DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA ÁS MULLERES
Un ano tras outro comprobamos que a
violencia de xénero segue sendo a principal causa de morte entre as
mulleres de entre 15 e 44 anos en todo o mundo, por diante da suma das
mortes provocadas polo cancro, a malaria, os accidentes de tráfico e as
guerras.
A violencia contra as mulleres ten o mesmo orixe pero diversas formas. A sociedade patriarcal que as discrimina e relega á pobreza, á exclusión, á fame. Violencia machista nas relacións de parella. Baixo a forma de abusos sexuais, de falta de acceso á sanidade, á educación. Violencia que as obriga á reclusión, á prostitución, á escravitude, ao matrimonio forzado. Que as mutila, que as utiliza como arma de guerra ou campo de batalla.
As cifras desta violencia atafégannos. 603 millóns de mulleres viven en países onde non se considera delito a violencia de xénero. 40 millóns de nenas desaparecen na India por infanticidio. 250.000 nenas exercen a prostitución no Brasil.
Cifras que falan das mulleres como produtoras do 70% dos alimentos mundiais, e posuidoras tan só do 2% da propiedade das terras; das mulleres que traballan en empregos vulnerables, que cobran ata un 90% menos que os homes; que coidan e alimentan á poboación, que realizan o 80% do traballo non remunerado; que non teñen acceso á educación, que forman parte deses 2/3 das mulleres do mundo que son analfabetas.
Son 21 millóns as mulleres que acoden cada ano a abortos inseguros e 47.000 as que morren por iso. Unha de cada catro sofre agresións sexuais durante o embarazo, 500.000 morren por complicacións nel.
A mutilación xenital pon en risco a vida de 2 millóns de nenas cada ano. Na India, nun ano, 22 mulleres foron asasinadas por motivos relacionados co dote. No mundo hai máis de 60 millóns de esposas nenas.
No Estado español, en dez meses, son 65 as mulleres e nenas asasinadas, vítimas da violencia machista. Unha realidade que o Goberno quere eludir, escondendo as estatísticas reais e negándose a recoñecer que -lonxe de diminuír- a violencia contra as mulleres segue aumentando. E é este mesmo Goberno o que recortou máis dun 24% o orzamento destinado ás políticas de igualdade, tres veces máis que calquera outra partida.
Ademáis, a pesar da importancia da educación en igualdade para a prevención da violencia, a LOMCE eliminou os principios coeducadores de convivencia e non discriminación, de educación en valores humanos e materias que potencien estes contidos, necesarios para a eliminación da violencia machista e a non discriminación por razón de sexo.
Pouco parece importarlle ao Goberno que os malos tratos aparezan cada vez en idades máis temperás. Nin que o 4,9% das adolescentes sexan vítimas de violencia e unha de cada cinco póidao ser porque xustifique o sexismo e a agresión como forma de enfrontar os conflitos.
Estatísticas, cifras que nos falan de agresións, de violacións, de mutilacións, de asasinatos, que nos fan un mapa da situación de discriminación que seguen padecendo as mulleres en todo o mundo.
Pero non podemos esquecer a realidade que esconde cada número, cada dato. Non podemos esquecer que detrás de cada un hai un nome, unha historia, uns soños, unha vida.
Por todo isto, dende a Asemblea de Mulleres, hoxe, Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, queremos recordar a todas as que sufriron violencia machista, ás que a sofren día a día. Ás que xa non están porque foron asasinadas. Ás súas nais, fillas, fillos, a todas as súas contornas afectivas. Queremos recordar todas esas vidas arrebatadas pola brutalidade machista.
Hoxe e todos os días do ano seguimos unidas nun só berro contra a violencia machista. ¡Porque non son cifras, son vidas!

Manifesto da Asemblea de Mulleres do STEG
25 de novembro de 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario