20/11/13

Galician Tunes e Vento que zoa

A música galega vai tendo cada vez máis presenza na rede. Hoxe presentámosvos dúas páxinas nas que é a protagonista absoluta:


1.  Galician Tunes é unha plataforma de difusión da música galega actual de todo tipo, sempre e cando sexa profesional, que tamén participa en festivais internacionais e edita recompilacións musicais para promocionar os nosos músicos.
Dentro da ficha de cada grupo podemos ver a súa historia e discografía e escoitar algo da súa música. Podemos facer búsqueda por nome ou por estilo musical (e podedes estar seguros de que hai moitos estilos!). É tamén un bó sitio para atopar información sobre os festivais que se fan na nosa terra de música pop, rock, celta, clásica...

Disco recompilatorio Galician tunes 2012



2. Vento que zoa.  Esta páxina do Consello da Cultura Galega ten unha selección de 15 compositores galegos (dende o zarzuelista Reveriano Soutullo ó rompedor Enrique Macías), coa súa biografía e unha mostra gravada da súa obra.




Ningún comentario: