
-Dolce fare niente.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Ser libreiro.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ser libreiro.
8.– Que lle gustaría ser?
-Un iluso.
9.– En que país desexaría vivir?
-En calquera de Philip K. Dick.
10.– A súa cor favorita?
-O da roupa interior da miña parella.
11. – A flor que máis lle gusta?
-Eu son máis de malas herbas.
12.– O paxaro que prefire?
-Un voitre, son o paradigma da ecoloxía.
13.– A súa devoción na prosa?
-Eu mesmo.
14.– E na poesía?
-O poeta que fun.
15.- Un libro?
-Unha enciclopedia, en papel por suposto.
16.– Un heroe de ficción?
-Calquera do martiroloxio romano.
17.– Unha heroína?
-Aquela que rexeitei nos anos 80.
18.– A súa música favorita?
-4´33´´ de John Cage.
19.– Na pintura?
-As liñas descontinuas das estradas.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os desertores.
21.– O seu nome favorito?
-Calquera dos debuxos animados da Warner.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A hipocrisía.
23.– O que máis odia?
-Aos conversos de calquera causa.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Aos profetas de calquera relixión.
25.– Un feito militar que admire?
-A deserción.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O don da bilocación dalgúns santos.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Practicando sexo.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Mala hostia.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-A ignorancia.
30.– Un lema na súa vida?
-Alégrame o día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario