O pasado 23 de xaneiro estrenouse nos cines de toda España Camino a la escuela, un documental impresionante sobre o camiño diario que teñen que percorrer catro rapaces de distintas partes do mundo para chegar á súa escola. Son moitos kilómetros de camiño e moitos perigos, pero iso non os fai dubidar, porque a escola é garantía dun futuro mellor para eles e as súas familias.
O documental está patrocinado pola UNESCO e unha parte dos cartos que recaude irán para UNICEF:
Deixámosvos o tráiler da película e a recomendación de ir vela en Vigo, nos multicines Norte (3€ os mércores, 6'50€ as fins de semana).
Máis información sobre o documental, na súa web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario