19/02/13

Os Premios Goya




Neste curso no que temos o proxecto de cine, non podíamos deixar de facer caso ós gañadores dos Premios Goya da Academia de Cine.
Nesta ocasión había 3 grandes favoritas: Blancanieves (dirixida por Pablo Berger), Lo imposible (dirixida por Juan Antonio Bayona) e Grupo 7 (dirixida por Alberto Rodríguez). Finalmente, Blancanieves foi a gañadora con 10 galardóns (mellor película, mellor actriz protagonista, mellor guión...), seguida por Lo imposible con 5 (mellor director, mellores efectos especiais, mellor son...). Semella que 2012 foi o ano "blancanieves", pois houbo tres versións distintas (unha delas, a dirixida por Tarsem Singh, tédela na biblioteca).
O cine galego, que entre outras cousas presentaba a película de animación O apóstolo, non tivo sorte. No seu lugar, o premio á mellor película de animación levouno Las aventuras de Tadeo Jones.

Deixámosvos o enlace á listaxe completa de gañadores e os tráileres de Blancanieves e Lo imposible. Mañán, como película da semana, teremos a gañadora do premio á mellor curta de animación nesta edición dos Goya.




Neste enlace, un tráiler máis longo de Lo imposible (6:44)

Ningún comentario: