01/10/13

Ola, ola!

"Pasos que se han ido", Inés Montenegro  (2010).


Estas portas que vedes na foto levan moitos anos pechadas, ou abertas, ou case, nun de tantos pobos que xa só habitan os fantasmas por Galicia adiante.

As nosas portas, as da biblioteca e as deste blog, reabren hoxe para non pechar ata xuño. Os horarios xa os coñecedes:

 - nos recreos de primaria e secundaria
 - polas tardes, de 4 a 5 (menos os martes)
 - no caso deste blog, 24 horas ó día, 365 días ó ano

E se queredes contribuír a que sigan abertas, xa sabedes que podedes presentarvos voluntarios para botar unha man e que vos recibiremos cos brazos abertos!
 
Benvid@s de volta, lector@s!

Ningún comentario: